índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Maio


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Para dicir abril

 

 

 

 

 

 

 

O lume vital de Claudio Rodríguez Fer

 

 

 

 

 

 

Educación e paz (vol. I e II)

 

 

 

 

 

 

A vida nova de Madame Bovary

 

 

 

 

 

 

A guerra da independencia en Galicia

 

 

 

 

 

 

Pan e coitelo

Xohán Xesús González. Un precursor da soberanía galega

Obra dramática

Sombras, rosas, sombras

Tempo do pai

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 Antoloxía dos poetas galegos en Cuba 

Antoloxía dos poetas galegos en Cuba

 

O segundo sexo 

O segundo sexo

 

 Laxeiro

Laxeiro. O eu de Xosé Otero Abeledo

 

Plan de fuga

Plan de fuga

 

Álbum de guerra

Álbum de guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República

 

Fin de século en Palestina

Fín de século en Palestina

 

 Incertos 

Incertos

 

 Vento de sal

Vento de sal

 

Na nosa lyngoage galega 

Na nosa lyngoage galega

 

 A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos

A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos

  

 

ANTERIORES

agosto 08

xullo 08

xuño 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

Para dicir abril

Para dicir abril

Xosé Vázquez Pintor

Sotelo Blanco

Xénero: Narrativa

244 p. ; 15 €

Cunha estrutura encabezada por poemas de Safo de Lesbos, a protagonista vai esmiuzando, nun xogo de intertextualidades, o que é a súa vida, marcada por un pasado de relacións imposibles de esquecer, dende a primeira infancia ata o momento presente. Vázquez Pintor, cunha linguaxe luminosa e unha poeticidade de imaxes que esixen do lector unha participación activa, explora algunha das vetas máis escuras do ser humano, a soidade, os grandes traumas, a dor en estado lacerante, para deixar constancia da catástrofe emocional que supón enfrontarse a vivencias límite.

Solidez, coherencia e complexidade formal conforman este universo rico que se rexe polas leis da simultaneidade perfecta de planos espazo-temporais, pola evocación de poemas que, coma ecos, reinventan a memoria devastadora que nos dá a medida da concepción de que todo é cíclico, illa, fulgor do instante. O libro, que pode ser lido como un longo poema en prosa, como as páxinas dun diario íntimo ou como uns delicados apuntamentos que convidan á reflexión, foi definido polo xurado do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2007 como “Unha novela innovadora cunha gran carga poética na que abundan as figuras literarias. Sorprende o xogo temporal, a presenza do mundo dos sentidos e o achegamento a un tipo de sexualidade minoritaria” Velaí o testemuño dunha biografía insubornable.

 

Arriba  

 

O lume vital de Claudio Rodríguez Fer

O lume vital de Claudio Rodríguez Fer

Olga Novo

Follas Novas

Xénero: Ensaio

143 p. ; 10,5 €

Na presente versión de O lume vital de Claudio Rodríguez Fer actualizouse a bibliografía e a antoloxía deste escritor lugués, pioneiro da lírica erótica en galego, ademais de ensaísta, narrador e dramaturgo. Actualmente, Claudio Rodríguez Fer dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética e a área literaria da revista Moenia na Universidade de Santiago de Compostela, así como coordina, con Carmen Blanco, Unión Libre. Cadernos de vida e culturas.  

 

 

Arriba  

 

Educación e paz (vol. I e II)

Educación e Paz(vols. I e II)

Xesús R. Jarés

Xerais

Xénero: Ensaio

224 p. (v. I) e 192 p. (v. II) ; 16 € c/u

A triloxía Educación e paz sae a luz pública en 2008 co motivo do 25 aniversario do grupo Educadores pola Paz do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. A triloxía está composta por tres volumes:  Educación e Paz I. 25 anos de Educadores pola Paz, da autoría de Xesús R. Jares, describe e analiza a historia dos 25 anos de Educadores pola paz así como de outras iniciativas de educación para a paz en Galicia. Educación e Paz II. Presente e futuro da construción da Paz, recolle as colaboracións que fixeron uns 40 ensaistas de distintas disciplinas e países agrupadas en tres campos: o mundo no que vivimos, os escenarios e propostas de paz e o papel da educación para a paz a prol da paz, a cidadanía democrática e os dereitos humanos. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, reúne textos inéditos de poetas e narradores galegos e galegas co tema común da cultura de paz.

