índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Abril


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Antoloxía dos poetas galegos en Cuba

 

 

 

 

 

 

 

O segundo sexo

 

 

 

 

 

 

Laxeiro

 

 

 

 

 

 

Plan de fuga

 

 

 

 

 

 

Álbum de guerra. Canteiros da Terra  de Montes no exército popular da República

 

 

 

 

 

 

Fin de século en Palestina

Incertos

Vento de sal

Na nosa lyngoage galega

A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 O frío azul

O frío azul

 

Acendede as almenaras

Acendede as almenaras

 

 Quero ser presidente

Quero ser presidente

 

Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta

Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle segreda

 

O xiro postal

O xiro postal

 

Valle-Inclán inédito

Valle-Inclán inédito

 

 Saudade

Saudade

 

 A pega rabilonga

A pega rabilonga / Os ruíns

 

Matádeo mañá

Matádeo mañá

 

 O de Millarengo

O de Millarengo

 

 

ANTERIORES

xullo 08

xuño 08

maio 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Antoloxía dos poetas galegos en Cuba

Antoloxía dos poetas galegos en Cuba

Xosé Lois García

Toxosoutos

Xénero: Poesía

294 p. ; 9,62 €

Nesta antoloxía de poetas galegos en Cuba presentamos a catorce dos devanditos. Homes que tiveron a Galiza como referencia e fundamento dunha paixón patriótica que se manifestou ne reiterada saudade que eles escolleron para o seu cántico. Devesa Naveiro, Curros Enríquez, Armada Teijeiro, García Acuña, Lugrís Freire, Núñez Sarmiento, Nan de Allariz, Ramón Cabanillas, Vidal Pita, Blanco Torres, Rubinos Ramos, Sigüenza Reimúndez, Vázquez Rábade e Neira Vilas.

Arriba  

O segundo sexo

O segundo sexo

Simone de Beauvoir [trad. de Marga Rodríguez]

Xerais de Galicia

Xénero: Ensaio

464 p. ; 22 €

Hai libros que nos acompañan moito tempo despois de telos lido. Que abren camiños para o pensamento permanecendo vivos anos despois da súa primeira publicación. Este é o caso d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir, un texto imprescindible para os movementos de mulleres e a primeira reflexión filosófica de calado sobre a construción da condición feminina. Unha obra, publicada en 1949, que abriu debates sobre temas claves para o avance das mulleres, nomeadamente, a importancia da súa independencia económica, a redefinición do seu papel nas familias e na sociedade, a deconstrución da mística da maternidade ou a capacidade de decisión das mulleres sobre o seu propio corpo e da súa vida. Deixou claro que a bioloxía non é o destino. E, polo tanto, deu azos a moitas xeracións de mulleres para buscar formas para participar e transformar a vida social e política. A obra Beauvoir ten a virtude de ser contemporánea moitos anos despois. E agora a súa edición en galego, traducida por Marga Rodríguez Marcuño e introducida por África López Souto, no ano do centenario do seu nacemento apunta nesta mesma liña. As nosas letras enriquécense cun texto fundamental para a humanidade que xerou unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países.

 

Arriba  

Laxeiro

Laxeiro. O eu de Xosé Otero Abeledo

Mª Celia Ameneiro Bravo

Ir Indo

Xénero: Biografías

64 p. ; 13 €

Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, é unha das grandes referencias do mundo da pintura galega do século XX e de todos os tempos. Autor dunha obra única e dunha calidade indiscutible, creou un universo propio formado por uns personaxes carnavalescos, mitolóxicos, fantásticos, ás veces incluso deformados, aínda que non esqueceu as representacións de rotundas maternidades e de retratos, nos que a personalidade do retratado  parece saír do lenzo ou do papel, sen esquecer os seus autorretratos e os debuxos que realizaba nun mantel, nun anaco de papel ou onde puidese.

Laxeiro, a alma da pintura galega no século XX.

