índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de febreiro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Arcaico o tempo que respira

 

 

 

 

 

 

 

Ríofero

 

 

 

 

 

 

Bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia e o famoso libro de San Cibrán

 

 

 

 

 

 

Do ventre da cóbrega

 

 

 

 

 

 

Unha mada de doce relatos

 

 

 

 

 

 

Bailarei sobre a túa tumba

Monbars o Exterminador

Sociedade e relixión na Galicia Antiga

O violinista de Malá Strana

Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Arcaico o tempo que respira

Arcaico o tempo que respira

 

Paulino Vázquez

Galaxia

Xénero: Poesía

64 p. ; 10,60 €

Acompasado ao rumor das estacións, Paulino Vázquez dá conta dunha perda: a da terrible escisión que fai a modernidade ao considerar o tempo como abstracto, indiferente, cuantitativo.

Arcaico o tempo que respira aparece como unha queixa (relixiosa) para reclamar o vencello emocional entre home e terra. Lembranza do ido e denuncia do vougo, o poema é o espazo escollido do elexíaco. Como un movemento non condenado á repetición, senón á procura da intraducibilidade. Aceno que oscuramente poderiamos chamar do inmortal.

 

Arriba  

 

 

Ríofero

Ríofero

Xelís de Toro

Xerais

Xénero: Narrativa

248 p. ; 16,50 €

O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse en sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor “eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa”.

 

 

Arriba  

 

 

Bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia e o famoso libro de San Cibrán

Bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia e o famoso libro de San Cibrán

MBernardo Barreiro de W. (ed. de Clodio González Pérez)

Toxosoutos

Xénero: Ensaio

182 p. ; 14 €

Publícase por primeira vez en 1885, saíndo dende entón cinco edicións, delas, dúas facsímiles e unha en galego, esta só para bibliófilos (111 exemplares), polo que a primeira popular na nosa lingua é a presente, que vén a ser a sétima. Dende o intre de saír do prelo contou con defensores que concordan co dito polo autor, e tamén con detractores, sobre todo entre os cregos e as clases máis conservadoras, que prefiren o silencio a que se coñeza a verdadeira actuación do Santo Tribunal ao longo de varios séculos. A parte que esperta máis interese é a segunda, na que resume varios procesos contra meigas e astrólogos galegos que contan como fixeron feitizos, “infanticidios”, adiviñaron o futuro e ata tiveron trato co demo. Conclúe cun traballo encol do Libro de San Cibrán ou Ciprianillo.

 

Arriba  

 

 

Do ventre da cóbrega

Do ventre da cóbrega

Xavier Seoane

Espiral Maior

Xénero: Poesía

132 p. ; 16 €

Xavier Seoane, Premio de Poesía Espiral Maior no ano 2006, ofrece agora un novo título que afonda no ton elexíaco, sometendo o poema en todo momento a unha alta esixencia formal e expresiva e servindo este de reflexión radical sobre a condición efémera do humano.

Arriba  

 

 

 

Unha mada de doce relatos

Unha mada de doce relatos

Henrique Dacosta

Laiovento

Xénero: Narrativa

77 p. ; 10 €

 

Doce relatos, doce, entrecruzados polo sutil fío condutor dun autor con oficio no xénero. Doce relatos, distintos entre si, mais cun trasfondo inconfundíbel, labrados co esmero do lirismo, e trazados por unha singular querenza descritiva. Doce relatos cuxa matriz enraiza no realismo para se encamiñar por variadas sendas, aínda que converxentes, e aderezados cun eficiente profundamento psicolóxico, e dosificación na intriga. Realismo tráxico acaroado ao traxicómico, mais tamén o de xénese social, e o máis costumista, episódico ou anecdótico, pois todos eles veñen asomar ás páxinas do libro gañador do "XVI Certame literario Ricardo Carvalho Calero" de 2007 convocado polo Concello de Ferrol. Haberemos de rir e sorrir con eles; e as bágoas pugnarán á hora de querer abrollar en acalorado desafío á indignidade dos tempos de ferro; e no noso ánimo unha feliz saudade desexará callar noutras ocasións, cos retratos dunha infancia evocada pola memoria; e xunto deles os incomprensíbeis e covardes asañamentos contra os máis débiles en reclamo de xustiza. Achámonos, en definitiva, perante doce narracións breves cargadas dunha enorme emotividade, e que, sobre todo, non nos haberán de deixar indiferentes. Doce narracións, doce, que afianzan xa, e cunha grande solidez, ao seu autor entre os máis destacados no xénero, de tanta tradición e rendemento dentro da nosa literatura.