Educación e Paz I recolle a vida de 25 anos do grupo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. O primeiro grupo da historia de Galicia de Educación para a Paz e un dos pioneiros no resto de España. O libro recolle a orixe do grupo, os seus obxectivos, as actividades desenvolvidas, as publicacións realizadas, os programas deseñados, as propostas feitas, as ilusións presentes e as esperanzas de futuro. Nesta crónica dos 25 anos de Educadores pola Paz o autor está acompañado por catro colaboracións que falan de outras tantas experiencias de educación para a paz: Xosé Manuel Cid en Ourense, Xosé Manuel Rodríguez desde Santiago, Flora Fondevila das Escolas asociadas á UNESCO e Manuel Blanco do Programa “Vivir xuntos, convivir” de Lugo.

En Educación e Paz II, os autores e autoras representan a cinco territorios nos que Educadores pola Paz ven despregando as súas actividades: Galicia, España, Portugal, Iberoamérica e Europa: José María Tortosa, José Vidal-Beneyto, Carlos Taibo, Juan López de Uralde, François Houtart, Miguel Ángel Santos Guerra, Martín Rodríguez Rojo, Juan José Tamayo-Acosta, Joaquín García Roca, Xulio Ríos, Jose Paulo Serralheiro, Estebán Beltrán, Gregorio Peces-Barba, Federico Mayor Zaragoza, Lía Diskin, Jesús Mª Alemany, Carmen Magallón, Galo Bilbao, Johan Galtung, Luís García Soto, Luis Moita, José Aristazabal, Francisco Muñoz, Beatriz Molina, Jaume Carbonell, Jurjo Torres Santomé, Jean Mª Muller, Javier de Lucas, Américo Nunes Peres, Riane Eysler, Vicent Martínez Guzmán, Xabier Etxeberria, Ricardo Arana, Joao da Silva Amado, Isabel Freire, Ana Carita, Mariano Fernández Enguita, Fabio Brotto, Gloria Ramírez, Dionisio Llamazares, Daniel Novara e Xesús R. Jares.

 

 

Arriba  

 

A vida nova de Madame Bovary

A vida nova de Madame Bovary

Xosé Carlos Caneiro

Galaxia

Xénero: Narrativa

708 p. ; 31 €

A literatura como realidade que xorde da mesma literatura é a certeza da que parte a nova novela de Xosé Carlos Caneiro.

A vida nova de Madame Bovary conta a historia de Hermelinda que, enganada polo seu marido, abandona a vida familiar pretérita para se refuxiar nunha peculiar casa de hóspedes chamada O Gatopardo. Lugar de encontro de perdedores, ilusos e namorados, de alí vai abrollar o intenso aluvión de historias que asolaga a novela.

Un festín esperpéntico, unha obra narrativa que desmitifica o fracaso ao tempo que ergue un poderoso mundo ficcional, cheo de paixón literaria, pulo vital, humor e sensibilidade.  

Arriba  

 

 

A guerra da independencia en Galicia

A guerra de independencia en Galicia

Juan M. Osuna Rey

Lóstrego

Xénero: Historia

151 p. ; 14,95 €

No ano 1808 comezou a Guerra de Independencia de España en contra dos franceses. A guerra supuxo a última invasión de Galicia e deu lugar a unha guerra longa e enormemente cruenta na que non só loitaron os exércitos español, francés e inglés, senón na que tamén participou de maneira destacada o pobo galego, tanto loitando contra o invasor como sufrindo as súas represalias.

 

 

Arriba  

 

Pan e coitelo

Pan e coitelo

Bieito Iglesias

Galaxia

Xénero: Narrativa

144 p. ; 13,5 €

A última e esperada obra de Bieito Iglesias, unha novela moi moral.

Esta nouvelle de Bieito Iglesias contén un relato policial (con crime perfecto), estampas políticas do fraguismo terminal, varios sketchs costumistas que declinan a xovialidade do folclore actual, un retrato de familia, dúas crónicas de viaxes (a Suiza e Oriente Medio) e outras tantas historias de amor.

Os elementos tráxicos, mesmo algunha escena truculenta resultante de mesturar a Cela con Tarantino, aparecen en Pan e coitelo dulcificados por unhas personaxes que experimentan a ledicia goliardesca e pasoliniana. Todo, coa maior brevidade posible, porque o autor mora nun mundo vertixinoso.

 

Arriba  

 

Xohán Xesús González. Un precursor da soberanía galega

Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego

Héitor Picallo Fuentes

Laiovento

Xénero: Ensaio

256 p. ; 20 €

Este home cuxa figura é aquí deseñada con trazos vigorosos por Héitor Picallo atravesou coa forza dun meteoro o ceo das ideas políticas galegas e, ao cair ao chan, os ollos alampados dos contemporáneos conservaron durante moito tempo a súa luz. A atoutiñadas, con contradicións, combinando sempre acción e a meditación, sen abandonar a criación literaria e o exercicio do xornalismo de ideas, Xohán Xesús é o primeiro exemplo que coñecemos dun lider político que, no século XX, intentase o encontro entre a esquerda socialista e o nacionalismo galego. (X. L. Méndez Ferrín)

 

 

Arriba  

 

Obra dramática

Obra dramática

Francisco Taxes

Xerais

Xénero: Teatro

400 p. ; 22 €

 

''Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita'', como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) apostou nos seus textos por un teatro popular, comprometido e divertido, contribuíndo deste xeito a converter a arte de Talía nunha ferramenta fundamental na loita a prol da recuperación e a normalización da cultura e a lingua galegas. Este volume, que recolle a súa produción dramática ao completo, inclúe dúas obras inéditas, Caderno de bitácora –representada polo CDG en 1985– e a persoal e transgresora Elas (1997). Na introdución, preparada por Xurxo Taxes Díaz, dáse conta da andaina vital e artística dun dramaturgo que soubo, sen prescindir da defensa dun teatro de diálogos áxiles e aparencia sinxela e natural, afondar nos grandes temas da condición humana, como a morte, a violencia, o poder ou o sexo. Un libro clave para a recuperación dun dramaturgo clave no devir do teatro galego da segunda metade do século XX.

 

Arriba  

 

Sombras, rosas, sombras

Sombras, rosas, sombras

Carlos Penela

Editorial Danú

Xénero: Poesía

150 p. ; 12,50 €

Obra gañadora do prestixioso Premio de Poesía Caixanova, na súa VI edición. Carlos Penela abre os ollos á inquedante inminencia dun suceso: un suceso que se chama nada...

 

 

Arriba  

 

Tempo do pai

Tempo do pai

Xosé María Álvarez Cáccamo

Galaxia

Xénero: Memorias

188 p. ; 17 €

Evocación relatada con sensibilidade literaria e emocional, Tempo do pai é a biografía de Xosé María Álvarez Blázquez escrita desde a lembranza íntima dos instantes e das imaxes que configuran a memoria do seu fillo, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.

Memoria fiel que parte da verdade persoal, o libro tamén acolle o testemuño da xente próxima a aquel acontecer vital e a interpretación dos textos literarios e de investigación a través dos que se manifesta a experiencia e o pensamento do home, do escritor e do activista cultural que foi Xosé María Álvarez Blázquez.

 

 

Arriba