Arriba  

Plan de fuga

Plan de fuga

Alberto Lema

Estaleiro Editora

Xénero: Poesía

68 p. ; 6 €

Alberto Lema milita na impureza, no centro dun lugar que non é España. Un lugar onde unha perna tapa a outra. E para vir a xunta min. E que me dixo o teu pai. A orquestra toca ao fondo música popular e, sen esconcentrarse, Lema escribe como un poeta clásico. Porque tivo o bo gusto de elixir a vangarda para a vida. Miguel Mosquera resumiuno nunha imaxe afiada: 'épica da experiencia'. Estou de acordo.

(María do Cebreiro).

 

Arriba  

 

Álbum de guerra

Álbum de guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República

Rogelio Arca Vilas e Dionísio Pereira

Difusora

Xénero: Recuperación da memoria histórica

72 p. ; 15 €

Aqueles vellos negativos que Rogelio puido salvar da derrota republicana xunto cun diario que apreciaba tanto como a propia vida, chegaron a nós 70 anos despois, algúns deles moi deteriorados polos fungos e a humidade, pero conservados dabondo como para dar testemuño perdurabel do compromiso daqueles traballadores da Terra de Montes cunha II República que recibiran con grande esperanza e que cumpríu defender coas armas, arriscando a vida. Hoxe, aos seus 94 anos, mercé á nunca desmentida lealdade de Rogelio Arca cos ideais liberadores, o exemplo xeneroso e rebelde daqueles homes de rexa feitura xa formará parte, pese a quen pese, dos sinais de identidade destas terras dabondo estragadas polo caciquismo de vella e nova fasquía. 

Arriba  

Fin de século en Palestina

Fin de século en Palestina

Miguel-Anxo Murado

Galaxia

Xénero: Narrativa

368 p. ; 18,5 €

En 1998 o escritor Miguel Anxo Murado foi a Palestina enviado polas Nacións Unidas.

Permanecería alí cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómicas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo a presenciar atentados e bombardeos pasando por ser o portavoz oficial durante a visita do Papa. Fin de século en Palestina é o relato autobiográfico daquela experiencia persoal na paz e na guerra, un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia. 

Arriba  

Incertos

Incertos

Antón Dobao

Xerais

Xénero: Narrativa

152 p. ; 15,25 €

Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realidade habita outras dimensións. Nestes relatos, as personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus actos, cos seus desexos e os seus temores, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas. Para o lector, o inesperado accede en toda a súa naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agromar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: a necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as múltiples faces do poder. 

Arriba  

Vento de sal

Vento de sal

Xosé María Álvarez Cáccamo

Galaxia

Xénero: Poesía

112 p. ; 11,5 €

 

Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos.

Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.

Arriba  

Na nosa lyngoage galega

Na nosa lyngoage galega

Ana Isabel Boullón Agrelo [coord.]

USC/Consello da Cultura Galega

Xénero: Ensaio

671 p. ; 15 €

Nesta obra reúnese unha selección de traballos tendentes a clarificar as condicións da emerxencia da lingua galega nos textos escritos na Idade Media. Os enfoques son interdisciplinares, pois fanse non só desde a lingüística, senón tamén desde outras órbitas necesarias, como a historia, a paleografía e as condicións culturais. Ademais, están enmarcados no contexto da Península Ibérica, polo que se ten en conta tamén a situación dos outros romances peninsulares, pois o ocorrido en Galicia non foi un feito illado, senón que tivo as súas raíces no seu contorno europeo. A panorámica global vese completada por estudos particulares sobre diversos aspectos da situación galega.

Arriba  

A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos

A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos

Washington Irving

Urco Editora

Xénero: Narrativa

196 p. ; 12,95 €

Esta escolma recolle algúns dos títulos máis coñecidos de Washington Irving, como o xenial Sleepy Hollow, levado ao cine por Tim Burton, Rip Van Winkle ou O espectro do noivo.

Todos os relatos reunidos neste libro teñen o denominador común de trataren sobre pantasmas, aparecidos e espectors, unha das temáticas máis socorridas polos autores románticos como Irving.

 

Arriba