Andel de Decembro
|
No andel do mes |
|
|
|
Organoloxía
|
|
Covalladas. Prosa vertical
|
|
Onte
|
|
Conservas
|
|
Feijoo, o galego e nós
|
|
O coitelo en novembro
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
|
|
Cos peitos desenchufados
|
|
Eloxio da ociosidade
|
|
Nocturnos
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Memoria de cidades sen luz
Inma López Silva Galaxia Xénero: Narrativa 340 p. ; 19 € |
Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia. Premio Blanco Amor 2007. |
|
|
|
|
|
|
|
construcións Eduardo Estévez Positivas Xénero: Poesía 58 p. ; 8 € |
A vitalidade do poemario, a ironía, a sorprendente visión do cotián, as dúbidas sobre o dia a día, a calidade narrativa dos poemas fan de construcións un poemario distinto na traxectoria de Eduardo Estévez.
|
|
|
|
|
|
|
|
A pesca tradicional nos ríos de Galiza Lois Ladra Sotelo Blanco Xénero: Ensaio 194 p. ; 16 € |
A enorme riqueza e diversidade do noso patrimonio marítimo e fluvial comeza a ser estudada de xeito sistemático e transdisciplinar pouco a pouco. Este traballo céntrase no estudo da pesca tradicional nos ríos galegos, desde o Miño até o Navia, pasando polo Ulla, Tambre, Ladra e Sil. Caneiros, pescos e pesqueiras conforman diversos tipos de arquitecturas vernáculas funcionalmente especializadas nas capturas de peixes migratorios que constituíron unha fonte alternativa de alimentos e excedentes nas economías campesiñas precapitalistas do noso medio rural. Ao longo de varios capítulos abórdanse diversas cuestións vinculadas á cultura pesqueira de tres comunidades ribeiregas: Portomarín, Herbón e Arbo. Logo de máis dunha ducia de anos de traballo de campo ofrécense os resultados preliminares dun amplo proxecto de investigación centrado no patrimonio da auga común a galegos e portugueses. Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2008. |
|
|
|
|
|
|
|
A batalla do paraíso triste Xosé Ramón Pena Xerais Xénero: Narrativa 264 p. ; 16,50 € |
Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d’ O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas –antigo oficial portugués– retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmão. A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, esperanzas e desenganos; de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que a ditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais. |
|
|
|
|
O xeito de Freud Carlos Lema Espiral Maior Xénero: Poesía 66 p. ; 14 €
|
Con O xeito de Freud Carlos Lema obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía no ano 2007. Carlos Lema (San Sadurniño, 1958) é editor. Entre 1989 e 2001 traballou en Sotelo Blanco Edicións e, desde o ano 2002, é director de edicións de Editorial Galaxia. Colaborou nos xornais Diario de Galicia e El Ideal Gallego, e no seu suplemento cultural Signos, ademais de na Revista das Letras de O Correo Galego, onde se encargou da crítica de literatura estranxeira. Interesado polas relacións entre as literaturas, escribiu o ensaio "Importación e exportación de textos literarios". Prologou e editou A ollada do desexo (Obra fotográfica 1933-1973), de Eduardo Blanco Amor. É membro do consello de redacción da revista Grial. Vive no barrio de Casablanca, en Vigo. |
|
|
|
|
|
|
|
A corpo aberto Manuel Rivas Xerais Xénero: Xornalismo 352 p. ; 18,50 € |
A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo “Indie”. Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente. Como no Ciprianillo, o popular libro dos tesouros ocultos, o lector non debe ler senón desler, do presente ao pasado, ao xeito do arqueólogo que se interna na caverna da España do Último Día. A segunda trata da “amnesia retrógada”, unha viaxe contra o esquecemento e unha denuncia do “complexo de Creonte” no que aínda se manteñen as elites máis influentes da dereita española. Na terceira, “A revolución do mar”, cóntanse, entre outras, dúas loitas que contribuíron a modificar a nosa conciencia medioambiental: a expedición do Xurelo á Fosa Atlántica e o “thriller” do caso Prestige. E, por último, na cuarta, “As Reexistencias”, unha sorte de historias naturais escritas cunha respiración alternativa, entre dor e humor. En todo caso, o propósito deste libro responde á idea que enunciou con encarnizada precisión Rodolfo Walsh: escribir é un avance laborioso contra a estupidez. |
|
|
|
|
A herdade que nós temos Suso Fernández Acevedo Universidade de Vigo Xénero: Investigación 198 p. ; ¿? € |
No libro faise un percorrido pola historia da prosa en galego do Eo-Navia analizando cada un dos períodos, desde os documentos medievais do mosteiro de Vilanova de Ozcos (século XIII) ata a actualidade. Cada apartado inclúe unha caracterización xeral e unha escolma de autores e textos.
|
|
|
|
|
|
|
|
A verdade como mal menor X. L. Martínez Pereiro Galaxia Xénero: Narrativa 132 p. ; 12,90 €
|
45 relatos breves dotados dun humor cómplice e dunha fina ironía e adobiados cun erotismo atrevido. A verdade como mal menor xoga coa literatura e coa cultura, xunta fontes eruditas certas con outras falsas, fai esvaerse a fronteira que separa ficción e realidade, é un engado para a imaxinación do lector. Narrativa que induce á participación, que busca un lector activo e esperta o enxeño. Un libro que provoca o sorriso e escorrenta a compracencia. Premio de Narrativa Breve Repsol 2008.
|
|
|
|
|
O Globo de Shakespeare Jaureguizar Xerais Xénero: Narrativa 216 p. ; 16,50 € |
Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes d’ O Globo de Shakespeare. O achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asulagará os seus soños e as súas vidas. O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cuna apoteósico final tráxico.
|
|
|
|
|
|
|
|
Mosteiros de Galicia na Idade Media Francisco Javier Pérez Rodríguez Deputación de Ourense /Caixa Galicia Xénero: Investigación 344 p. ; 35 € |
Esta obra, en coidada edición, recolle en total 153 mosteiros dos que 31 son priorados. Son todos os cenobios dende a reforma gregoriana do ano 1100 acabando coa reforma da observancia no século XV. Están clasificados en oito categorías: mosteiros benedictinos masculinos, benedictinos femininos, priorados cluniacenses, cenobios cistercienses, priorados agostiños, mosteiros de ordes militares, abadías seglares rurais, seglares urbanas e colexiatas.
|