índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

Conversas con Darío Xohán Cabana

J. Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez. Enviado por Lucía Garzón (Vigo)

 

Conversas con Darío Xohán CabanaGalván en Saor, Fortunato de Trasmundi, O cervo na Torre, As aventuras de Breogán Folgueira foron as obras que máis me marcaron de Darío Xohán Cabana na miña infancia e xuventude. Vivín as aventuras e as historias que contaba como se fosen miñas.

Cando vin na miña libraría de Vigo este libro de Conversas con Darío Xohán Cabana non dubidei nin un intre en levármolo a casa, tal vez buscaba desentrañar algúns dos misterios que para min tiñan eses libros que lin de nova, ou tal vez para recrealas sensacións de volver a aqueles anos cando marchaba cedo ó meu cuarto e sobre a cama devoraba estes e outros libros.

O libro comeza cunha sección chama Vida e Literatura, onde Darío repasa a súa dura infancia na aldea de Roás, como se vivía daquela, o traballo do campo, os seus primeiros libros, a política, a relación con Alonso Montero ou con Xosé María Álvarez Blázquez... Un repaso á vida cultural, social e política da segunda metade do século XX.

A segunda parte trata da obra poética de Darío, aquí hei de recoñecer que non lin nin Home e terra, Romanceiro da Terra Chá nin outro libro de poesía do poeta lugués. Aínda que os autores deben de coñecela moi ben, porque desgranan polo miúdo a poesía de Darío, e Darío, como bo amante da poesía, deixase preguntar e responde cunha clarividencia asombrosa.

Na terceira parte volta á infancia. Descoñezo a súa poesía pero as súas novelas téñoas moi dentro. Ao igual que na parte dedicada á poesía, os autores inciden profundamente na obra narrativa de Darío. Que tempos! que libros!

A parte de conversas remata co Darío e a súa relación coa tradución, os seus primeiros poemas de autores franceses como exercicio do seu profesor Alonso Montero, a tradución da Divina Comedia de Dante e no proxecto de traducir poetas occitanos no que anda embarcado nestes intres.

Quen gozara cos libros de Darío que merque este libro, quen queira coñecer como era a Galicia post-dictadura que merque este libro.

Eu, polo momento, vou reler Galván en Saor.

Bicos.

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán