|

Outro
mundo é posíbel: o reino da necesidade de Vandana
Shiva
Anna
Cervera I Iglesias
Baía
Edicións
Xénero:
Ensaio
112
p. ; 9 €
|
Hai moitas e diversas maneiras xa de achegarse, xa de profundar na reflexión
sobre a crise ecolóxica ou a globalización en xeral, ou, máis en concreto, sobre
a enxeñería xenética, a biotecnoloxía, a produción e a reprodución, o libre
comercio, a pobreza, a saúde, a alimentación. Unha das mellores vías en tanto
que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o
pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana Shiva, de aí que comece por
subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que
contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas,
coñecidas e recoñecidas, a nivel mundial, tanto desde o feminismo como do
ecoloxismo ou dos movementos alterglobalización. As razóns para introducírmonos
na súa visión abondan. A súa formación científica, o ser unha voz do Sur, o seu
compromiso práctico cos pobres da terra e, nomeadamente, coas mulleres, presente
e patente nos seus textos e nas súas intervencións en distintos foros
internacionais, fornecen a crítica a un desenvolvemento e crecemento económico
xerador de desigualdade, pobreza e degradación do mundo natural, tanto a nivel
local como global. Un pensamento e unha práctica que responde con contundencia
ao que se xulga como un "mal desenvolvemento" e que, pola contra, adoita unha
perspectiva de subsistencia, aquela que parte das necesidades fundamentais da
vida.
|
|

O
soño da febre
Miguel-Anxo
Murado
Editorial
Galaxia
Xénero:
Narrativa
154
p. ; 12 €
|
Este libro ten un personaxe singular: a febre. A febre como personaxe, como
metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.
Partindo
dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), Miguel Anxo Murado
vai presentando unha galería de historias sorprendentes, as veces oníricas, ás
veces simbólicas e sempre presididas pola pantasma da febre. Na liña de Memoria
de derribos, o autor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun
libro no que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións coa
historia principal.
|
|

Un
alpendre de sombra e de luar: A Historia literaria da Diócese
de Mondoñedo-Ferrol
Félix
Villares Mouteira
Biblos
Xénero:
Ensaio
724
p. ; 18 €
|
Desde Antón María de Castro e Neira (1771-1826) ata os máis novos –Camilo
Valdehorras e Xosé María Artiaga Díaz–, pasando por nomes tan importantes como
Nicomedes Pastor Díaz, Noriega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño, Crecente Vega
e Díaz Castro, máis de medio cento de poetas formados na chamada Escola poética
do Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo ou Escola Literaria Diocesana
aparecen no traballo de investigación levado a cabo ao longo de varias décadas
por Félix Villares Mouteira que agora Biblos dá á luz. É unha
investigación desde a perspectiva dun estudoso que soubo ver con especial
lucidez o sentido último desa poesía impagable, dotada duns rasgos comúns a
todos os seus autores que son os que permiten falar de escola literaria –de gran
escola literaria– no máis amplo dos sentidos do termo.
Uns versos de
Iglesia Alvariño dan título á antoloxía de máis de setecentas páxinas na que
aparecen tan só os poetas que se expresaron en lingua galega, presentando os
textos escolmados precedidos dunhas notas biográficas de cada autor.
A Escola Literaria
Diocesana ten como alicerce os poetas formados no Seminario, aínda que pertencen
a ela outras figuras da nosa lírica coma Cunqueiro ou Díaz Jácome, nos que tamén
influiron de forma decisiva os seus profesores e as tertulias mantidas cos
seminaristas na barbería do Pallarego.
|
|

Benquerida
catástrofe
Teresa
Moure
Xerais
de Galicia
Xénero:
Narrativa
230
p. ; 16 €
|
Adam Cairbough, coincidindo coas visitas frecuentes á consulta do doutor
Castiñeira para tratar os seus problemas de pel, decide separarse de Eva, á
muller que ama desde que chegou a Galiza. As vidas de Adam e Eva veranse
sorprendidas por un cambio inesperado, que vai derrubar todo aquilo que xulgaban
estábel, e definir quen é cadaquén. Esta nova novela de Teresa Moure, tras o
éxito rotundo de "Herba moura", propón a quen le unha indagación sobre esoutro
sexo que levamos dentro. Velaquí unha ficción trepidante que, xogando coa
indivisibilidade dos números primos, cuestiona a identidade como algo inherente
aos corpos. A reconstrución da súa identidade sexual converte as personaxes en
seres máis felices, que procuran algo que ficara oculto na cotidianeidade e que
rematan por descubrir ao se espiren para nós.
|
|

Liberalismo
económico y social de Joaquín Díaz de Rábago
(1837-1898)
Susana
Martínez Rodríguez
Fundación
Pedro Barrié de la Maza
Xénero:
Ensaio
412
p. ; 25 €
|
Joaquín Díaz de Rábago posíbelmente
sexa o economista máis destacado da segunda metade do
século XIX en Galicia. A traxectoria intelectual do autor
evolucionou desde un claro liberalismo económico ata
posicións eclécticas onde ademais son identificables
nítidos influxos do catolicismo social, o krausismo,
o cooperativismo e tamén un vago historicismo. Desenvolveu
unha intensa actividade ao amparo da Sociedade Económica
de Santiago, cidade que recoñeceu a súa valía
e concedeulle moitos cargos oficiais
|
|