 

Arriba  

 

 

Bailarei sobre a túa tumba

Bailarei sobre a túa tumba

Berta Dávila

Biblos

Xénero: Narrativa

94 p. ; 14 €

Bailarei sobre a túa tumba é unha fermosa novela que achega frescura á literatura galega ao poñernos, con grandes doses de humor, ante o retrato dunha xeración que a todos nos é moi próxima, a «xeración xabarín» das mozas e mozos que viven agora a década dos vinte anos.

Arriba  

 

 

Monbars o Exterminador

Monbars o Exterminador

Hixinio Puentes

Xerais

Xénero: Narrativa

488 p. ; 19 €

Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquía, liberdade, moralidade... e realiza un canto ao mar e as súas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado ''o anxo exterminador'' pola súa xenreira aos españois é un xentilhome languedociano da segunda metade do século XVII, que pasa a súa xuventude como filibusteiro da illa Tartaruga, no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olonés, Morgan, etc. Desde o seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional do matute entre as dúas ribeiras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias, un mundo marcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras de relixión, as monarquías absolutas, o ambiente corsario bretón, a xenreira contra os españois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografía do golfo de Saint-Malo, burlándose das leis e mostrando o seu gusto pola poesía goliardesca de François Villon. Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlántico de Narrativa galega e portuguesa na súa última edición.

 

 

Arriba  

 

 

Sociedade e relixión na Galicia Antiga

Sociedade e relixión na Galicia Antiga

José Carlos Bermejo Barrera

Lóstrego

Xénero: Ensaio

190 p. ; 19,95 €

 

Neste libro recóllense as investigacións do autor, reputado especialista e renovador deste tipo de estudos, acerca de diversos temas que atinxen a campos tan interesantes como a sociedade e a relixión da Galicia castrexa e romana.

 

 

Arriba  

 

 

O violinista de Malá Strana

O violinista de Malá Strana

Xerardo Agrafoxo

Galaxia

Xénero: Narrativa

228 p. ; 16 €

A misteriosa aparición do cadáver dun escritor na cidade vella é o punto de partida desta novela.

Un comisario checo a punto de retirarse, a identidade oculta dunha enigmática muller, un exemplar do Corán perdido no deserto do Sahara e a desaparición do aviador Antoine de Saint-Exupéry sérvenlle a Xerardo AgraFoxo para introducirnos nunha novela na que viaxes e literatura, biografía e ficción, se entrecruzan nunha trama de sedutoras voces narrativas.

 

 

Arriba  

 

 

Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas

Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas

Xesús Alonso Montero

Alvarellos

Xénero: Ensaio

272 p. ; 17 €

Trátase dunha edición facsimilar que inclúe un novo e amplo estudo introdutorio por parte do autor. Na obra, trinta e seis intelectuais extragalegos responden ao profesor sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias. Participan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu.

Unha das obras fundacionais da Sociolingüística no noso país, esta Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas foi publicada por vez primeira en 1974 e hai ben anos que desapareceu das librarías. Era preciso recuperala. A edición que presentamos é facsimilar e inclúe un novo e amplo estudo a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero.

Trinta e seis intelectuais extragalegos (entre os que se atopan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu) responden ao profesor Alonso Montero, que os “provoca a emitir unha opinión” sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias nun mundo no que a globalización exergaba xa os seus primeiros e demoledores trazos. Sorprenderá hoxe a vixencia de moitos dos argumentos aquí recollidos.

O autor abre o debate por todos os seus recantos: democracia e linguas nacionais, lingua e escola, lingua e medios de comunicación, uniformidade lingüística e unidade política, lingua como fenómeno de clase... No limiar a esta nova edición, afirma: “Á altura da miña vida non é desaxeitado reeditar páxinas escritas ou suscitadas en momentos politicamente tan difíciles. os lletraferits de hoxe, os letraferidos novos, disporán, cando menos, dun documento histórico”.

 

Arriba