índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Auga que nos vas beber...

 

 

 

 

 

 

 

Lingua de calidade

 

 

 

 

 

 

Klásicos

 

 

 

 

 

 

A rolda nocturna

 

 

 

 

 

 

As pedras e os xogos. A orixe dos taboleiros de xogo galegos

 

 

 

 

 

 

Acusación

Saga dos groenlandeses / Saga de Erik o Roxo

Uns ós outros

Os instrumentos musicais na tradición galega

O náufrago

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Auga que nos vas beber...

Auga que non vas beber...

 

Inacio

Baía

Xénero: Teatro

60 p. ; 6 €

Con Auga que non vas beber..., Inacio Vilariño transpórtanos de forma divertida e con fino humor ao terreiro de aventuras e desventuras amorosas entre Xosé e Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada.

Entre os varios xogos de mañas e malicias, construídos polo padre, é notorio, da lectura do texto, que son moitas as referencias que remiten ao universo das tradicións populares portuguesas e galegas e que forman parte tamén das influencias das tradicións populares que compoñen o universo panhispánico do xénero.

VII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na categoría de adultos

 

 

Arriba  

 

 

Lingua de calidade

Lingua de calidade

 

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Xerais

Xénero: Ensaio

184 p. ; 18 €

Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.

 

 

 

Arriba  

 

 

Klásicos

Klásicos

 

Marcelino Fernández Mallo

Morgante

Xénero: Narrativa

210 p. ; 12 €

Klásicos conta a historia dun grupo de homes novos que gozan dunha vida regalada. Un deles, Horacio, vai casar coa filla dun rico industrial. O escenario complícase polo homicidio involuntario que comete Horacio cando intenta bicar a asistenta, unha muller que sempre lle recordou a Marilyn. A partir de aí sucédense estraños acontecementos que colocan o protagonista nun vieiro sen parente retorno.

Klásicos é un thriller psicolóxico con altas doses de retranca e crítica social. mantén a intriga sobre o que está a suceder ata o desenlace final namentres describe, e faino mordazmente, as clases altas e as segundas xeracións das familias dirixentes.

 

 

Arriba  

 

 

A rolda nocturna

A rolda nocturna

 

Sarah Waters

Galaxia

Xénero: Narrativa

524 p. ; 23 €

A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia.

En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar.

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008

 

Arriba  

 

 

 

As pedras e os xogos. A orixe dos taboleiros de xogo galegos

As pedras e os xogos. A orixe dos taboleiros de xogo galegos

 

Fernando Javier Costas Goberna

Instituto de Estudios Vigueses

Xénero: Ensaio

257 p. ; 20 €

 

Os meus primeiros taboleiros de xogo foron os de pai-fillo-nai, feitos na terra cun pau ou nunha pedra cun anaco de tella; anacos de tella, pedriñas e paus tamén foron as fichas coas que xogábamos nos camiños. Nesas lembranzas do tempo de neno está a orixe destas páxinas e a razón de facelas en galego..."

 

[Fernando Javier Costas Goberna]

 

 

 

Arriba  

 

 

Acusación

Acusación

 

Xiana Arias Rego

Galaxia

Xénero: Poesía

92 p. ; 12 €

A poesía como acusación. Textos que acusan de quedar na intención, que amosan a dificultade de actuar.

A partir desa constatación, Xiana Arias Rego fai da linguaxe poética receptáculo de marcas: frieiras, mazaduras e varices. O poema sinala a fenda pola que cómpre mirar, abre a palabra ao non aprendido. Non para impoñerse como discurso senón para expoñerse como voz. Sen pretensión de entretemento, sen que sirva para decorar. ¿Que é o que nos falta, que é o que nos doe para necesitar a poesía?.

