índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Outubro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Onde se irisa a flor

 

 

 

 

 

 

 

O desfalco

 

 

 

 

 

 

O señor Lugrís e a negra sombra

 

 

 

 

 

 

Caeira dos días

 

 

 

 

 

 

Psicopatoloxía do retorno

 

 

 

 

 

 

Vidas post-it

Álvaro Cunqueiro

Querer crer entrever

Cultura popular e imaxinario social en Galicia

120 anos de ciclismo galego

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 O concello de Celanova durante a Segunda República 

O concello de Celanova durante a Segunda República

 

Dez 

Dez

 

 O burato do inferno

O burato do inferno

 

A vila das ánimas

A vila das ánimas

 

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

 

Os libros prestados

Os libros prestados

 

 -Historia de Ourense. A cidade das pontes e os camiños 

Historia de Ourense

 

 Costa Necrópole

Costa Necrópole

 

Pan pros crocodilos 

Pan pros crocodilos

 

 Motín na Bounty

Motín na Bounty

 

 

ANTERIORES

agosto 10

xullo 10

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Onde se irisa a flor

Onde se irisa a flor. Ecopoemas

Maximino Cacheiro Varela

Deputación de Pontevedra

Xénero: Poesía

54 p. ; 8 €

Esta publicación, pertencente á colección “Poesía e narrativa”, ten na flor o seu contido temático. A flor, en palabras do propio autor, está asociada no mundo enteiro á mocidade e, pola súa forma de estrela, ó sol terrestre, ó centro do mundo. Os homes de todos os tempos respectáronas e veneráronas.

Con todo un precedente do imaxinario histórico, o autor retoma a metáfora da flor para exaltar o máis fermoso da natureza.

 

Arriba  

O desfalco

O desfalco

Valentín Katáiev

Rinoceronte Editora

Xénero: Narrativa

194 p. ; 16 €

Moscova, comezos da década de 1920. En plena epidemia de desfalcos de cartos públicos, dous funcionarios soviéticos, o contable Filip Stepánovich e o caixeiro Váñechka, van cobrar ao banco o cheque para pagarlles a nómina aos empregados. Tras uns grolos de vodka nunha taberna e empurrados polo malicioso ordenanza Nikita, espertan nun tren que está a piques de chegar a Leningrado. Nesa cidade comezarán a dilapidar os cartos das nóminas, aínda que sen moito proveito para eles.

As chispas de humor saltan dunha páxina a outra, aínda que cara ao final se van apagando para ceder o seu lugar ás amarga realidade. A longa esmorga rematará de xeito inesperado para os protagonistas e, quizais, para o lector...

Arriba  

O señor Lugrís e a negra sombra

O señor Lugrís e a negra sombra

Luis Rei Núñez

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

384 p. ; 18 €

 

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida. 

 

Arriba  

Caeira dos días

Caeira dos días

Arcadio López-Casanova

Biblos

Xénero: Poesía

99 p. ; 12 €

 

Caeira dos días son poemas que corresponden aos sucesivos ciclos líricos –dende temperáns Pliegos dos amigos (por exemplo, Retratos para tempos de pouca luz, 1967) a Herdo do canto–, pero que nesta colleita tentan configurar unha obra «nova» coa súa propia organicidad e e a súa propia razón unitaria. Unidade de sentido, dunha banda, motivada polo que hai xa ben de tempo considerei o foco ou eixe esencial da miña poesía, a vivencia dunha radical desfeita, tanto persoal coma colectiva, a asunción dos signos da des-gracia. Así, o Libro primeiro do conxunto modula intensivamente, nas súas tres partes, o sentimento de privación na visión da Terra, o desacougo no simbólico exilio (perda das raíces), a pesadume da revelación da ultimidade. Logo, o Libro segundo, en outras tres partes, explicita a dramática loit a do suxeito coa «Sombra posuidora», e a dor polo anceio ou Soño de Luz ou Amor salvadores, á vez que toda esa vivencia acada representación central en determinadas figuracións mitolóxicas, imaxes, pois, dese eu da privación e da arela. O «Epílogo» trae a presenza compasiva e redentora da Dona de luz, a amada que é sempre –dende os mundos de Palabra de honor ou Mesteres– a luz guieira para o protagonista poemático.  

Arriba  

 

Psicopatoloxía do retorno

Psicopatoloxía do retorno

Ramón Area Carracedo e Alexandre García-Caballero

Editorial Galaxia

Xénero: Ensaio

134 p. ; 14 €

 

A emigración como rito de paso, como narración sacrificial na que o tempo está retido e o presente aprazado.

O libro parte da lembranza idealizada dun lugar e dun tempo pasado, e da volta a un paraíso perdido, para analizar a patoloxía que agroma cando esa fantasía ou obxecto máxico é negada. O retorno como fenómeno silandeiro no que a sociedade galega debe esculcar atentamente para integralo como experiencia ricaz.

