Biblioteca dos Lectores
Esteiro de noites falecidas
Isidro Novo. Enviado por Raquel Loureiro (Lugo)
|
Este é un libro desacougante e claustrofóbico por veces. Unha inmersión a pulmón onde Isidro Novo nos mergulla polo acontecer diario da cidade. E aínda que o sabor da derrota non sempre é amargo, de personaxes derrotados está repleto este “Esteiro de noites falecidas”. Neste esteiro que nos presenta o poeta naufragan todo tipo de personaxes da fauna urbana –porque este é un libro sobre a cidade (¿Lugo?)- na cal Isidro Novo canta o que acontece nela a todos os que tapan os seus oídos e pechan os ollos para non ver, a eses que teñen os beizos “de insolentes silencios”. Porque “Esteiro de noites falecidas” é tamén unha puñada na mesa dunha taberna, e dese golpe saen borrachos de apagados vasos de viño, esmoleiros, mortes en soidades, “casas sucias e rúas duras” que avanzan e retroceden polas páxinas desta cidade onde unha a unha van falecendo as noites.
Despois de ler este libro, a visión da cidade será totalmente diferente.
|
Clube de lectura |
|
|
|
Últimas aportacións
|
|
|
|
|
|
|