índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de maio'10


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Settecento

 

 

 

 

 

 

 

Pressing catch

 

 

 

 

 

 

Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza

 

 

 

 

 

 

Inmunda escoria

 

 

 

 

 

 

As dúas viaxes de Xaquín Marín

 

 

 

 

 

 

Unha bonita escapada

Rebelde Stil Novo

Camiñan descalzas polas rochas

Razóns de peso / Movidas

Lapidarias

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 O concello de Celanova durante a Segunda República 

O concello de Celanova durante a Segunda República

 

Dez 

Dez

 

 O burato do inferno

O burato do inferno

 

A vila das ánimas

A vila das ánimas

 

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

 

Os libros prestados

Os libros prestados

 

 -Historia de Ourense. A cidade das pontes e os camiños 

Historia de Ourense

 

 Costa Necrópole

Costa Necrópole

 

Pan pros crocodilos 

Pan pros crocodilos

 

 Motín na Bounty

Motín na Bounty

 

 

ANTERIORES

agosto 10

xullo 10

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Settecento

Settecento

 

Marcos Calveiro

Xerais

Xénero: Narrativa

192 p. ; 15,80 €

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.

 

 

Arriba  

 

 

Pressing catch

Pressing Catch

 

Paula Carballeira

Positivas

Xénero: Teatro

32 p. ; 5 €

A partir do espectáculo do pressing catch, a autora Paula Carballeira elabora un texto teatral no que esta loita serve como trasfondo no que situar unha historia do mundo no que vivimos, unha historia que non esquece os medios cos que convivimos todos os días.

"Na sala de teatro estanse a proxectar vídeos. Teñen a estética do pressing catch, tamén chamado wrestling, pero son de escenas de violencia cotiás, na rúa, nos recintos escolares, en centros comerciais, en calquera parte do mundo. Vemos as caras dos agresores e agresoras, deformadas pola ira, coma máscaras. Porén, son persoas normais, presentados como loitadores dun espectáculo de violencia colectiva."

Eis o comezo desta obra teatral, inicio que ilustra ben ás claras a historia e o propósito nesta creación literaria de Paula Carballeira.

 

 

Arriba  

 

 

Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza

Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza

 

Victorino Pérez Prieto [Coord.]

Trifolium

Xénero: Ensaio

288 p. ; 18 €

Hai uns anos a familia de quen fora coñecido como "O cura das Encrobas" entregou á "Irmandade Moncho Valcarce" varios cadernos dun Diario que Moncho escribira na súa mocidade. Por eles sabemos como un día o señorito de boa familia, que levaba unha vida "divertida", despois de pensalo ben, decide facerse cura e, con 26 anos, ingresa no Seminario. Os diarios, completados con outro escrito en Roma, abarcan do 1961 ao 68, ano no que foi expulsado do propio Seminario por ser "demasiado idealista", segundo os seus propios superiores. Grazas a eles descubrimos a Moncho na etapa xuvenil da súa vida. En datas recentes, soubemos dun caderno manuscrito, un Diario de Exercicios Espirituais. Trátase dun Retiro ou Exercicios Espirituais que Moncho fixera en Pontedeume no ano 1983. O momento corresponde á etapa da súa madurez, tras anos de compromiso político como concelleiro en Culleredo. A lectura deste Diario é impresionante; tratase dun diario que, sen dúbida, está entre as menores páxinas escritas por Moncho. Atopamos nelas as claves espirituais que o levaron a querer ser cura, pero madurecidas no seu compromiso político, "que configura unha espiritualidade comprometida coa causa popular".

Co manuscrito de Pontedeume na man, a Irmandade Moncho Valcarce acordou elaborar un libro completo sobre a súa figura, coordinado por Victorino Pérez Prieto, escritor e teólogo que xa tiña escrito sobre Moncho en varias ocasións. A súa proposta foi a de facer un libro de carácter científico e rigoroso, que non dera pe a ningunha sospeita de manipulación por parte de ninguén, estructurado en varios apartados: De entrada, unha ampla biografía sobre Moncho Valcarce. Como base referencial, Victorino Pérez parte da Pequena biografía desde a amizade, escrita polo que fora o seu mestre e amigo D. Manuel Espiña. Pérez Prieto, apoiado en testemuños e na documentación que foi atopando, aporta novos datos, amplía os coñecidos e rectifica erros e inexactitudes de apuntes bibliográficos anteriores.

