índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Casa do poder / Como hai que vivir? / Don da profecía

 

 

 

 

 

 

 

A gorida do verme branco

 

 

 

 

 

 

Sol de inverno

 

 

 

 

 

 

Os días adiados

 

 

 

 

 

 

Encontros con Laxeiro

 

 

 

 

 

 

A piragua

Vértixe da choiva

Felices e diferentes

A deleiba do mundo

Xosé Manuel Beiras. Compromiso coa terra

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Casa do poder / Como hai que vivir? / Don da profecía

Casa do poder / Como hai que vivir? / Don da profecía

Casa do poder / Como hai que vivir? / Don da profecía

Casa do poder

Como hai que vivir?

Don da profecía

 

Xesús Manuel Valcárcel

Bubela

Xénero: Poesía

177 p., 187 p. e 139 p. ; ¿? €

Casa do poder

Casa do Poder propón, desde o rebelde stil nuovo, un ritual propiciatorio, un grimorio ou libro de liturxias para as prácticas sentimentalistas, aplicando fórmulas da maxia simbólica, e das escolas de coñecemento e iniciación, á concepción da realidade (diádica, sensorial) que defende a teoría.

Como hai que vivir?

Como hai que vivir? insírese na tradición dos libros de consellos (literatura de exempla) como as cartas de Séneca a Lucilo, os tratados da Idade Media (Alfonso X, don Juan Manuel) e do Renacemento (Maquiavelo, Guicciardini, Castiglione), os prontuarios de Gracián, Mark Twain, etc., que son frecuentes en prosa pero escasos, ou moi escasos, en verso: Tao Te King, Proverbios de Salomón, os consellos do vello Vizcacha no Martín Fierro... poucos máis.

A obra desenvolve, con intención práctica, os principios fundamentais da teoría sentimentalista.

Don da profecía

Don da profecía trata dos grandes eixos sobre os que se fundamenta a filosofía sentimentalista: o relativismo dialéctico (a ausencia de regras universais), a concepción do universo como tensión bidireccional, a necesidade e obrigación de defenderse, a creatividade consciente da literatura e, en xeral das artes, como instrumentos de coñecemento.

O libro xunta 49 poemas (sete partes, de sete poemas cada unha) nos que o autor aplica os seus "coñecementos de física teórica á poesía (porque camiñan xuntas)"

 

 

Arriba  

 

 

A gorida do verme branco

A gorida do verme branco

 

Bram Stoker [Trad. de Tomás González Ahola]

Urco

Xénero: Narrativa

302 p. ; 13,95 €

A gorida do Verme Branco mestura dun xeito maxistral a narrativa gótica con elementos da novela de detectives, cuns diálogos brillantes e unha narración fluída e en constante ascenso.

A novela conta a historia de Adam Salton, un mozo criado en Australia, que se vai vivir co seu tío avó a un condado da campiña inglesa, onde antano se erguera o reino de Mercia. Corren rumores de que nas profundidades daquelas terras aínda habita un monstro de eras pretéritas ao que chaman "O Verme Branco". Adam Salton terá que enfrontarse ao perigo coa axuda do ancián Sir Nathaniel de Salis, sabio experto en historia e antropoloxía.

Esta foi a última novela escrita por Stoker, unha obra que desgraciadamente, igual que o resto da produción deste autor agás Dracula, nunca tivo unha gran difusión.

 

 

Arriba  

 

 

Sol de inverno

Sol de inverno

 

Rosa Aneiros

Xerais

Xénero: Narrativa

512 p. ; 22 €

Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Para o xurado do Premio Xerais 2009 “Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza."

 

 

Arriba  

 

 

Os días adiados

Os días adiados

 

Xabier Correa Corredoira

Espiral Maior

Xénero: Poesía

93 p. ; 15 €

Pintor, gravador, escultor e poeta, Correa Corredoira presenta en Os días adiados unha escolma dos poemas que foi escribindo entre 1970 e 2007.

Como indica o tamén poeta Xavier Seoane no prólogo: "Logo de ler este poemario, un queda coa sensación de fidelidade a si mesmo por parte do autor. De intento de expresión do que lle bole no cerne das vivencias, das cavilacións e dos sentimentos. Un libro que, ademais, amosa sinerxías co resto da súa obra plástica xeral. E que decanta experiencias, viaxes, momentos biográficos... Ou a súa idolatría polo mar. Ou a lembranza das amizades, evocadas, nalgún caso, cun transfondo de homenaxe en clave elexíaca, como nos casos dos artistas Mon Vasco ou Rafael Baixeras... Sen esquecer os vibrantes e sensuais estoupidos de Eros. Ou a dimensión visionaria. Ou a denuncia política e histórica, como o poema que recorda o cruel asasinato do pintor Francisco Miguel por parte dos fascistas en 1936. Ou a denuncia do estrago ecolóxico e territorial."

A edición inclúe ilustracións do propio autor.

 

Arriba  

 

 

 

Encontros con Laxeiro

Encontros con Laxeiro

 

Xosé Neira Vilas

Xerais

Xénero: Biografías

200 p. ; 16 €

 

Xosé Neira vilas e Laxeiro coñecéronse en Buenos Aires en 1952 e amistaron de por vida. Os encontros entre eles foron múltiples, non só na Arxentina senón tamén en Madrid, en Vigo, na Coruña, en Santiago... Neira evoca aquí ó seu amigo. Ambos naceron na comarca de Deza e ambos foron emigrantes en Cuba e na Arxentina. Neste libro sucédense as lembranzas, nunha e outra orela do Atlántico. O autor, ademáis, convocou a homes e mulleres de letras, pintores, músicos e outros seguidores laxeiranos, e a obra, de entrañable e dilatada elaboración, convertiuse nunha homenaxe múltiple ó gran artista lalinense. Nos diversos testemuños que aquí aparecen hai a un tempo agarimoso achego e admiración ante este ser humano e singular creador que foi Laxeiro.

