Andel
|
No andel anterior |
|
|
|
30 gramos
|
|
Cartafol de néboas
|
|
Un último destino
|
|
A segunda república en Galicia. Memoria, mito e historia
|
|
O Gran Saber
|
|
A estrada
|
|
Luz de tebra
|
|
Ayes de mi país
|
|
No fío da navalla e outros poemas
|
|
Os milagres de Amil
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
O concello de Celanova durante a Segunda República (1931-1936)
Domingo Rodríguez Teijeiro Ir Indo Xénero: Investigación 220 p. ; 22 € |
O Concello de Celanova durante a Segunda República (1931-1936). E un estudio da xestión desenvolvida polo concello durante os anos da república. Analízase a acitividade política e os grupos políticos que compoñen á corporación, a repercusión da súa xestión na vida do concello a través, especialmente da creación de importantes infraestructuras, algunas das cales teñen chegado ó presente. Préstase atención desta institución de carácter local coa política nacional e os cambios que significa a instauración da República, de xeito que se estudia o impacto da política laicista, da política educativa ou, especialmente nos meses da Fronte Popular, a tensión política existente.
|
|
|
|
|
|
|
|
Dez
Andrej Longo [Trad. de María Cristina González Piñeiro] Rinoceronte Xénero: Narrativa 152 p. ; 14 € |
Dez, como os mandamentos. Unha historia por cada imposición bíblica. Esta novela en forma de relatos retrata de preto as múltiples e dolorosas situacións límite que teñen lugar no contexto pechado e claustrofóbico dos suburbios de Nápoles. Un microcosmos enfermizo, conformado por canellas escuras, especulación atroz e esperanzas truncadas, onde as primeiras leis de convivencia humana parecen subsistir a modo de mera burla cruel. Andrej Longo encárgase de trazar o mapa da dor, da violencia, das condicións degradadas de vida, en que o ser humano resulta somerxido e esmagado pola miseria que contribúe a producir.
|
|
|
|
|
|
|
|
O burato do inferno
José Manuel Trigo (Texto) e Ramón Trigo (Ilustracións) Faktoría K Xénero: Novela gráfica 104 p. ; 16 € |
A Guarda,
Galicia, ano 1858. Xosé recibiu un día a chamada
de don Elías, o párroco, para que o acompañara
visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana.
Aínda que Xosé desprezaba o moribundo, non podía negarse a aquela petición. O seu pai, Benito o Lindo, era un home endurecido pola miseria e a fame, que abandoara a súa muller cando quedou embarazada. Durante un tempo foi raqueiro e contrabandista na fronteira con Portugal; despois desapareceu. Xosé non tivo noticias súas ata que comezou a enviarlle cartos para a súa manutención. Trala morte da súa muller, Benito fíxose cargo dos gastos do seu fillo ata que este puido valerse por si mesmo. Mentres se achegaba á illa, Xosé tivo un estrano presentimento...
|
|
|
|
|
|
|
|
A vila das ánimas
Jorge Emilio Bóveda Toxosoutos Xénero: Narrativa 190 p. ; 13 € |
Xan Ferreira, entusiasta lector de sesenta e pico anos, dirixe o seu coche vello nunha noite de trebón cara a casa da súa ex dona para recoller a última caixa de libros tras ter consumado o proceso de divorcio. Detén o coche preto da súa aldea de orixe para pensar, reflexionar e tentar recapacitar a súa actitude coa súa dona e coa súa filla sen ser consciente de que está a piques de vivir a noite más extraña da súa existencia. Unha experiencia entre dous mundos chamados Quintela do Pombal: o mundo da aldea de antes e o mundo da aldea de agora.
|
|
|
|
|
Xoguetes póstumos
Emma Pedreira Caldeirón Xénero: Poesía 59 p.