 

Arriba  

 

 

Saga dos groenlandeses / Saga de Erik o Roxo

Saga dos groenlandeses / Saga de Erik o Roxo

 

Anónimo [Trad. de Elías Portela]

Rinoceronte

Xénero: Narrativa

94 p. ; 14 €

 

As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ó mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou en algo que xa levaban consigo: a palabra. Nas longas noites de inverno, ó abeiro do lume, as sagas permaneceron na tradición oral dos islandeses durante varias xeracións de homes.

A Saga dos Groenlandeses e a Saga de Erik o Roxo ocupan un lugar destacado dentro das sagas, xa que narran o descubrimento e intento de colonización de América polos escandinavos arredor do ano 1000. Trátase, pois, do primeiro documento sobre un encontro entre nativos americanos e europeos. Leifr o Afortunado, fillo de Erik o Roxo, foi o pioneiro que se asentou nelas, dándolles nome. A vida do seu pai, pola súa banda, está ligada ós primeiros anos da Groenlandia histórica, pois Erik o Roxo foi o seu primeiro explorador e colono; el deulle nome e levou embarcacións cheas de islandeses para que construísen alí o seu fogar. 

 

 

Arriba  

 

 

Uns ós outros

Uns ós outros

 

Lois Oreiro

tresCtres

Xénero: Poesía

140 p. ; 16 €

 

 

Neste libro, e en palabras do propio autor, estamos ante uns «poemas bos de ler que encabalgan un discurso de réplica ó nihilismo, á trivialidade e ó friquismo rampantes; de exploración e de resposta á nada que contesta redondamente todas as buscas de sentido, ó nihil que nos abafa absurdo no seu alén simbólico de descrenza: disque non nacendo non morreremos nunca». E son tres as partes que nesa liña e dese xeito se combinan: a da razón («Caer caendo»), a das emocións («Desamor» e «Poemario básico») e a do contexto ou contorna («Fisterrá»).

 

 

Arriba  

 

 

Os instrumentos musicais na tradición galega

Os instrumentos musicais na tradición galega

 

Pablo Carpintero Arias

Difusora

Xénero: Ensaio

456 p. ; 50 €

 

Pablo Carpintero Arias e Xoán Ramón Marín Martínez recollen, como eles mesmos din, a nosa riqueza de instrumentos musicais e aproxímannos á súa historia.

Trátase dun traballo minucioso de descrición dunha realidade que, coma tantas outras, permaneceu ao longo dos anos no uso, no presente da vida das persoas e do xeito de se relacionar. A necesidade, hoxe en día, de aprehendela en forma de saber dá conta da posibilidade de transformarse nun pasado, nunha cuestión museística. Por iso, ademais da referida minuciosidade, este libro escribiuse nunhas coordenadas cualitativas que me gustaría analizar. 

 

 

Arriba  

 

 

O náufrago

O náufrago

 

Xosé Antonio Pet Posse

Sotelo Blanco

Xénero: Narrativa

260 p. ; 18 €

 

Nos confíns da Costa da Morte rexistráronse ó longo do século XIX naufraxios arrepiantes cuxos pormenores foron recollidos por cronistas locais e polos xornalistas daquela época. Envoltas nunha nebulosa, ás veces convertidas en lendas, tivemos coñecemento destas traxedias mariñas dun xeito parcial e inexacto. As crónicas de tales naufraxios remataban cun breve relato das súas causas, un reconto de mortos e desaparecidos e a cifra abraiante dos que salvaron a vida. Despois un silencio de ultratumba, coma unha lousa, condenounos ó esquecemento.

O náufrago é a historia de John Mac Barbour, un mozo escocés, tripulante do City of Agra, buque que se esnaquizou nos baixos de Canesudo (Arou-Camelle) o 3 de febreiro de 1897. O relato comeza no amencer daquel fatídico día e recolle as visicitudes da súa vida, o que lle aconteceu ó intrépido escocés naquela terra afastada do mundo, onde o destino lle tiña reservadas aventuras e desventuras. É ademais, a crónica dunha época na que a xente dos confíns da Terra arrastraba o fastío dos días entre penurias e supersticións.

 

Arriba