índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Xullo


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Ferrín e outras historias

 

 

 

 

 

 

 

Ocaso Otero

 

 

 

 

 

 

Em transito

 

 

 

 

 

 

Eidos do xornalismo

 

 

 

 

 

 

Madia Leva!

 

 

 

 

 

 

Os poetas de Vigo cantan á poesía

Trinta e dous dentes

Enderezo descoñecido

Guerra Civil en el Baixo Miño

A Galicia Celta

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Ferrín e outras historias

Ferrín e outras historias

Santiago Lamas Crespo

Ediciós do Castro

Xénero: Ensaio

245 p. ; 12.50 €

En "Ferrin e outras historias", Santiago Lamas reúne os seus xa característicos feixes de notas en tres ensaios sobre tres intere- santes temas. En Volverse contra sí reflexiona sobre o suicidio en xeral e na narrativa de Méndez FerrÍn. En Nunca chegarás a nada escribe sobre un dos grandes autores de cómics, Hugo Pratt, e sobre o seu personaxe máis emblemático e popular, o mariño Corto Maltés. En De homes, lobos e lobishomes trata sobre personalidades múltiples, asasinos en serie e sobre Manuel Blanco Romasanta, o famoso lobishome galego
.

 

Arriba  

Ocaso Otero

Ocaso Otero

Manuel Guede Oliva

Xerais de Galicia

Xénero: Teatro

72 p. ; 12.50 €

“Son moitos os nomes de destacados artistas seducidos polo magnetismo persoal da Bella Otero. Cando un se embosca na lectura gañadora da obra gañadora do XVº Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais de 2006 da autoría de Manuel Guede Oliva, acerta a comprender os porqués destes afervoados comentarios. Ocaso Otero esconde a un dramaturgo sublimado. A súa fascinación pola materia que modela céntrase, sobre todo, na relación de amor odio que unía á diva a Galicia, polo que enmarca a súa proposta literaria no regreso imposible ao país do personaxe. O lector ten a sensación de estar ante un deses libros que locen vitola de clásico antes de saír do prelo. Tanto no formal coma no conceptual, a resolución dramática é dende o punto de vista estrutural dunha eficacia e sinxeleza notables. Deseñada en clave metateatral, o personaxe da Bella Otero enfróntase a un proceso de reconciliación consigo mesma e co país que a viu nacer. Malia ser un texto teatral, é unha lectura que se significa tanto dentro coma fóra dun escenario, un exercicio literario dos que sen ningún xénero de dúbidas axuda a dignificar a pretensión de construír unha dramaturxia con maiúsculas. “ Xosé Lueiro

 

Arriba  

Em tránsito

Em   tránsito

Raquel Miragaia

Difusora

Xénero: Narrativa

96 p. ; 13 €

Nove personagens em tránsito noutros tantos relatos curtos. Personagens que se movem estranhadas dentro dumha lógica do mundo que, a maior parte das vezes, nom compartem nem compreendem. Rodeadas dum entorno que os agride, construem as suas próprias ilhas para viverem em segurança, ou, no seu defeito, em simulacro de segurança. E quase sempre conseguem impor-se sobre o mundo porque, afinal, a realidade nom é como é mas como somos.
A autora apresenta-nos no seu segundo livro pessoas desorientadas que habitam espaços nom pensados para elas. A cidade anónima é um cenário silencioso mas que pesa em excesso sobre os ombros das que nela habitam.

 


Arriba  

Eidos do xornalismo

Eidos do xornalismo

Carlos G. Reigosa

Galaxia

Xénero: Ensaio

262 p. ; 20 €

 

¿Acabáronse os xornalistas? ¿Substituídos por que? A tecnoloxía, cada vez máis requintada, e os procesos de produción da información, enmarcado todo na sociedade da globalización e os intereses das grandes compañías, configuran un panorama complexo, mais tamen apaixonante.

 

 

 

 

Arriba  

 

Madia Leva!

Madia Leva!