Esta biografía complétase cunhas claves interpretativas que fan unha lectura en profundidade das dimensións fundamentais da persoa e a praxe de Moncho. Primeiramente, a colaboración conxunta de Ramón Muñiz e Xácome Santos, que escudan as "Claves políticas". E logo, o propio autor do libro analisa as "Claves relixiosas, teolóxicas e místicas", eixo da súa vida. Este capítulo continúa con algúns testemuños que cobren e alumean algunha etapa do itinerario vital de Moncho Valcarce, como a época da comuna de Sésamo, o testemuño de Herminia Estoa, en referencia a súa estadía en As Pontes, ou a opinión de 63 veciños de Sésamo sobre o seu cura, ademais dalgúns poemas e artigos de prensa publicados sobre Moncho.

A segunda parte do libro, a máis extensa, está formada por valiosos escritos inéditos de Moncho. Cómpre salientar, particularmente, o Diario de Poio, escrito no ano 1974 durante o seu arresto substitutorio nese mosteiro mercedario a causa das súas "contas pendentes" coa xustiza, xunto co Diario dun retiro en Poio, no 1980, e as cartas escritas por Moncho, ou de outros para el, ademais doutros documentos. Cómpre engadir os Diarios de mocidade e o Diario de Exercicios Espirituais que xa citamos.

Inclúese igualmente o traballo realizado por Moncho como memoria do curso de reciclaxe na UPSA de Salamanca, no ano 1988: 0 compromiso político dun presbítero nunha realidade concreta: Galicia, no que expresa o seu compromiso social e galego. Finalmente, engádese outro traballo teolóxico de Moncho: O compromiso polos pobres. Reflexións sobre a Teoloxía da Liberación.

Pecha o libro a Bibliografía, coa referencia completa a todo o escrito por Moncho Valcarce e acerca de Moncho Valcarce.

 

 

Arriba  

 

 

Inmunda escoria

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela

 

Ricardo Gurriarán

Xerais

Xénero: Ensaio

528 p. + 1 DVD ; 26,50 €

«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega. A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos –malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista– e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro. - Contén DVD con 50 entrevistas.

 

Arriba  

 

 

 

As dúas viaxes de Xaquín Marín

As dúas viaxes de Xaquín Marín

 

Xaquín Marín

El Patito Editorial

Xénero: Banda Deseñada

72 p. ; 12 €

 

Volume que supón unha nova achega ao propósito de posta en valor dos pioneiros da historieta galega, neste caso a través da obra de Xaquín Marín (Ferrol, 1943). A edición reúne dúas importantes mostras: a historieta, inédita até o de agora, Buscando otro mundo, e, a seguir, a reedición de A longa viaxe de volta dende as estrelas, dada a coñecer en 1975 no primeiro álbum de banda deseñada galega, 2 viaxes, no que aparecía acompañada doutro traballo asinado por Reimundo Patiño. Ambas as obras de Xaquín Marín representan os seus primeiros atoutiños no xénero e propoñen unha aventura e clave simbólica na que se percibe a presenza do seu compromiso social e político, cinguido ás preocupacións do contexto no que foron creadas, e conforman unha lúcida reflexión de alcance universal e imperecedorio, ao tempo que dan conta da súa orixinal proposta de rotulación, figuración e composición da páxina.

