Andel de marzo
|
No andel do mes |
|
|
|
O concello de Celanova durante a Segunda República
|
|
Dez
|
|
O burato do inferno
|
|
A vila das ánimas
|
|
Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa
|
|
Os libros prestados
|
|
Historia de Ourense
|
|
Costa Necrópole
|
|
Pan pros crocodilos
|
|
Motín na Bounty
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Melancolía de sofá
Luísa Castro Xerais Xénero: Ensaio 168 p. ; 16 € |
A quen se dirixe un escritor cando escribe? Só se pode dicir algo desde a máis radical intimidade, desde a renuncia absoluta a auditorio ningún. E que fai un escritor publicando nun xornal? Ten algo que dicir? Quere facelo, en realidade? Á contradición de escribir haille que sumar a de pretender influír na opinión da actualidade. Melancolía de sofá é un libro que reúne artigos de Luisa Castro publicados ne galego ao longo de seis anos, onde se dá conta do comenzo do novo século desde o sentir axitado de quen cría saber e debe descubrir, desde a sorpresa de quen debe escribir e desexaría calar. En todos eles o lector ha de atopar ese debate que é a marca da súa autora: pódese dicir algo que non sexa gratuíto? Pódese en realidade escribir sobre algo?
|
|
|
|
|
|
|
|
Tratado de zooloxía para corazóns mancados
Raúl Gómez Pato Positivas Xénero: Poesía 48 p. ; 6 € |
Poesía organizada á maneira dun bestiario, e no que describe a dureza do sentir o amor en pasado, a dor do desamor. Pero sen deixar nunca de ser unha poesía popular e sen esquecer a súa intención de escribir sobre un tema eterno con imaxes actuais.
|
|
|
|
|
|
|
|
A do vinte e un
Hixinio Puentes Sotelo Blanco Xénero: Narrativa 434 p. ; 20 € |
Esta obra
sitúanos nos primeiros anos do século XIX, cando
a ambición do Gran Corso, o emperador Bonaparte, é
unha ameaza para todas as nacións europeas.
O protagonista, un rapaz da Costa da Morte, vai reflectindo a súa vida na aldea natal preto do cabo Vilán ata enrolarse na Armada onde participa na defensa da cidade de Ferrol, que fora atacada por unha escuadra británica. En Cádiz é testemuña do maior combate naval que viron os séculos nas augas do Estreito de Xibraltar, acontecido fronte ao cabo de Trafalgar o 21 de outubro de 1805, data que serve de título á obra, onde os británicos, que abateron unha frota combinada de navíos franceses e españois, arrebataron a hexemonía dos mares ás potencias europeas. En pouco tempo cambian as circunstancias, de xeito que os franceses mudan de alados en inimigos e os británicos, no contrario. Os intereses da política amosan o dobre xogo dos representantes das nacións. O tema tratado por este excelente artífice da prosa realista que é Hixinio Puentes é recorrente na súa traxectoria do mar, dos navíos de liña e das fragatas. Profundo coñecedor da sociedade da época, tanto civil como militar, o autor afonda unha vez máis, cun estilo altamente expresivo, nun anaco da nosa historia, contada paso a paso, sen reticencias, sen traxedias, pero sen caridade, exactamente tal e como a vida discorre.
|
|
|
|
|
|
|
|
Nun bambán de non virar baldo
David Otero trsCtres editores Xénero: Narrativa 140 p. ; 12 € |
O presente libro consta de sete narracións diferentes, aparentemente independentes, pero que están unidas por fíos vitais de sentimentos recíprocos. Na liña temática van desde casos vivenciados da guerra civil española ata ocorridos de persoas a idades maduras e sucedidos derivados do facer de traballadores no cotián. Os elementos de ficción van da man coa fantasía.