E alentar na túa rosa
Paco Souto Caldeirón Xénero: Poesía 34 p. 10 € os dous libros
|
Xoguetes póstumos de Emma Pedreira foi a obra gañadora do III Premio Illas Sisargas de Poesía Erótica, convocado pola Asociación Caldeirón coa colaboración do concello de Malpica de Bergantiños. A obra E alentar na túa rosa, de Paco Souto, foi merecedora do accesit. Distribúense os dous libros de forma conxunta. |
|
|
|
|
|
|
|
Os libros prestados
Xavier López López Galaxia Xénero: Narrativa 144 p. ; 13,50 € |
Para o autor non se trata de saber se os libros nos fan libres ou se, pola contra, son unha condena, o importante son as historias que, sen estar contadas neles, os libros nos obrigan a vivir. Os protagonistas dos catro relatos de Os libros prestados non son os libros, senón os lectores. O que agochan as vidas dos que len. A historia dun catedrático de literatura que sobreviviu a unha matanza misteriosa na Segunda Guerra Mundial ou a dun guionista dominado pola obsesión de devolver personalmente aos seus donos todos os libros que algún día lle prestaron.
|
|
|
|
|
Historia de Ourense. A cidade das pontes e os camiños
Xosé Somoza Medina Duendebux Xénero: Investigación 256 p. ; 30 € |
A historia dunha cidade pode ser abordada desde diferentes perspectivas. O obxecto deste libro é narrar a evolución de Ourense a través dun relato ameno e dinámico, onde a sucesión de imaxes ten tanta importancia como o propio texto. Desde as aras romanas, pasando polos documentos medievais ou as fotografías antigas, ata chegar aos planos que marcan a cidade do século XXI, as imaxes forman unha segunda lectura que acompaa ao texto central, axudando a entender con maior claridade a lóxica que se esconde no devir dos tempos.
|
|
|
|
|
|
|
|
Costa necrópole. Escenarios para deslembrar
Mariña Pérez Rei Toxosoutos Xénero: Narrativa 100 p. ; 9 €
|
En Costa Necrópole. Escenarios para deslembrar Mariña Pérez Rei relata a historia dun rapaz de África que busca unha nova vida en Europa. Obra gañadora do IX Certame Literario Antón Avilés de Taramancos.
|
|
|
|
|
Pan pros crocodilos
Calros Solla Barbantesa Xénero: Poesía 100 p. ; 10 € |
Poemas zurrichados, zarrapicados polo papel para que ningún galego naza sen lingua, para cantar o pai que foi libre na terra labrada, para ceibar todo o que non pode vivir escravizado, bombardeado ou violado: o idioma, pero tamén as denosiñas, o amor, o mar batendo na praia. Cunha ironía que xa é marca da casa, o autor que enviou a súa liñaxe a bordo dunha balsa estelar en Cerdedo in the Voyager I volve dirixir a punta do seus versos cara á moral dos opresores e contra os que trafican co opio da relixión. Máis que queixarse, este novo libro de Calros Solla protesta, xura e resiste. A súa rebelión palia a fame e quítalles as armas das mans aos nenos para pór nelas unha boa cunha de colacao.
|
|
|
|
|
|
|
|
Motín na Bounty
John Boyne [Trad. de Carlos Acevedo] Faktoria K Xénero: Narrativa 480 p. ; 22 €
|
Era unha vez un cabaleiro, un tipo alto con aire de superioridade, que tiña por costume baixar ao mercado de Portsmouth o primeiro domingo de cada mes co fin de aprovisionar a súa biblioteca. Eu recoñecíao polo coche en que o seu criado o traía. Era da cor máis negra que se podía imaxinar, mais estaba rematado no alto por unha fileira de estrelas prateadas, coma se o home tivese interese nun mundo alleo ao noso. En 1787, ao mando do capitán William Bligh, a fragata Bounty parte cara a Tahití. O Almirantado británico encargáralle recoller árbores do pan para transplantalas nas colonias do Caribe. Tratábase de conseguir un produto económico para alimentar os escravos das illas que recollían cana de azucre. Bligh era un experto en navegar polo Pacífico; xa o fixera ás ordes do lendario capitán Cook. Como en todas as penosas travesías daquela época, a tripulación tiña por diante unha dura e longa viaxe.
|