Andel de xaneiro
|
No andel do mes |
|
|
|
Organoloxía
|
|
Covalladas. Prosa vertical
|
|
Onte
|
|
Conservas
|
|
Feijoo, o galego e nós
|
|
O coitelo en novembro
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
|
|
Cos peitos desenchufados
|
|
Eloxio da ociosidade
|
|
Nocturnos
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Historia Universal de Paniceiros
Xuán Bello Positivas Xénero: Narrativa 236 p. ; 15 € |
Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai, con emoción, que nestes textos Paniceiros sexa todo un mundo. Coimbra, Tánxer, Nova York, Barcelona... todos e máis collen en Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo literario propio que Xuan Bello universaliza maxistralmente. É Historia Universal de Paniceiros unha das obras máis líricas e emocionantes que se escribiron nos últimos tempos. E non faltan críticos que afirman que a Historia Universal de Paniceiros é un dos libros máis fermosos das literaturas peninsulares, escrito nesta ocasión en asturiano, e que Positivas traduce ao galego. A Historia Universal de Paniceiros fará, a quen a lea, que descubra un gran escritor, e unha literatura, a asturiana, moi atractiva. |
|
|
|
|
|
|
|
Shakespeare destilado Xesús Constela Galaxia Xénero: Narrativa 186 p. ; 16 € |
Un home bébedo conta a historia dun amigo, Willy, que vive pechado nun piso de onde nunca sae. Alí constrúe, casa a casa e rúa a rúa, a maqueta dunha cidade. Un mundo que vai cobrar vida ata se impoñer á realidade. A novela é unha metáfora burlesca da literatura concibida como un monólogo -con ritmo e humor- no que os sonetos de Shakespeare e os gin tonics van mesturándose nunha cocteleira que se axita na procura de diversión e liberdade literaria. Premio García Barros 2008
|
|
|
|
|
|
|
|
Non son de aquí María do Cebreiro Xerais Xénero: Poesía 80 p. ; 12,50 € |
Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada. Un movemento que nega o movemento. A distancia pode ser anterior ao sentido de pertenza. O desapego pode ser a condición do amor. |
|
|
|
|
|
|
|
Elisa e Marcela. Alén dos homes Narciso de Miguel Nigratrea Xénero: Memoria 320 p. ; 35 € |
Elisa Sánchez Loriga —convertida en Mario— e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Na primeira parte deste libro descríbense as súas peripecias na Coruña, Porto e Bos Aires, analízanse as medidas adoptadas polas autoridades eclesiásticas, académicas e xudiciais sobre o matrimonio sen home e reconstrúese a repercusión pública do caso. Na segunda parte faise unha lectura desta historia desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo. O hermafroditismo foi a coartada e o travestismo o instrumento do que Elisa se valeu para consagrar os seus amores con Marcela, que as reivindicacións feministas fixeron viables. |
|
|
|
|
Dor da claridade Carlos Arias Bubela Xénero: Poesía 68 p. ; 11,44 €
|
Dor da Claridade, este novo libro de Carlos Arias, é unha mostra elocuente das posibilidades do rebelde stil nuovo e da forma interna porque, adoptando unha visión persoal, allea por completo ás modas literarias, consegue crear unha obra orixinal e auténtica. A partir da experiencia individual e da imaxinación, Dor da Claridade trasládanos unha poesía sintética, chapodada con man rigorosa polo poeta, de xeito que aquí nos presenta un libro pero é doado albiscar, detrás destas escumas, os extensos e profundos mares que o autor percorreu para extraer as xerfas rescollidas que nos ofrece. Utilizando unha lingua coidadosamente traballada, con palabras frescas e naturais, Carlos Arias consegue unha poesía esencial, celmosa e suxestiva. Desbota a verbofaxia impenitente e mide as palabras, servíndose de recursos de concentración e clarificación. O procedemento continuado, grazas á percepción privilexiada do poeta, é o discurso do alter ego: fórmulas de distanciamento e autoobservación, ben aprezadas polo sentimental_ISMO, e que conseguen na poesía de Carlos Iglesias a simbolización afectiva dos elementos poéticos (o sangue, a noite, a xeada), informacións misteriosas da outra parte, segredos que só o poeta coñece e pode revelar. Estamos ante unha poesía de fronteira, de tránsito, de lintel, que se move entre universos paralelos. [Introdución de Xesús Manuel Valcárcel] |
|
|
|
|
|
|
|
Un país a medio facer Fran Alonso Xerais Xénero: Xornalismo 224 p. ; 16,50 € |
