índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Bilbao-New York-Bilbao

 

 

 

 

 

 

 

A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia

 

 

 

 

 

 

Concerto

 

 

 

 

 

 

O cuadrilatero

 

 

 

 

 

 

A igrexa na Galicia medieval

 

 

 

 

 

 

Miguel González Garcés, mineiro de luz

(Retro)visor

Guía do autostopista galáctico

Don Ramón María del Valle-Inclán

Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 O concello de Celanova durante a Segunda República 

O concello de Celanova durante a Segunda República

 

Dez 

Dez

 

 O burato do inferno

O burato do inferno

 

A vila das ánimas

A vila das ánimas

 

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

 

Os libros prestados

Os libros prestados

 

 -Historia de Ourense. A cidade das pontes e os camiños 

Historia de Ourense

 

 Costa Necrópole

Costa Necrópole

 

Pan pros crocodilos 

Pan pros crocodilos

 

 Motín na Bounty

Motín na Bounty

 

 

ANTERIORES

agosto 10

xullo 10

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Bilbao-New York-Bilbao

Bilbao-New York-Bilbao

 

Kirmen Uribe [Trad. de Isaac Xubín]

Xerais

Xénero: Narrativa

208 p. ; 17 €

Bilbao–New York–Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e ideoloxicamente transversais. A segunda, a da época franquista, centrada nos pais, relata os afáns de pesca industrial en Escocia. E, por último, a xeración actual, a súa, retratada pola voz do propio autor. Como pano de fondo de toda a obra aparece o Atlántico e a perda dunha forma de vida vinculada ao mar. Unha novela multipremiada e aclamada de xeito unánime, na que empregando os recursos da autoficción e das novas formas de contar se exploran os límites da ficción contemporánea.

“Bilbao–New York–Bilbao supón unha mudanza de canon na literatura vasca.” (Jon Kortazar, Cuadernos Hispanoamericanos)

“Unha pastilla de chocolate feita da mellor literatura” (Ana Arregui, Gara)

Premio da Crítica 2008 - Premio da Fundación Ramón Ruibal á obra artística do ano 2008 - Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi - Premio Nacional de Narrativa 2009

 

 

Arriba  

 

 

A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia

A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia

 

Xavier Castro

Galaxia

Xénero: Ensaio

492 p. ; 24,50 €

Este libro incorpora, dun xeito novidoso, a tradición enogastronómica e literaria conxugándoa coa sensibilidade popular e a memoria viva da cultura do viño en Galicia.

Como achegamento á historia cultural do viño en Galicia, A rosa do viño é un traballo de investigación histórica que emprega fontes en boa parte inéditas. Relata con rigor unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos para constatar a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber. E analiza o tránsito da bebida comunitaria a unha concepción individualista do xeito de beber. 

 

 

Arriba  

 

 

Concerto

Concerto

 

Manuel Lourenzo

Laiovento

Xénero: Teatro

143 p. ; 14 €

Hai anos que se estreara o Concerto que dá nome a este tomiño de teatro en que Manuel Lourenzo xunta sete pezas diversas en apariencia, mais que teñen en común o encontro co diálogo no tempo tortuoso da individualización e da apatía. O diálogo humano, específico; o coloquio extraordinario dunha raza que non sabe o que facer para acurtar o tempo da súa extinción nun planeta metrallado desde todas as esquinas. A velada, Concerto, Waldo, En poucas palabras, Ringo e Tamara, Unha man de Nordés e mais dúas peciñas sobre Darwin, falan da deserción, da mentira, da estulticia, mais tamén da ilusión e do encontro, da viaxe e do camiño.

 

 

Arriba  

 

 

O cuadrilatero

O cuadrilatero

 

Xoán Fuentes Castro

Toxosoutos

Xénero: Narrativa

344 p. ; 16 €

Todo o mundo agarda. O cuadrilátero é o reino da espera. Todos os que alí moran naceron para esperar. Mesmo a autoridade, que nunca se deixa ver, agarda. Calar e agardar, eis a consigna. E, como o silencio é bo aliado da espera, alí todos os habitantes viven na densidade do silencio.

O cuadrilátero é un concepto entre xeométrico e dramático. Como figura xeométrica, o cuadrilátero é algo limitado, un espazo entre catro lados. Como marco dramático, pode acoller toda a soidade, todo o empuxe, todo o devalo do ser humano. Baixo o sol non só é todo vello, senón que mesmo o que ha de vir non é máis que un "xa foi". Só os corazóns humanos poden extraer do caduco vida, auga clara, horizontes aínda descoñecidos... Mellor, só os corazóns humanos o poden intentar.

Ninguén é dono de nada no cuadrilátero. A árbore das nocións apenas ten follas naquela estraña fraga. Para que? Ter, posuír, usar, rir, amar, odiar... Inventos de cordos na corda frouxa da demencia. Ar, unha raiola de luz, un lugar, unhas proteínas..., eis o paraíso perdido. Perdido? Quen coñeceu algunha vez o paraíso? Quen pode botar de menos o que non coñece? As idades dos paraísos coméronas hai tempo os crocodilos e os crocodilos venderon a pel para que luza en fermosos corpos e en rechamantes pacotillas.

"O cuadrilátero non é máis que un conto", din en ton conmiserativo os eternos construtores de cuadriláteros. "A que veñen a estas alturas", engaden, "esas sinistras colonias cando hoxe, como é evidente, todos entoamos himnos e salmos á liberdade? Por fin, despois de tanto agardar, agora sabemos que o mundo, igual que calquera tren que se prece, vai a algunha parte."