Alvarellos:
30 anos de edición en Galicia
Henrique
Alvarellos Casas [coor.]
Alvarellos
Editora
Xénero:
Referencia
148
p. ; 17
€
|
Volume conmemorativo dos trinta anos de existencia dunha das editoriais máis
veteranas do país: Alvarellos Editora. Empresa familiar e independente creada en
Lugo por Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en maio de 1977.
Trinta
e tres autores –escritores, xornalistas, editores, libreiros, profesores,
promotores culturais, etc– reflexionan nesta obra sobre o libro galego e o mundo
da edición en Galicia dende a Transición ata hoxe, e homenaxean, a un tempo, a
figura irrepetible do fundador de Alvarellos Editora.
O libro conta así
mesmo co estudo introdutorio “Notas para unha historia do libro en Galicia,
1966-2007”, onde o actual editor da empresa, Henrique Alvarellos Casas, leva a
cabo un percorrido cronolóxico sobre os feitos máis sobranceiros deste proxecto
editorial.
Finalmente, unha galería gráfica mostra, en fotografías,
recortes de prensa e documentación varia, a xestación desta empresa e os seus
trinta primeiros anos de vida.
|
|

Manual
do misántropo
Xosé
Antón Cascudo
Espiral
Maior
Xénero:
Poesía
64
p. ;13 €
|
Xosé Antón Cascudo (Guitiriz, 1976) é licenciado en Historia da Arte pola
Universidade de Santiago de Compostela. Rematou os cursos de doutora- mento no
departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da mesma universidade.
Actualmente traballa nunha tese sobre o cineasta ruso Alexander Sokurov. O
presente libro, Manual do misántropo, que foi galardoado co I Premio Gzcrea de
Poesía 2006, é a súa primeira obra publicada, aínda que con anterioridade obtivo
varios galardóns de poesía e narrativa.
|
|

A
vangarda da presenza e outros escritos colectivos situacionistas
Xesús
González Gómez
Edicións
Laiovento
Xénero:
Ensaio
210
p. ; 20 €
|
"Non se trata de pór a poesía ao servizo da revolución, senón de pór a
revolución ao servizo da poesía. É soamente así que a revolución non traizoa o
seu propio proxecto. Non reproduciremos o erro dos surrealistas que se puxeron
ao seu servizo precisamente cando xa non existía", podía lerse no número 8 da
revista Internationale situationniste. É, sen dúbida, e até nova orde, despois
do surrealismo no seo da Internacional situacionista que se encontra máis
claramente a vontade de vincular revolución estética e revolución política.
Raoul Vanegeim, en 1967, escribiu: "Os situacionistas reivindican plenamente a
herdanza surrealista, rexeitando repetir os seus erros e principalmente a
recuperación da arte surrealista pola sociedade burguesa". O desexo, a paixón, o
xogo son os elementos que permiten revolucionar a arte para que a creación
artística sexa obra de todos. Se o proxecto é moi semellante, as modalidades de
realizalo son diferentes. A revolución estética dos surrealistas alicérzase na
poesía e a pintura, mentres que para os situacionistas pasa pola irrupción da
estética na vida cotiá a través da práctica da "deriva", a construcción de
"situacións", un novo urbanismo... Mais se os situacionistas evitaron o escollo
da recuperación que coñeceu a arte surrealista, non é, como subliña Susan Rubin
Suleiman, ao prezo do abandono da compoñente estética do seu dobre proxecto
inicial. A evolución do movemento mostra que os situacionistas consagraron o
esencial da súa actividade a unha reflexión exclusivamente política. E a
disolución, en 1972, da Internacional situacionista significa o abandono do
proxecto político".
|
|

No
imo do tempo
Xosé
Lois García
Toxosoutos
Xénero:
Poesía
200
p. ; 8 €
|
O novo verso de Xosé Lois García aspira a ser unha reflexión sobre un sentimento
que traspasa todos os poemarios do autor e constitúe o eixo central da súa
poética.
Estamos a referirnos ao sentimento exílico que alenta por toda a
obra deste autor. Móstranos outra forma, xa canónica, de exilio: a de aquelas
persoas que sentíndose arredadas dos horizontes familiares, despatriados,
refúxianse na súa propia conciencia para crear mentalmente, literariamente, unha
patria e unha terra.
A poesía de Xosé Lois non é allea a este sentimento de
orfandade que vai na procura dun fogar inexistente e que se ve na obriga de
construílo por medio da palabra, da escritura.
|
|

Ramón
Martínez López
X.
Amancio Liñares Giraut
3c3
Editores
Xénero:
Biografía
124
p. ; 14 €
|
O de Ramón Martínez López é un nome fundamental entre os
daqueles que posibilitaron o nacente pensamento e praxe galeguistas do século
XX, que tanto e tan bo labor fixeron en defensa e en prestixio da cultura, da
lingua e da identidade de Galicia como nación. Abonde con dicir que estamos a
falar dun dos fundadores do meritorio Seminario de Estudos Galegos, catedrático
de bacharelato, profesor universitario, escritor, agregado cultural na embaixada
española en Lisboa, membro do histórico Partido Galeguista e, como consecuencia
de tanta valía, ilustre exiliado, neste caso nos EE. UU., onde apreciaron a súa
formación e maxisterio acolléndoo e aprendendo del nas súas aulas como profesor
da Universidade de Texas. Cando volveu entre nós seguiu comprometido con
Galicia, en diversas frontes e ata o final dos seus días. Incorpora un limiar de
Xosé Deira Triñanes
|