 

 

 

Arriba  

Vidas post-it

Vidas post-it

Iolanda Zúñiga

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

136 p. ; 12.5 €

 

Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son microrrelatos ou relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un recetario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.)

 

Arriba  

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro

Francisco Fernández del Riego

Ir Indo

Xénero: Biografía

64 p. ; 19 €

Definir a Álvaro Cunqueiro como un dos grandes narradores da literatura galega de todos os tempos e algo que non resulta en absoluto esaxerado. Orixinario da vila de Mondoñedo, as súas vivencias infantís e os seus soños están presentes en case todos os textos que escribiu. Escritor dotado dunha imaxinación sen límites nin fronteiras, marcou un fito nas nosas letras coa creación de personaxes tan extraordinarios como Merlín ou o vello Sinbad, claros referentes da literatura galega do século XX. Pero non só destacou no campo da narrativa en galego e castelán, senón tamén fixo o propio coa lírica, coa que comezou a publicar os seus primeiros textos, coas súas achegas xornal´siticas, que o levaron mesmo a dirixir un xornal como o Faro de Vigo, ou mesmo coas súas contribucións a un mundo do que se sentía profundamente namorado, a cociña galega. Pero foi sen dúbida no campo da fantasía e na incorporación de elementos do noso patrimonio etnográfico e lendario onde Cunqueiro quixo deixar pegada, e abofé que así foi.

Arriba  

Querer crer entrever

Querer crer entrever

Carlos Paulo Martínez Pereiro

Laiovento

Xénero: Ensaio

219 p. ; 20 €

Presididos polo querer crer entrever beckettiano, Edicións Laiovento publica neste volume un conxunto de exercicios críticos -dous en modo admirativo, vinte de ton ponderativo e catro de teor disertativo- que, como expresións positivas da lectura e de reflexión, o profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro redixiu en diferentes momentos desta última década intersecular.
Tendo sido enxendrados, ao pé da letra e/ou con todas as letras, como textos solitarios, deveñen solidarios entre si, ao se resituaren no
continuum discursivo presidido pola elipse en que, aos poucos, tamén se foran xerando. Como telón de palabras redundantes, ademais de se constituíren á maneira dun persoal periplo no tempo, conforman o espazo da representación dunha particular xeografía literaria, cultural e ideolóxica.

Coa perspectiva á vez do intruso e do observador do literario, son textos concentrados e, máis ou menos, dilatados -que se queren glosas non estériles e en que se escribe non só sobre literatura, mais tamén de literatura-, con diáfanas estratexias persuasivas para mover á lectura e á reflexión.
É así que, nestes parámetros, se abordan, case en exclusiva e cunha aproximación non dogmática, diferentes obras de diversos autores dos ámbitos da literatura galega e das varias escritas literarias de expresión portuguesa (africanas, brasileira e portuguesa), así como se diserta sobre o tema da (anti)tradición nas literaturas visadas e mais sobre a relevancia da retoricidade na poesía medieval galego-portuguesa.

 

 

Arriba  

Cultura popular e imaxinario social en Galicia

Cultura popular e imaxinario social en Galicia

Isidro Dubert

Universidade de Santiago

Xénero: Ensaio

205 p. ; 19 €

Ata hoxe, o interese da maioría dos historiadores da cultura en Galicia centrouse no estudo dos elementos que deron vida á particular imaxe do mundo das minorías que se expresaban por escrito. Por iso, en moitas ocasións, esta adoita ser presentada como a única realidade cultural do noso pasado. Poucos prestaron, pois, atención ao coñecemento das claves culturais das clases populares, en boa medida, porque moitas delas foron de natureza oral e non deixaron tras si unha pegada documental apreciable. Isto non significa, porén, que a imaxe do mundo desas clases populares non existise ou non tivese unha presenza e forza real no devir histórico de Galicia. Este líbro trata de recuperar o protagonismo que correspondería á acción cultural do campesiñado e as clases populares urbanas na sociedade galega entre 1480 e 1900.

Arriba  

120 anos de ciclismo galego

120 anos de ciclismo galego

erardo González Martín

Editorial Galaxia

Xénero: Divulgación

364 p. ; 40 €

Unha densa crónica da longa marcha do ciclismo galego na que Xerardo González Martín recrea fitos e persoas coa mestría do xornalista experto.

Hai máis de cen anos o ciclismo galego xa era de primeira categoría. A finais do século XIX algún corredor da nosa terra, caso de José Curbera Fernández, conseguía a maior velocidade de España tanto en estrada como en pista. A principios do XX, un
sprinter galego, o compostelán Manuel Neira, foi campión de España de 1904 a 1908.

Xerardo González Martín, con experiencia na historia local e no desenvolvemento dos primeiros automóbiles galegos, moitas veces con
cicleiros ao volante, fai unha aproximación ao ciclismo que cumpre agora 120 anos.

Arriba