índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

Game Over

Santiago Lopo. Enviado por Marquiños (A Coruña)

 

Game OverGame Over, obra gañadora do premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2006 é a primeira novela de Santiago Lopo, aínda que non é axeno ó mundo da literatura xa que traduciu con anterioride.

 

Luís Carro é catedrático de Literatura Inglesa, casado e con dous fillos. Leva unha vida normal nunha cidade normal e cun traballo normal. Bueno, Luís Carro é unha persoa normal e corrente. Todo isto cambia cando os seus fillos agasállanlle co Parallel City, un xogo de ordenador que causa furor, unha especie de Second Life. O xogador convértese nun cidadán dunha cibercidade, nunha xungla urbana onde só o máis forte, o máis listo consegue sobrevivir.

Luís Carro, ese catedrático cunha vida normal nunha cidade normal, pouco a pouco vai abandonando esa familia normal e ese traballo normal para converterse nun dos mellores xogadores de Parallel City: rouba, mata, fai chanchoullos virtuais nunha cidade onde impera unha lei descoñecida entre os seus habitantes.

Os problemas para Luís comezan cando traspasa esas regras descoñecidas, rompeu as normas do xogo e agora ten que enfrontarse as leis de Parallel City. O problema é que as leis traspasaron a cidade de Parallel City e convertéronse en tan reais como a vida mesma. A raíña de corazóns traspasou o espello e quere cortar a cabeza de Alicia. Luis ten que enfrontarse ás penas no seu mundo. Todo o que era válido en Parallel City é o que vale na vida real.

 

Santiago Lopo texe unha novela tan rápida e trepidante coma un videoxogo, e igual de aditiva. Vai pasando pantalla a pantalla como o lector pasa de folla. Intriga, crimes e suspense que sorprenden ao lector. Todo  o texto está acompañado de ilustracións de Norberto Fernández, que coma se dun cómic se tratara vai debuxando as pasaxes da novela.

Agardamos que Game Over non sexa un divertemento de Santiago Lopo porque aquí temos a un autor que pode ofrecer marabillosos e amenos momentos de lectura.

 

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán