índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Febreiro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Quen beillaria iso?

 

 

 

 

 

 

 

A venus de cristal

 

 

 

 

 

 

Eléctricas

 

 

 

 

 

 

Da palabra no tempo

 

 

 

 

 

 

Poesía galega completa

 

 

 

 

 

 

A impostura e a desorientación na normalización lingüística

O ruido e a furia

Vanakkam Benvidas

Novelino

Revista Grial

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 O neno do pixama a raias

O neno do pixama a raias

 

A casa das belas adormentadas

A casa das belas adormentadas

 

 Os símbolos de Galicia

Os símbolos de Galicia

 

Nos dominios da incerteza

Nos dominios da incerteza

 

ABC diario

ABCdiario

 

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981

A esforzada conquista da autonomía

 

 Chispas de Quesada

Chispas de Quesada

 

 Ouveo e outros poemas

Ouveo e outros poemas

 

O banqueiro anarquista

O banqueiro anarquista

 

 Presenzas marcadas

Presenzas marcadas

 

 

ANTERIORES

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Quen beillaria iso?

Quen beillaría iso?

Xosé Antón Laxe Mariñán

Baía Edicións

Xénero: Poesía

70 p. ; 10 €

O son amece no idioma a carón da comunicación. Na mestura nace un espello onde se debuxan os elementos da imaxe que nos revela a nós mesmos. Foime dado interpretala.

"Xosé Antón Laxe Martiñán engasta pedra sobre pedra, escena sobre escena, e o libro progresa e vai medrando en cada páxina. A intensidade é tanto emocional como verbal. Vive dentro do idioma: e que idioma, compañeiros e compañeiras! Aludindo ao barroco, á pedra e ao idioma pensamos en Otero, ou sexa, pensamos en Quen beillaría iso? (a pesar do Cunqueiro que xustifica a obra na primeira páxina) como unha homenaxe consciente a Otero. A lingua de Laxe Martiñán é de seu, pola teimosía e polo coidado de ourives, unha reivindicación." (Xabier Cordal)

Arriba  

A venus de cristal

A venus de cristal

Chelo Suárez

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

144 p. ; 15,25 €

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela. Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.  

Arriba  

Eléctricas

Eléctricas

Manuel Lourenzo

Laiovento

Xénero: Teatro

168 p. ; 13 €

ELÉCTRICAS, a nova entrega dramatúrxica de Manuel Lourenzo, recolle tres comedias co denominador común da teatralidade que impregna certas situacións da vida cuotidiana nos ámbitos particulares da política (Forzas Eléctricas), dos negocios (O maratón sentimental de Elisa Fortes) ou do teatro (A comisión), Unha ollada equidistante da farsa e do esperpento, en que o autor d'A prea e A noite dos cabaleiros xunta nun martes de entroido interminábel personaxes de máscara grega con magnates da prensa, cartuxeiras e actores do circo-teatro que faíscan no galaico panteón.

Arriba  

Da palabra no tempo

Da palabra no tempo

Darío Villanueva

Espiral Maior

Xénero: Ensaio

316 p. ; 20 €

Unha excelente escolma de textos teóricos e unha lectura profunda de autores e obras literarias a cargo dun dos estudosos e críticos máis recoñecidos do noso tempo. Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Joyce, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero e Carlos Casares son algúns dos autores que Darío Villanueva analiza no presente libro dende unha esixente perspectiva académica e unha expresiva vontade ensaística.

 

Arriba  

 

Poesía galega completa

Poesía galega completa

Xosé M. Álvarez Blázquez

Xerais de Galicia

Xénero: Poesía

392 p. ; 16,50 €

Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ''o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social''. Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova. 

Arriba  

A impostura e a desorientación na normalización lingüística

A impostura e a desorientación na normalización lingüística

Xosé Manuel Sarille

Candeia Editora

Xénero: Ensaio

124 p. ; 13,50 €

Ensaio que analiza as prácticas lingüísticas desenvolvidas en Galicia desde a instauración da democracia ata os nosos días, que "levaron ao fracaso da recuperación do idioma galego". Este atópase hoxe "na peor situación da súa historia", segundo asegura o autor, quen apunta que nin sequera os políticos nacionalistas do actual goberno teñen verdadeiro interese en que Galicia viva en galego.  

 

 

Arriba  

O ruido e a furia

O ruido e a furia

William Faulkner [trad. de Xurxo Borrazás]

Galaxia

Xénero: Narrativa

308 p. ; 19,40 €

"Escribir este libro foi para min como aprender a ler, coma se me achegase á linguaxe, ás palabras, co mesmo respecto e coidado de quen se achega á dinamita". Así describe William Faulkner (New Albany, 1897-Oxford, 1962) a súa experiencia con O ruído e a furia, a súa cuarta novela, publicada en 1929. A historia da ruína e decadencia da familia Compson, no Sur dos EUA, segue a representar para o lector de hoxe ese mesmo desafío, o da literatura como reinvención da linguaxe. Ao tempo, é un magnífico exemplo do pulo que posúe unha narración inspirada na vida, ese "conto contado por un idiota, cheo de ruído e de furia, que nada significa", segundo deixou dito Shakespeare en Macbeth.

Arriba  

Vanakkam Benvidas

Vanakkam Benvidas

V.V.A.A.

Implicadas / Galaxia

Xénero: Poesía

90 p. ; 10 €

 

Un libro e CD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) que recolle poemas de autoras tamiles (Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani) e galegas (Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez).

Para Implicadas/ os no Desenvolvemento este libro resume en forma de poesía unha maneira de traballar para cambiar o mundo na que nos levamos esforzando xa durante dez anos. A nosa organización traballa dende a súa fundación en 1998 a prol dun mundo onde a cidadanía do norte en xeral e galega en particular entenda a súa incidencia directa sobre a vida de millóns de persoas que viven na pobreza extrema. En todo este tempo,son moitas as pontes e as vías de acción que levamos establecidas, pero se dúas cousas nos caracterizan ademais especialmente son o noso compromiso de xénero e o noso afán por implicar a cultura neste proceso como parte fundamental do cambio. As poetas tamiles que participan neste libro son tamén unha voz que racha cos estereotipos occidentais sobre “a muller india”. Son voces rotundas, libres e liberadoras que ao poñerse en harmonía coas nosas poetas galegas fan que o berro transcenda as fronteiras nun auténtico afán de sonoridade.  

Arriba  

Novelino

Novelino

Anónimo [trad. de Moisés Barcia]]

Rinoceronte Editora

Xénero: Narrativa

114 p. ; 14 €

Estamos ante unha das primeiras obras en prosa elaboradas nun vulgar italiano, concretamente florentino, escrita a finais do século XIII, presumiblemente entre 1281 e 1300. Do seu autor ou autores nada sabemos que non sexa o deducido a través da propia obra, é dicir, unha posible filiación burguesa e unha presumible orixe florentina.

O conxunto dos contos presenta como denominador común a súa brevidade e o seu estilo lineal. Entre os protagonistas dos contos podemos atopar heroes do mito ou da historia antiga (Hércules, Rei Arturo, Sócrates), cabaleiros das sagas medievais (Lanzarote, Meliadús, Tristán, Merlín), reis bíblicos (David e Salomón, e ata o mesmo Deus) e históricos (Alexandre Magno, Traxano, Federico ii), ó lado de individuos medios, historicamente ben caracterizados e en absoluto idealizados, como o mestre Taddeo de Boloña, ou o florentino Migliore delli Abati. Por último, unha morea das persoas máis representativas dos estamentos máis populares e activos da vida cotiá florentina: xograres, xente da vila, mercadores, frades e confesores, mozos aprendices, etc., enchen as derradeiras páxinas do Novelino.

A súa laica exaltación do enxeño humano e do valor da intelixencia, o seu humor e o seu pragmatismo proporcionan unha lectura irónica e divertida. orixinal.  

Arriba  

Revista Grial

Grial 176

V.V.A.A,

Galaxia

Xénero: Publicación Periódica

144 p. ; 12 €

As profesoras María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinan un equipo de colaboradores que tratan o tema do sexo, a familia, a relación entre as culturas, a dependencia, a heterodoxia, os antigos mitos.., na que participan Lourdes Méndez, Raquel Osborne, Sara Barrón, Jorge Sacido, María Reimóndez e Xosé Manuel Buxán.

O sexo é un dos motores do mundo. Tamén da arte e da literatura. E da economía. E da organización social. O sexo pode ser transgresión ou sometemento, liberdade ou forma de escravitude, afirmación do ser e do individuo ou dependencia. ¿Cómo se manifestou ao longo da historia? ¿Como se manifesta na actualidade? ¿En que medida a nosa sociedade occidental é unha sociedade liberadora respecto doutras? ¿Que novas marcas impón nesta cuestión a postmodernidade?.

Arriba