A gargallada que estoura no cuadrilátero non se apagará en tanto respire o seu último habitante.

 

Arriba  

 

 

 

A igrexa na Galicia medieval

A Igrexa na Galicia medieval

 

Mercedes López-Mayán Navarrete

Lóstrego

Xénero: Ensaio/Investigación

119 p. ; 14,95 €

 

A vida na Galicia medieval non pode ser entendida sen ter en conta a historia da Igrexa, unha das institucións máis influentes non só nas crenzas e prácticas relixiosas senón tamén na economía, na política, na cultura ou na arte. Neste libro pásase revista á súa evolución durante máis de mil anos, dende a época xermánica ata a Baixa Idade Media, e analízanse algunhas das súas manifestacións máis relevantes, como o fenómeno xacobeo, o monacato ou as catedrais.

 

 

 

Arriba  

 

 

Miguel González Garcés, mineiro de luz

Miguel González Garcés. Mineiro de luz

 

Xulio L. Valcárcel

Laiovento

Xénero: Ensaio

350 p. ; 24 €

Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudo sobre a vida e a obra de Miguel González Garcés (A Coruña, 1918-1989), desde un enfoque amplo, incluíndo a persoa -cunha aproximación aos feitos puntuais da súa biografía- e o personaxe, analizando o seu labor social e literario e recollendo o corpus crítico que sobre a obra de Garcés se ten escrito. Situando, en suma, o noso autor nas coordenadas históricas que marcaron a súa vida e que explican a súa traxectoria, ofrecendo unha imaxe plural e complexa, desde distintos ángulos e perspectivas, así resulten contradictorias.

Sempre desde o pensar e o sentir dun escritor: non estamos ante unha tese nin ante un traballo académico. Si ante un libro que prima a reflexión, a claridade expositiva e a perfección estilística sobre pautas formais ou rigores ecdóticos. O único propósito que nos move é afondar na obra dun poeta que consideramos dos máis relevantes no contexto da lírica galega da segunda metade do século pasado.

 

Arriba  

 

 

(Retro)visor

(Retro)visor

 

Antía Otero

Xerais

Xénero: Poesía

72 p. ; 12,95 €

 (Retro)visor parte desa feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda. Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado. Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras, (Retro)visor constrúese a partir da hibridación de diferentes disciplinas, onde o código poético entrelaza un discurso de longo monólogo, de extenso poema intimista con forma de road-movie. Desde o cotián, apreixado nun fotograma de Paris-Texas, a confesión realiza aquí unha viaxe pola estrada interior para chegar á reflexión vital e ao pensamento. 

 

 

Arriba  

 

 

Guía do autostopista galáctico

Guía do autoestopista galáctico

 

Douglas Adams [Trad. de Ruth Layús Quiroga]

2.0 Editora

Xénero: Narrativa

216 p. ; 18 €

 

Un xoves á hora de comer a vida de Arthur Dent, e a da poboación enteira dese soporífero planeta chamado Terra, ía cambiar de xeito inexorable e repentino. Só Arthur e o seu particular amigo Ford foxen a tempo da demolición do planeta e inician unha estraña aventura no espazo na compaña de suxerentes personaxes e obxectos futuristas: un androide paranoide, un insólito presidente da Galaxia, un motor de probabilidade infinita, un sorprendente libro que recolle o saber intergaláctico e que advirte na súa cuberta QUE NON CUNDA O PÁNICO, un peixe babel causante dos máis catastróficos equívocos espaciais ou unha indispensable toalla.

 

 

Arriba  

 

 

Don Ramón María del Valle-Inclán

Don Ramón María del Valle-Inclán

 

Ramón Gómez de la Serna [Trad. de María Fe González Fernández e Armando Requeixo]

Trifolium

Xénero: Ensaio

228 p. ; 20 €

Supón esta biografía a guía íntima da vida e os secretos persoais da alma de Don Ramón María Del Valle-Inclán. Gómez de la Serna chegou nesta obra ao logro dramático e expresivo do cadro dunha vida difícil e máxica, facendo que don Ramón María del Valle-Inclán pouse, como nun filme, gallardo e apostólico, revelando toda a súa vida por orde de andanzas, éxtases e calvarios.

 

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón

Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón

 

Loreta Lontra

Baía

Xénero: Narrativa

192 p. ; 11,80 €

 

A crenza máis estendida di que Cristovo Colón era de Xénova, aínda que moitas voces disidentes o pretenden corso, grego, catalán, balear, portugués, galego e mesmo escandinavo.

Una autoridade universitaria encomenda a Loreta un informe exhaustivo e actual que esclareza o enigma. Como o asunto non lle importa nada, traballa desde unha posición escéptica, mesmo cínica, para ir desmontando por absurdas, sistematicamente, unha por unha, todas as teorías, incluída a xenovesa. A pescuda lévaa a Italia, Córsega, Grecia, Poio, Lisboa... Neses lugares experimenta a sensación incomprensíbel de que a seguen, que alguén a espía.

Novela con pretensións de ensario? Un ensaio baixo a aparencia dunha novela? Enmascara se cadra a crónica dunha viaxe verdadeira... Á demanda do berce infalíbel aparenta tratar sobre o lugar de nacemento do navegante; moito máis ca iso, é unha reflexión sobre o método científico.

A conclusión final do enigma ten máis de sorprendente que de inverosímil.

 

Arriba