 

 

Arriba  

 

 

A piragua

A piragua

 

Candido Pazó

Laiovento

Xénero: Teatro

130 p. ; 12 €

DELIO

Se cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dirás. Empezamos por aí e por onde acabamos, eh? Por onde acabamos? Pensa un pouco Nito.

En 1998, no edificio en que vivía daquela, suscitouse unha viva polémica sobre se un propietario podía ter unha piragua na súa praza de garaxe.

En 2007 o C.D.G. encomendoume escribir-dirixir unha peza. Aproveitei para dar saída por fin a unha vella teima: botar man daquela anécdota (real aínda que pareza ficción) e utilizala como metáfora sobre a inadaptabilidade aos cambios sociais. Con esa idea e a partir dese arranque argumental, propio dunha comedia, quería que o público fose descubrindo que nunha das familias da comunidade de propietarios latexaba unha traxedia (ficticia aínda que ben real): a da violencia de xénero.

[Candido Pazó]

 

Arriba  

 

 

Vértixe da choiva

Vértixe da choiva

 

David Souto

Toxosoutos

Xénero: Poesía

62 p. ; 8 €

 

Unha áncora chántase aquí, tamén un guindastre, pois Vertixe da choiva, contén unha presa de sementes concentradas nas cales latexa toda a escrita pasada e futura que David Souto puido ou poida chegar a enfíar.

Vertixe da choiva ofrece unha poética densa, chea de imaxes visuais cun poder de suxerencia devastador para, como o propio autor sinala, “non morrer de sede e de fame nestes tempos de tanto lume e de tanto sol”. A obra acompáñase, ademais, da lectura en imaxes feita pola ilutradora francesa, Amadine Maillarbaux.

Vertixe da choiva é o segundo de poesía publicado por David Souto logo de A árbore seca, IV Premio de Poesía Fermín Bouza Brey (Espiral Maior, 2008).

 

 

Arriba  

 

 

Felices e diferentes

Felices e diferentes

 

Xavier Queipo

Laiovento

Xénero: Ensaio

214 p. ; 14 €

 

 

Felices e diferentes reúne as colaboracións de Xavier Queipo entre outubro 2006 e outubro 2008 no programa Diario Cultural que Ana Romaní dirixe na Radio Galega.

Unha ollada crítica sobre a cultura galega e universal, sobre libros e filmes, mais tamén sobre atentados ao patrimonio e anomalías de (des)goberno no noso «pequeno país sen estado».

Se non tiveron oportunidade de escoitalo non se perdan estas reflexións que lles han de axudar ás súas propias, pois como di Queipo, «non se me contenten coas análises alleas e extraian as súas propias conclusións, que así os quero intelixentes e espelidos, felices e diferentes»

 

 

Arriba  

 

 

A deleiba do mundo

A deleiba do mundo

 

Amin Maalouf [Trad. de M. Dolores Torres París]

Xerais

Xénero: Ensaio

264 p. ; 20 €

Entramos no novo milenio sen compás”, con esta frase comeza este ensaio no que Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela. Para Maalouf dende os primeiros meses do século XXI veñen producíndose acontecementos desacougantes que inducen a pensar que o mundo coñece unha deleiba maior, e en varios ámbitos ao tempo. Deleiba económica e financeira, que transforma o planeta enteiro nunha zona de turbulencias de consecuencias imprevisibles, que constitúe, en si mesmo un síntoma dunha perturbación do noso sistema de valores. Deleiba climática, resultado dunha longa práctica de irresponsabilidade colectiva. Para o autor libanés non estaría de máis preguntarse se diante dunha situación semellante, a nosa especie non acadou, dalgún xeito, o limiar dun conflito de incompetencia moral se non acaba de iniciar un movemento de regresión que ameaza con derrubar o que tantas xeracións sucesivas tardaron en edificar. Para Maalouf a deleiba do mundo ten menos que ver co “choque de civilizacións” que co esgotamento simultáneo dos nosos modelos sociais. Sobre todo, o dos ámbitos culturais cos que el se identifica: o occidental e o do mundo árabe. O primeiro, por ser pouco fiel aos seus propios valores; o segundo, por atoparse pechado nun impasse histórico. Un diagnóstico inquedante que desemboca nunha nota de esperanza.

 

 

Arriba  

 

 

Xosé Manuel Beiras. Compromiso coa terra

Xosé Manuel Beiras. COmpromiso coa terra

 

V.V.A.A.

Fundación Otero Pedrayo

Xénero: Ensaio

100 p. + 1 CD ; 22 €

 

O tempo é un río que nos leva e que nos continúa a todos. A casa común constrúese botando placas sucesivas, levantando esteos que os pais afincan para que termen dos fillos. O discurso de Xosé Manuel Beiras, profesor, político, pensador, escritor, fundaméntase nesa tradición, que vén dos Ilustrados, aséntase no Rexurdimento, pasa polas Irmandades da Fala e pola Xeración Nós (a algúns dos seus membros tivo a honra de tratar e coñecer ben), polo grupo Galaxia e a palabra de Ramón Piñeiro, o pulo de Xaime Isla (Revista de Economía de Galicia), o entusiasmo operativo de Fernández del Riego, o pensamento de Robert Lafont, o marxismo de liberación nacional, o compromiso organizado da transición política, a batalla democrática da autonomía e do autogoberno, e que chega a nós, afervoado e activo, ás veces tamén heterodoxo, coma "un volcán de enerxía", en palabras de Xosé María Álvarez Blázquez.

 

 

Arriba