índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

                        

 

 

Andel de Xaneiro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

A medición do mundo

As mascaras de cronos

Cataventos de neutróns domésticados

Decamerón

unha soidade demasiado ruidosa

Os sons da Braña

Feismo

protoevanxeo do neto de herodes

Seis ferroláns

vivir na historia

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 Chuvia mansa

Chuvia mansa

 

A pensión Eva

A pensión Eva

 

 Vidas exemplares

Vidas exemplares

 

Galicia en guerra

Galicia en guerra

 

A Casa dos Encontros

A casa dos encontros

 

Amor en feminino

Amor en feminino

 

 Serodio amor

Serodio Amor

 

 Os cabaleiros petan nas portas da literatura

Os cabaleiros petan nas portas da literatura

 

O libro das fontes

O libro das fontes

 

 Labregos no franquismo

Labregos no franquismo

 

 

 

ANTERIORES

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

A medición do mundo

A medición do mundo

Daniel Kehlmann

Editorial Galaxia

Xénero:

nº pax. ; €

Daniel Kehlmann describe cun sutil toque de humor a vida de dous xenios, as súas ansias e debilidades, os seus paseos pola raia fina que separa a ridiculez da grandeza, o éxito do fracaso. A medición do mundo é un requintado xogo de feitos e ficcións, unha novela de aventuras de extraordinaria fantasía, forza e interese. A historia de dúas aventuras vitais que acabarían por determinar a nosa maneira de entender o mundo.

Contra a fin do século XVIII, dous científicos alemáns emprenden a tarefa de medir o mundo. Un deles, o xeógrafo Alexander von Humboldt, logo de partir en barco desde a cidade da Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. O outro, o matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse da súa casa de Göttingen, que o espazo é curvo. De vellos, xa famosos e tamén unha miguiña excéntricos, encóntranse os dous no Berlín de 1828. Pero aínda non ben descendeu Gauss do seu coche de cabalos e xa se ven ambos e dous enredados no tumulto político que segue á caída de Napoleón.

 Arriba   

As mascaras de cronos

As máscaras de Cronos

Ramón Caride Ogando

Xerais de Galicia

Xénero:

 

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, “estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan”. As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe “unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns”. Unha poesía definida por Manuel María como “aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos”. 

Arriba

Cataventos de neutróns domésticados

Catavento de neutróns domesticados

Manuel María

Editorial Alvarellos

Xénero

 

“Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos”.

Así resumiu a obra o propio autor, Manuel María. O poeta escribiu este poemario en 1978 e saíu publicado por vez primeira en Alvarellos Editora ao ano seguinte, en febreiro. O
Catavento de neutrós domesticados é un libro sorprendente, innovador e anticipador. Un dos títulos históricos do primeiro catálogo desta editorial que, tres décadas despois da súa aparición, cumpría recuperar.

A obra destila altas doses de inconformismo, retranca, desacougo e caos. Transcorre entre o íntimo e o social. Nela emerxen verdadeiros achádegos semánticos nun altísimo dominio do idioma.

A presente edición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustracións interiores de Xohán Clodio, e complétase cun amplo e documentado estudo por parte do profesor e escritor Camilo Gómez Torres, un profundo coñecedor da obra de Manuel María, a quen cualifica de “autor total”.

Arriba  

Decamerón

Decamerón

Giovanni Boccaccio

Rinoceronte Editora

Xénero:

 

O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada. Rústica con solapas.

Desde Landolfo Rúffolo, o audaz amalfitano, até Martellino, o bufón de Treviso, as aventuras de Andreúccio de Perugia que vai comprar cabalos a Nápoles, Ferondo, a quen un abade convence de que morreu e resucitou, o conto da inxenua Alibec, o pai e o marido celoso que dan de comer, xa á sua filla, xa á súa esposa, o corazón do amante, a alegre historia do canto dos reiseñores, a historia de Nastagio degli Onesti —que poden ver pintada por Botticelli no [Museo do] Prado de Madrid—, o cociñeiro Chichibio que dá convencido ó seu amo de que as grúas soamente teñen un zanco; frei Cebola, que promete amosarlles ós de Certaldo unha pluma do arcanxo san Gabriel, e tantos amantes e raros e carnais amores, Calandrino coa súa pedra da invisibilidade...
Hai en Boccaccio unha especie de constante triunfo da intelixencia. Boccaccio é o máis desinteresado, humano e libre dos narradores, e na súa prosa fixou a inmensa variedade das paixóns, como Shakespeare, por exemplo. E atopamos a máis profunda humanidade no corazón mesmo da máis inverosímil aventura.

 Arriba 

unha soidade demasiado ruidosa

Unha soidade demasiado ruidosa

Bohumil Hrabal

Rinoceronte Editora

Xénero:

 

Bohumil Hrabal (Brno, 1914) estudou dereito, historia da literatura, arte e filosofía, ata que os nazis chegaron ao poder e converteron Bohemia e Moravia nun protectorado. Obrigado a deixar a vida académica, Hrabal pasou por diferentes empregos, nos ferrocarrís, nos telégrafos ou nunha planta de recollida de papel vello na rúa Spálená de Praga, experiencia que lle serviu de inspiración para esta novela. Entre as súas primeiras obras figura Trens rigorosamente vixiados, que foi máis tarde levada ao cine e premiado pola Academia de Hollywood. O mundo que describe Hrabal é ás veces triste; o seu estilo, moi vivo e peculiar, longos períodos que reflicten a corrente de consciencia dos seus personaxes comúns e marxinais que nos amosan unha realidade pouco idílica, xenios da vida cotiá, mergullados nela e condenados por ela á insignificancia. Bohumil Hrabal morreu en 1997, cando caeu pola fiestra do hospital onde se atopaba internado, aínda que a aparición do tema do suicidio en varias novelas fai pensar que non se tratase dun accidente. Na actualidade é considerado un dos máis grandes escritores da literatura checa.