Un país a medio facer de Fran Alonso busca as claves da evolución da cultura galega nos últimos vinte anos a través das voces dos protagonistas. Hai 20 anos, as casas de ladrillo sen recubrir constituían, na opinión de Manuel Rivas, unha boa metáfora de Galicia; un descoñecido Xurxo Souto teimaba en inventar Os Diplomáticos de Monte Alto mentres Reixa preparaba o programa Sitio Distinto para a TVG; Uxía comezaba a súa andaina musical en solitario e o teatro galego vivía días de polémica. Algunhas das entrevistas foron contestadas e, globalmente, reflicten a cultura dun país que buscaba obsesivamente a súa normalidade. Apenas pasaran algo máis dunha ducia de anos desde a fin da ditadura, remataban os 80 ou albiscábanse os desinhibidos 90. A través de entrevistas feitas naquela época, reconstrúese agora o pulso cultural dun tempo en que Galicia era un país a medio facer e vivía ese feito de xeito obsesivo. Logo, o libro salta no tempo e viaxa, vinte anos despois, a unha Galicia que parece normal. ¿É normal? ¿Que cambiou na cultura galega nestes vinte anos? |
|
|
|
|
Budapest Chico Buarque [Trad. de Ramón Nicolás] Faktoría K de Libros Xénero: Narrativa 162 p. ; 15 € |
José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, «a única lingua do mundo que o demo respecta», segundo un proverbio maxiar. Unha lingua que o invitará a desexar ser outro e a mergullarse de cheo nunha cultura tan diferente á brasileira. De volta en Brasil, Costa decidirá deixar todo o que ten: a súa cidade e mesmo a súa familia, e volverá a Budapest para iniciar unha nova vida. Instálase na capital húngara coa enigmática Kriska, que lle ensinará o idioma e coa que terá unha relación sentimental. Ese ambiente novidoso, rodeado de palabras exóticas, provocará unha sucesión de acontecementos surrealistas e cheos de humor, ata o punto de que o protagonista desdobrará a súa personalidade, converténdose en Zsose Kósta. Ese intenso proceso de inmersión lingüística dá lugar a un relato literariamente denso, sobre o amor entre persoas de distintas culturas, que afonda nas raíces da identidade, máis fráxil e volátil do aparente. Chico Buarque presenta unha historia orixinal chea de musicalidade e referencias á sonoridade das palabras, con interesantes achegas sobre o proceso creativo do escritor e un sorprendente final. “Budapest”, que gañou o Premio Jabuti, adaptouse tamén ao cinema. O seu autor está unido por lazos sentimentais a Hungría, ata o punto de que os nomes propios da novela -personaxes, rúas, restaurantes...- son os apelativos dos xogadores de fútbol -outra das súas paixóns- da selección húngara no ano 1954.
|
|
|
|
|
|
|
|
As horas baixas Manuel Lourenzo Laiovento Xénero: Teatro 122 p. ; 12 €
|
O título rotundo da primeira das comedias, AS HORAS BAIXAS, que acabou por baptizar a totalidade do volume, está a falar da mesma crise de maturidade que afecta á segunda e á terceira pezas: A CRISE DO DIRECTOR DE ESCENA e a monologar VIVALDI, SEÑOR: tres aconteceres marcados por unha sensación de tempo xa abolido, co que a vida parece non querer contar... E non obstante...
|
|
|
|
|
Costa Norte/ZFK Xurxo Borrazás Galaxia Xénero: Narrativa 372 p. ; 20 € |
Un acontecemento traumático na costa de Galiza dá paso á distopía literaria de Costa Norte/ZFK. Xurxo Borrazás fai unha incursión nunha zona de pesadelo industrial cun espazo físico e unhas relacións sociais opostas ás que coñecemos, ou non tanto, nun futuro que é apenas unha sofisticación do presente. Unha novela esteticamente impactante e radicalmente anovadora que nos fala da soidade do individuo, dos límites da natureza, das fronteiras do humano e do noso medo a espertar, a que o monstro do real afogue a nosa capacidade para seguir a imaxinalo todo.
|
|
|
|
|
|
|
|
O tradutor cleptómano Dezso Kosztolányi [Trad. de Jairo Dorado Cadilla] Rinoceronte Xénero: Narrativa 102 p. ; 14 € |
Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos. Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser, da deshumanización e da tenrura, dos medos, soños, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista. Dezso Kosztolányi (1885-1936) foi poeta, ensaísta, narrador e tradutor (entre outros, de Shakespeare, Wilde, Rilke, Goethe, Baudelaire, Verlaine e Maupassant). Publicou cinco libros de poemas, catro novelas e dous volumes de relatos, dos que proceden os contos aquí escolmados.
|