 

 

Arriba  

 

 

Unha bonita escapada

Unha bonita escapada

 

Anna Gavalda

Galaxia

Xénero: Narrativa

124 p. ; 12 €

Publicada en Francia en novembro do 2009, Unha bonita escapada está a ser unha das novidades máis lidas en francés nestes últimos meses. Nesta novela curta cóntase a historia de Simon, Garance e Lola, tres irmáns e irmás que escapan dunha voda que se anuncia especialmente anoxadora. Marchan en procura do máis novo da familia, Vincent, que é guía turístico nun recuncho perdido da campiña francesa. Esquecendo por unhas horas fillos, parellas, divorcios, preocupacións e obrigas sociais, deciden agasallarse por unha vez cunha auténtica e bonita xeira de liberdade.

Anna Gavalda é a autora de Xuntos e máis nada, un dos títulos de maior éxito da Biblioteca Compostela, con 3 edicións, e foi Premio Novela Europea do Casino de Santiago no 2005.

 

Arriba  

 

 

Rebelde Stil Novo

Rebelde Stil Novo. Fundamento básicos do sentimenal_ISMO

 

Xesús Manuel Valcárcel

Bubela

Xénero: Ensaio

175 p.

Esta nova obra, rebelde stil novo, é continuación de Animal sentimental, Dialéctica sentimental e Práctica sentimental (os tres libros iniciais, que constitúen o Primeiro manifesto) e de Manifesto sentimentalista (o Segundo manifesto), polo que estamos ante o Terceiro manifesto Sentimentalista.

O libro de Xesús Manuel Valcárcel pretende desenvolver polo miúdo o rebelde stil novo, a marca de fábrica do estilo sentimentalista, dando a coñecer as súas propostas estéticas, filosóficas e espirituais: promover a reflexión sobre a realidade, opoñerse á creatividade domesticada e mercenaria, impulsar novas formas de expresión, difusión e comercialización da obra artística; superar as banalizacións formalistas e reivindicar a importancia dos significados. Aquí o rebelde stil novo!. 

 

 

 

Arriba  

 

 

Camiñan descalzas polas rochas

Camiñan descalzas polas rochas

 

V.V.A.A.

Tris Tram

Xénero: Poesía

122 p. ; 15,50 €

 

Coa iniciativa, Amnistía Internacional quere chamar a atención sobre a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación, e á vez, quere destacar tamén o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos. De paso, a obra quere exemplificar a capacidade das mulleres de organizárense en todo o mundo para botar luz sobre a situación, combater a violencia de xénero e pular polo cambio de leis, políticas e costumes.

A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas. Participan neste libro as escritoras Ana Romaní, Rosa Aneiros, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Carmen Blanco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Helena Villar Janeiro, Ana Expósito, Marica Campo e Yolanda Castaño e as ilustradoras Nuria Díaz, Noemí López, Almudena Aparicio, Ánxeles Rodríguez Ferrer, Marina Seoane, María Lires, Car (Carmela González), Ana Pillado, Aurora López e Rebeca López.  

 

Arriba  

 

 

Razóns de peso / Movidas

Razóns de peso / Movidas

 

Clara Gayo

Estaleiro

Xénero: Teatro

88 p. ; 5 €

Movidas/Razóns de peso reúne, nun único volume, dúas pezas da dramaturga e actriz Clara Gayo. Teatro que debe encenarse, mais sen deixar de ser desfrutado na lectura.

Sen a necesidade dunha compañía que traballe para nós, Movidas/Razóns de peso agasállanos con historias e personaxes reais e humanas, divertidas, sufridas e comprometidas que obrigan a pensar e respirar, historias e personaxes vivas.

 

 

 

Arriba  

 

 

Lapidarias

Lapidarias. Os versos escuros

 

David Rodríguez Rodríguez

Xerais

Xénero: Poesía

136 p. ; 13,85 €

 

Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece. As fotografías que acompañan os textos atravesan o abismo que arreda ao individuo de todo o que está fóra del, e nun raro exorcismo iconográfico «externalizan» e dan forma á súa paisaxe interior. Os poemas de Lapidarias. Os versos escuros botan man –mediante unha expresión mínima– das dualidades e elipses que debullan os oxímoros da existencia: a morte e a vida, a autodestrución e a redención, a linguaxe e o silencio, a corporeidade e a espiritualidade, a dor e o pracer, a violencia e o amor.

 

Arriba