fervenzasliterarias@fervenzasliterarias.com
|
En curto |
|
O ilustrador David Pintor foi seleccionado para a mostra internacional de ilustradores Sueños en papel. As ilustracions seleccionadas éstaran expostas no museo Zapopan de Mexico a partires do 29 de abril de 2008. |
|
DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGA Xerais de Galicia saca do prelo, despois de tres anos de traballo, o Dicionario de fraseoloxía galega, preparado polas profesoras Carme López e Mª Rosario Soto, onde se recolle case dez mil frases feitas |
|
A web máxica Galicia Encantada propón aos seus lectores o concurso Lugares con lenda, onde os participantes, co mapa de Google Maps, coa foto e con outros datos deben responder a diferentes preguntas |
|
MADRID HOMENAXEA A WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ O Concello de Madrid dedica unha placa na casa onde viviu e morreu o xornalista e escritor coruñás Wenceslao Fernández Flórez. Ao acto asistiron o Ministro de Cultura e o Presidente da Deputación da Coruña entre outros persoeiros |
|
UN ENSAIO SOBRE A CÁTIRA DE CELA GAÑADORA DO PREMIO ANAGRAMA Gustavo Guerrero gañou por unanimidade o premio Anagrama de Ensaio cun traballo sobre A cátira de C.J. Cela. O traballo, titulado Historia de un encargo: “La catira” de Camilo José Cela. Literatura, ideología y diplomacía en tiempos de la Hispanidad será publicado pola editorial de Jorge Herralde |
|
TEO E CARRAL REEDITAN UN LIBRO DE X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Os concellos de Teo e de Carral reeditaron o libro Berro en lembranza dos Herois de Carral, publicado no ano 1934 pola Federación de Mocedades Galeguistas de Pontevedra e de autoría de Xosé María Álvarez Blázquez |
|
I PREMIO IRREVERENTES DE NOVELA Luna de Papel, del escritor coruñés José Enrique Canabal, obtivo o primeiro Premio Irreverentes de Novela, dotado con 3.000 euros e a publicación da obra na colección de Narrativa de Ediciones Irreverentes |
|
As persoas que se hospeden nas casas rurais e hoteis do Baixo Miño terán acceso a unha escolma de libros de Xosé María Álvarez Blázquez. "Palabra na solaina", organizado pola Consellería de Cultura e Deporte, distribuirá libros deste autor nos establecementos turísticos |
|
MARUJA PINO, PREGOEIRA DO CORPUS CHRISTI
A escritora Maruja Pino será a pregoeira das festas do Corpus Christi 2008 de Ponteareas, festas de interese turístico nacional que se celebrará os días 24 e 25 de maio |
|
XORNADAS VIRTUAIS SOBRE CURROS ENRÍQUEZ A AELG e as AS-PG convocan unhas Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez. Un curso de Formación a Distancia en liña para os docentes de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. Poderán participar así mesmo as persoas que, sen ser docentes, teñan interese na figura deste escritor |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|