 Arriba 

Os sons da Braña

Os sons da braña

Antonio Yebra de Ares

Editorial Alvarellos

Xénero

 

Os sons da braña é un canto íntimo aos tempos idos evocado nunha paisaxe moi concreta e especial para o autor, a campiña luguesa. Na súa doble condición de pintor e escritor, Antonio Yebra de Ares constrúe un retrato apaixoado das xentes do lugar como personaxes dun mundo –o da vida no campo– que hoxe padeceu unha radical transformación.

Son tipos humanos desubicados nesta sociedade tan distinta á que eles coñeceron e ollan con estrañeza o seu redor. Poemas como "O cego do violín", "A morte na Campiña" ou o que dá título ao libro,"Os sons da braña", representan un claro exemplo dese desaxuste entre o home de mediados do século XX e o mundo actual presidido pola globalización.

En
Os sons da braña hai tamén espazo á homenaxe a poetas admirados ("Lembranza a Manuel María") ou á louvanza de territorios vitais irrenunciables ("A vila de Monterroso", "Lembranzas do río Ulla"). Todas estas composicións –como sinala o psicopedagogo Díaz Escolante no Prólogo á obra– presentan así mesmo unha mirada profunda ao interior de Antonio Yebra.

En total, medio cento de poemas escritos dende o cerne mesmo da terra amada.

  Arriba  

Feismo

Feismo? Destruir un país

Varios Autores

Difusora de Letras, Artes e Ideas

Xénero:

 

Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografías imposíbeis? Pódese rastrexar historicamente? É endémico ou inducido? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feísmo? Todas estas preguntas e outras moitas foron tratadas no Foro do Feísmo, nunha tentativa de reflexionar sobre o problema na súa magnitude, para avaliar o «estado da cuestión».

Este volume ábrese co resultado dun traballo de campo con fotografías a cargo de Alba Vázquez Carpentier sobre a situación do noso territorio, con imaxes tomadas en diversos lugares de Galiza, agrupadas tematicamente, coa intención de ofrecer distintos modelos de paisaxe existentes no país e distintos graos e modos de entender o chamado feísmo.
A segunda parte do libro constitúena as contribucións de cada un dos participantes no Foro do Feísmo, así como a transcrición dos debates xerados nel. Déixase constancia así de máis de once horas dun interesantísimo intercambio de ideas que supón un primeiro paso na análise das agresións ao territorio no noso país.

Arriba   

protoevanxeo do neto de herodes

Protoevanxeo do neto de Herodes

Bernardino Graña

Xerais de Galicia

Xénero

 

Con Protoevanxeo do neto de Herodes, Bernardino Graña, logo dunha longa e riquísima traxectoria literaria, ofrécenos a súa primeira novela, gañadora do IIº Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa. Faino sen ninguún tipo de acomodación, constituíndo un regreso á historia sagrada, unha reinterpretación central da biblia que parte dos evanxeos apócrifos, eludindo a ortodoxia católica, para ofrecer unha nova visión da figura de Cristo. Na novela nárrase, a través de María e Xosé como figuras centrais, o período que vai desde o momento en que María ten catorce anos, pasando polo nacemento de Xesús, até que este cumpre os doce. Unha María casada con Antíprato, fiel á figura de Israel, que milita no nacionalismo xudeu contra o Impero romano, constitúe un dos personaxes máis singulares e atrevidos da novela. 

Arriba  

Seis ferroláns

Seis ferroláns

Varios Autores

Edicións Embora

Xénero:

 

Neste libro ofrécense seis relatos escritos en galego por seis autores de Ferrolterra. Cada un co seu estilo, a súa memoria, a súa ollada. Pero tamén cunhas paisaxes en común, as de Ferrolterra. Edicións Embora tivo a idea de reunilos nun libro e só puxo unha condición: que escribisen sobre a comarca. E eles aceptaron o reto. O resultado é “Seis Ferroláns”, un volume de relatos no que Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco e Ramón Loureiro cruzan a súa memoria para recuperar paisaxes cotiáns da comarca a través de seis historias.
Para o crítico Armando Requeixo -que presentou a obra o 17 de maio de 2003 na Feira do Libro- “o sexteto narrador destas páxinas está formado por voces decisivas da literatura en lingua galega que se está a facer nesta comarca”.
Desde Meirás ata Sillobre, pasando por Covas, o Cantón ou o Arsenal, os seis autores botan man de imaxes da comarca para rescatar historias e personaxes -ficticios ou reais- do pasado.

Arriba 

vivir na historia

Vivir na historia. Antropoloxía do patrimonio urbano de Noia

María Jesús Pena Castro

Editorial Toxosoutos

Xénero:

 

Esta investigación antropolóxica analiza en profundidade o proceso de patrimonialización do paixase urbano na histórica e emblemática vila de Noia, nun traballo eminentemente aplicado que xunto ás incidencias do deseño e aplicación do proxecto, estudia as posibilidades de desenvolvemento social e cultural que ofrecen as dinámicas de conservación e revalorización do patrimonio no casco histórico. A clave é a consideración nun enfoque polisémico e multivocal das reflexións de todos os actores sociais, particularmente dos veciños, ademais dos políticos, técnicos e expertos, sobre a interpretación da historia compartida e as aspiracións futuras para a vida da vella cidade.."

Arriba