|
|
|
|
|
A rocha imantada (Aforismos. 1984-2009)
Xavier Seoane Laiovento Xénero: Aforismo 107 p. ; 12 €
|
O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con Irispaxaros / Ara Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal. O aforismo é unha iluminación. Un pequeno cruxol. Un bisturí verbal. Unha vaga secreción dese licor descoñecido que a todos, maxicamente, nos vai caendo da maleta do destino ou da mesa braseiro da vida. Como é posíbel que, nun tempo tan vertixinoso como o presente, non estea máis difundido un xénero tan áxil, que aspira á expresión das cousas dunha maneira sintética e rápida?.
|
|
|
|
|
|
|
|
O país dos mil ríos
Xosé Lois Ripalda Galaxia Xénero: Difusión 144 p. ; 19 € |
Os ríos percorren un país, artellan a súa xeografía e delimítano. Galicia é o país dos mil ríos. Esta guía, amais de fornecer unha descrición xeográfica das principais cuncas fluviais galegas, é un compendio de todo o que os ríos simbolizan na cultura galega. Desde as lendas, as festas e a literatura relacionada con eles ata a cultura da auga, o patrimonio artístico e as rutas que converten os ríos nunha verdadeira canle de comunicación.
|
|
|
|
|
¿Onde andas, Karl?
Rubén Ruibal Embora Xénero: Teatro 120 p. ; 10 € |
A sipnose da obra recolle as similitudes entre cinco personaxes: un filósofo positivista, unha novelista decimonónica, un campión do mundo dos pesos pesados, unha amantísima esposa-nai-avoa, e unha empresaria de artigos deportivos. Este quinteto teñe en común o feito de que todos están enterrados no mesmo cemiterio que Karl Marx, e se preguntan ónde está o recoñecido filósofo.
|
|
|
|
|
|
|
|
Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha
Mónica Bar cendón Xerais Xénero: Ensaio 392 p. ; 22 €
|
Feministas galegas. Claves dunha revoluciónen marcha de Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideolóxica, como as dos anos 2000 decataríanse de que “facerse feminista” implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo no poder. O cuestionamento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía tirar abaixo a primeira estrutura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: “o privado é político”. Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna e externa que conseguiu deixar sinal. Nesta obra coral, Mónica Bar “dálles a voz” ás protagonistas da historia e abre canles polas que poidan discorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.
|
|
|
|
|
Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario
Victorino Pérez Prieto Galaxia Xénero: Ensaio 336 p. ; 26,20 € |
Velaquí un percorrido pola historia dun símbolo necesario para a construción da identidade galega. Achegamento científico á figura de Prisciliano, este libro aborda a súa relevancia para a cultura galega, sobre todo desde o século XIX ata os nosos días. Neste libro imos "reencontrármonos con nós mesmos, isto é, coa historia que nos fixo e da que vimos". Coa súa lectura "achamos resposta a varias interrogantes que outros textos anteriores sobre Prisciliano nos suscitaron. Para ese camiño cóntase aquí cun magnífico guía, perito en moitos camiños e autor de moitas páxinas documentadas sobre a historia particular do cristianismo galego". (Do "Adro" de Mª Pilar García Negro).
|
|
|
|
|
|
|
|
Bailabén. Manual de aprendizaxe do baile tradicional galego
Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez Cumio Xénero: Difusión 60 p. + DVD ; 25 €
|
Con este manual pretendemos achegar material didáctico ao eido do baile tradicional, ou polo menos dar un primeiro paso nese camiño. É a nosa intención proporcionarlles aos mestres de primaria e secundaria unha ferramenta de axuda nas súas aulas. Así poderán dar a coñecer unha parte moi importante do noso patrimonio inmaterial. Diríxese tamén a todos aqueles afeccionados e ensinantes do baile tradicional que queiran seguir a nosa liña sinxela e didáctica. Neste libro e no DVD que o acompaña atoparedes indicacións e descricións dos movementos de xota e muiñeira reforzadas con fotografías, así como un documento audiovisual de máis dunha hora de duración. Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez son mestres de baile tradicional e membros do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago.
|