2008, Ano do centenario de Curros Enríquez
Axenda
|
E nas vindeiras datas... |
|
|
2008
2008, Ano do centenario de Curros Enríquez
|
|
|
6 de marzo-8 de xuño
O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela albergará unha mostra retrospectiva da banda deseñada galega que, baixo o título Historieta Galega 1973-2008, pretende achegar ao público aficionado aquelas obras e autores senlleiros na historia recente do cómic galego
|
|
|
31 de marzo-19 de maio
VIII Campaña de Animación á Lectura O eco da memoria. Ata o 19 de maio en Santiago de Compostela
|
|
|
Maio 2008
As semanas do libro e da lectura percorrerán ao longo de abril os concellos de Monforte de Lemos e Tui
|
|
|
21 de abril-25 de maio
Exposición A palabra e os días. Homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez. Na Casa Galega da Cultura de Vigo
|
|
|
5-29 de maio
Exposición Rosalía Ilustrada na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela
|
|
|
17-25 de maio
XXVI Feira do Libro de Lugo
|
|
15-Maio-2008 |
|
|
|
Homenaxe
do Concello de Negreira a Xosé M. López
Ardeiro 19.30. Descuberta dunha placa que levará o seu nome nunha rúa da vila. 20.00. Actuación do Orfeón "Terra A Nosa" na Capela do Cotón. 21.00. Acto de homenaxe "Ardeiro na lembranza", na Casa da Cultura coa proxección dun video onde se recorda a Ardeiro, lectura de poemas a cargo de poetas galegos e a actuacion do músico Xosé Guzmán
|
|
|
María Xosé Queizán e Miguel Anxo Fernán Vello, dentro do ciclo de conferencias denominado Os camiños da literatura galega que organiza o Espacio Literario Caixanova, pronunciarán a conferencia Literatura e compromiso. A palabra explica a vida. A entrada é libre ata completar o aforo. Ás 20.00 h. no Centro Cultural Caixanova (Avda. La Marina s/n) da Coruña |
|
|
De 20.00 h. a 21.00 h., diversos escritores de Ferrolterra farán unha lectura da obra do escritor Xosé Mª Álvarez Blázquez. Na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32) de Ferrol |
|
|
VI Ciclo
de Conferencias Visións de Galicia. Poetas galegos
da Posguerra.
Ramón Nicolás pronunciará unha conferencia sobre Celso Emilio Ferreiro. Ás 20.15 h. no Salón Nobre do Liceo de Ourense (V. Lamas Carvajal, 5) |
|
16-Maio-2008 |
|
|
|
Con motivo dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, a EGAP (R/ Madrid, 2-4) en Santiago de Compostela ofrecerá ás 19.00 h., na súa sala de exposicións, un recital de poemas musicados do insigne poeta galego Xosé Mª Álvarez Blázquez, durante a presentación da IV Mostra colectiva das artes e letras dos empregados da administración autonómica galega. Os asistentes ao acto poderán degustar, tamén, un viño galego |
|
|
Presentación de O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis (tresCtres Editores) de Cipriano Fernández Fernández. No acto intervirán Segundo Durán «Chiki» –director do grupo de teatro municipal–, Luciano Fernández –concelleiro de Cultura de Ribeira–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor. Nesta presentación proxectarase un DVD cun fragmento da obra Salvada pola campá! -unha das pezas incluídas no libro-, representada polo Grupo de Teatro Infantil do Colexio Galaxia, de Ribeira. No Auditorio (Avda. Miguel Rodríguez Bautista, 24) de Ribeira ás 19.00 h. |
|
|
Sesión de contacontos para adultos na biblioteca de Chapela (Pinal do Crego - Redondela) co espectáculo "Palabras de Muller" realizado por Charo Pita. A partires das 20.00 h. |
|
|
De 20.00 h. a 21.00 h., diversos escritores de Ferrolterra farán unha lectura da obra do escritor Xosé Mª Álvarez Blázquez. Na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32) de Ferrol |
|
|
A Lonxa Literaria organiza a presentación de Disidencia Ferida (Xerais) de Xavier Alcalde. Ás 20.30 h. na Libraría O Puntillón de Moaña |
|
|
Conferencia a cargo de Pilar García Negro, co tema As necesidades da lingua galega para un futuro normal no Museo Municipal “Manuel Torres” (Avda. de Ourense, 3) de Marín a partires das 20.30 h. |
|
17-Maio-2008 |
|
|
|
Día das Letras Galegas, dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez |
|
|
Día
das Letras Galegas en Marín
12.30 h. No Museo Municipal “Manuel Torres” entrega dos premios dos certámenes literarios. 18.00 h. Na Alameda de Marín Contacontos a cargo de TARAVELOS Animación. 20.00 h. Concerto no Parque Eguren do grupo AVELAÍÑA.