Antón Grande

Alvarellos Editora

Xénero: Narrativa

135 p. ; 13.90 €

Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan o abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York.

Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que podería ser o noso propio existir.

Pé da prosa emerxen, poderosas, as ilustracións sempre a contrafío de Quique Bordell.

“Antón Grande é un autor para ler contra a noitiña –afirma Xosé de Cora no seu limiar–; díría máis, é un autor para ler nun establecemento público, ao carón dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguén que xamais chega”.

 

 

 

 

Arriba  

Os poetas de Vigo cantan á poesía

Os poetas de Vigo cantan á poesía

V.V.A.A

Ediciones Cardeñoso

Xénero: Poesía

63 p. ; 8 €

"O acto de creación ten sempre algo de misterioso. Sacar da nada algo, de onde non había, realidades novas, semella case que que un poder de druídas. Mais a escrita consiste no básico nese tipo de exercicio máxico: do folio en branco -evolucionemos de vez: da pantalla branca do ordenador- extraer palabras. Pero non calquera clase de palabras. Para o caso deste libro que agora tes nas mans, aos druidas pedíuselle que sacasen poesía.

Ou sexa, beleza.

Neste volume que vas comezar a ler participa moita xente. Desde autores cunha sólida traxectoria literaria a xente que escribe só polo pracer de facelo, pasando por artistas plásticos que se estrean como literatos e algún que outro home de empresa infectado pola rima. Ou o que é o mesmo: a demostración de que a palabra poética dáse a todos por igual, que a beleza maniféstase na boca de quen sabe invocar. Iso é a poesía. O filósofo Hans-Georg Gadamer dicía que o poeta fala sempre en voz baixa. Escoitarás as voces de todos os druídas que habitan entre as súas palabras." Francisco Castro

 

Arriba  

Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Xabier López López Cascudo

Galaxia

Xénero: Narrativa

296 p. ;15.50 €

 

Finalista Premio Torrente Ballester 2006
Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.

 

 

Arriba  

Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido

Kressmann Taylor

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

p. ; 11.40 €

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez. Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como “a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma”.

Arriba  

Guerra Civil en el Baixo Miño

Guerra Civil en el "Baixo Miño"

Generoso Álvarez Seoane

Ediciones Cardeñoso

Xénero: Historia

170 p. ; 18 €

Lo ocurrido en la Segunda República y en la Guerra Civil ya es historia. Con la perspectiva de más de sesenta años, se relata en este libro algo de lo visto y vivido. Fue propósito especial del autor intentar la más absoluta veracidad en los relatos a fin de que fuera útil su aportación. Parte de lo aquí descrito, ha sido conservado a lo largo del tiempo en anotaciones breves, pero muy concisas. Ahora parece llegado el momento de sacarlas a la luz. Se ha procurado hacer poco uso de otras informaciones que no fueran el conocimiento directo de los hechos, en cuya interpretación, sitúa el autor la objetividad po encima de apreciaciones personales.

 

Arriba  

A Galicia Celta

A Galicia celta

Antonio Balboa Salgado

Edicións Lóstrego

Xénero: Ensaio

309 p. ; 19.95 €

O de Ramón Martínez López é un nome fundamental entre os daqueles que posibilitaron o nacente pensamento e praxe galeguistas do século XX, que tanto e tan bo labor fixeron en defensa e en prestixio da cultura, da lingua e da identidade de Galicia como nación. Abonde con dicir que estamos a falar dun dos fundadores do meritorio Seminario de Estudos Galegos, catedrático de bacharelato, profesor universitario, escritor, agregado cultural na embaixada española en Lisboa, membro do histórico Partido Galeguista e, como consecuencia de tanta valía, ilustre exiliado, neste caso nos EE. UU., onde apreciaron a súa formación e maxisterio acolléndoo e aprendendo del nas súas aulas como profesor da Universidade de Texas. Cando volveu entre nós seguiu comprometido con Galicia, en diversas frontes e ata o final dos seus días. Incorpora un limiar de Xosé Deira Triñanes 

 

Arriba