|
|
|
Ás 12.30 h., na Casa das Letras (R/ Rodríguez Murias, 8) de Ribadeo presentación do libro e do DVD Boas noites (Xerais) de Paula Carballeira, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. No acto participarán a autora e os músicos; Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. Logo, ás 19.00 h., no Auditorio Hernán Naval (Pza. de España, 1), terá lugar a representación da obra a cargo da compañía Berrobambán |
|
|
Festival Folclórico das Letras Galegas en Moaña. A partires das 19.00 h. terá lugar no palco da Alameda o Festival Folclórico das letras Galegas , coa actuacións dos grupos folcóricos Breogán, Charaviscas e Solaina |
|
19-Maio-2008 |
|
|
|
Presentación do Grial 176. Xénero, sexo e sexualidade en Ourense. Ás 20.00 h. na Fundación Caixa Galicia (R/ Xoán XXIII, 31) de Ourense. Participan Marta Arribas, Concelleira de Igualdade do Concello de Ourense; Beatriz Fernández Anguiano, responsable da sede da Fundación Caixa Galicia en Ourense; Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; Dolores Vilavedra, coordinadora deste número da revista, e Susana Reboreda, colaboradora do número |
|
|
VI Ciclo
de Conferencias Visións de Galicia. Poetas galegos
da Posguerra.
Marcos Valcárcel pronunciará unha conferencia sobre Antón Tovar. Ás 20.15 h. no Salón Nobre do Liceo de Ourense (V. Lamas Carvajal, 5) |
|
20-Maio-2008 |
|
|
|
Dentro do ciclo de conferencias que se celebra paralelamente á exposición A palabra e os días, a arqueóloga Pilar Barciela Garrido pronunciará a conferencia Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo. O acto comezará ás 20.00 h. na Casa Galega da Cultura(Pza. da Princesa, 2) de Vigo |
|
|
Conferencia dentro do ciclo do Día das Letras Galegas, a cargo de Pilar García Negro, titulada O decálogo que a lingua galega precisa, ás 20:30 h, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos, 16-18 1º) da Coruña |
|
21-Maio-2008 |
|
|
|
Xosé María Álvarez Cáccamo falaranos sobre o seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado nas Letras Galegas de 2008, nunha conferencia titulada Tempo do pai. Ás 20.00 h., na Casa Galega da Cultura (Pza. da Princesa, 2) en Vigo |
|
|
Presentación do libro Historia da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de Dna. Begoña Álvarez Bravo, acompañada polo presidente da Asociación, D. Roberto Catoria e do Vicepresidente da Deputación, D. Pablo Villamar, ás 20.30 h., no local da asociación (R/ Olmos, 16-18 1º) na Coruña |
|
22-Maio-2008 |
|
|
|
Semana Cultural Africana organizada por FNAC e a Cruz Vermella Galicia. Encuentro literario sobre O xiro postal (Rinoceronte) de Ousmane Sembène entre o autor do epílogo Martin Pawley e José Manuel Sande, historiador e programador do CGAI. Ás 19.30 h. no FNAC (Pza. de Lugo) da Coruña |
|
23-Maio-2008 |
|
|
|
Dentro do programa "Letras Vivas Creación", o Salón de Plenos do Concello de Moaña acollerá, a partires das 20.00 h., unha conferencia-recital a cargo de Darío Xohán Cabana sobre poesía galega |
|
24-Maio-2008 |
|
|
|
Contacontos para adultos a cargo de Avelino González. Ás 22.00 h. na Casa de Cultura de San Tomé de Piñeiro no Concello de Marín |
|
28-Maio-2008 |
|
|
|
Os lectores que se acheguen ata Carballo poderán falar con Xosé María Álvarez Blázquez sobre o seu poemario Vento de sal (Galaxia) nunha nova proposta de Literactúa que organiza a Concellería de Cultura de Carballo. Ás 21.00 h. no Bar A Reserva (R/ Desiderio Varela, 7) de Carballo |
|
30-Maio-2008 |
|
|
|
A Lonxa Literaria organiza a presentación de Acompañamento para fuga (Biblos) de Carlos Freire Cordeiro. Ás 20.30 h. na Libraría O Puntillón de Moaña |
Se coñeces algún acto literario, presentación dun libro, xornadas, encontros con autores, ... e queres que apareza nesta sección remítenos un e-mail o seguinte enderezo electrónico:
axenda@fervenzasliterarias.com