índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

                        

 

 

Andel de Marzo


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Filoxenia do sangue

Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)

De bar en bar

Biografía de María Mariño

Os pecados capitais

A ponte sobre o Drina

Dragona

Viaxes no scriptorium

Ratas enanhtn

Retorno a Iria Flavia

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 

A medición do mundo

 

As máscaras de Cronos

 

 

Catavento de neutrós domesticados

 

Decamerón

 

Unha soidade demasiado ruidosa

 

Os sons da Braña

 

 

Feismo? Destruir un pais

 

 

Protoevanxeo do neto de Herodes

 

Seis ferroláns

 

 

Vivir na historia

 

 

ANTERIORES

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

xaneiro 07

Filoxenia do sangue

Filoxenia do sangue

Xavier Paz

Deputación de Pontevedra

Xénero:

nº pax. ; €

Xavier Paz (A Coruña, 1949) é doutor en Ciencias Biolóxicas e investigador pesqueiro no Centro Oceanográfico de Vigo, onde reside desde hai tres décadas. Colaborador en revistas de ciencia, creación literaria e pensamento crítico, é autor do libro “Follas de bacallau” (2005), no que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura, e dos poemarios “Sedimentos” (2001) e “No canto do mar” (2005).

 

 

 

Arriba

Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)

Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)

Xesús Alonso Montero

Xerais de Galicia

Xénero:

nº pax. ; €

 

Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións –heroicas algunhas– contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a “acta” orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977). 

 

Arriba 

De bar en bar

De bar en bar

Xosé Carlos Caneiro

Difusora de Letras, Artes e Ideas

Xénero:

nº pax. ; €

 

O traballo de Xosé Carlos Caneiro nas páxinas de La Voz de Galicia, a través de columnas en diversas seccións, queda reflectido nesta selección de artigos publicados orixinalmente entre 2000 e 2006. Reflexións que van desde o intimista até o político, desde a ficción até a realidade, compoñen esta escolma do traballo en prensa dun dos escritores fundamentais na nosa literatura.

 

Arriba

Biografía de María Mariño

Biografía de María Mariño

Xerardo Agra Foxo

Editorial Galaxia

Xénero:

nº pax. ; €

 

María Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) chega no ano 1947 a Parada do Courel, onde coñece ao poeta Uxío Novoneyra, circunstancia que provocará o xurdimento dunha das voces máis sorprendentes da lírica galega. No ano 1963 publica, cun limiar de Otero Pedrayo, o libro Palabra no tempo, despois escribirá os poemas que compoñen Verba que comeza (1990), publicado postumamente.

 

 Arriba 

Os pecados capitais

Os pecados capitais

Francisco Vidal Blanco

Xerais de Galicia

Xénero:

nº pax. ; €

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecio…, até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, pracicamente ás portas da morte. Francisco A. Vidal obtivo con Os pecados capitais o Premio Terra de Melide 2005. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao “próspero” negocio do narcotráfico. O xurado que outrogou o Premio Terra de Melide subliñou que o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela.

 Arriba 

A ponte sobre o Drina

A ponte sobre o Drina

Ivo Andric

Rinoceronte Editora

Xénero:

nº pax. ; €

Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Unha ponte que marca a vida das xentes que habitan na súa bisbarra, e que nun mundo inestábel e axitado é o seu maior e máis prezado tesouro, testemuña das mudanzas dunha terra asentada entre dúas culturas, en constante e dramática evolución. Un universo de visires, comerciantes, labregos e soldados rodea a ponte, protagonista muda desta crónica de 300 anos. A ponte sobre o Drina é un cartafol cheo de relatos sobre a vida e os costumes do corazón de Europa, dende os comezos do dominio otom‡á até o estoupido da Primeira Guerra Mundial, con exemplos de pacífica convivencia entre as relixións e momentos de violencia desapiadada como fondo.

  Arriba  

Dragona

Dragona

Xavier Queipo

Xerais de Galicia

Xénero:

nº pax. ; €

Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha “novela de personaxes”. Nunha cidade sumidoiro, cualificada polo autor como “A cidade do esteiro”, desenvólvese a vida dunha serie de personaxes atípicas chegadas dos catro cantos do mundo, que transitan entre a desesperación e a lubricidade, entre o comportamento fútil e as paixóns máis primarias. Dragona é unha novela con banda sonora e recreación no terreo se cada máis inexplorado da narrativa galega, aquel que analiza con precisión de cirurxián os sentimentos e as paixóns coma se fosen tecidos dun corpo único. Esta novela marca, para o autor, un antes e un despois na súa procura constante, na procura do que non se ve, deses lindeiros da incerteza, o que Cortázar chamaba “o outro lado”. Dragona é unha parábola do futuro que nos espera, que está aí, que xa chega. 

Arriba   

Viaxes no scriptorium

Viaxes no scriptorium

Paul Auster

Editorial Galaxia

Xénero:

nº pax. ; €

Despois do éxito de Brooklyn Follies, Paul Auster volve cunha novela que sorprende xa desde o comezo: un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Ao espertar non ten lembranzas, non sabe se pode saír ou non. Arredor del apenas hai obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro moreas de follas de papel e etiquetas cunha palabra escrita a man. Velaquí o punto de partida da nova proposta narrativa do escritor norteamericano.

Nesta novela, Paul Auster reflexiona, desde a ficción narrativa, sobre as pantasmas da creación, mesmo incorporando ou rescatando personaxes doutras obras anteriores súas. Unha viaxe interior que é, ao mesmo tempo, unha esixente proposta de creación, da que fai cómplice ao lector, que participa no relato case que en pé de igualdade.

Arriba  

Ratas en Manhattan

Ratas en Manhattan

Francisco Álvarez

Sotelo Blanco Edicións

Xénero:

nº pax. ; €

Esta é a cara B do soño americano, a Nova York que non ven os turistas. Dezaoito relatos que falan do naufraxio de todos os soños. E da emigración, que o seu autor padece na propia carne, e na alma.

A morriña, sen dúbida ningunha. Pero tamén hai máis cousas: a batalla pola dignidade, o fracaso, as burlas e os azares do destino, as dentadas da vida que tanto doen.

Un xeito saudoso de definir a nosa Terra é falar dos emigrantes e dos náufragos, é sabido. Galiza foi sempre produtora de afogados e de desterrados. Pero hai naufraxios que non rematan coa chegada a ningún porto. Estes son os dos protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, agachada acotío por mor dos virus que borran a memoria. Son experiencias que nos levan a un espazo fronteirizo, de loita pola supervivencia e de busca ilusoria da felicidade.

Nesta xeografía emocional, da transición entre o apego e a perda, recoñécese o home no límite da súa condición humana.

Esta paisaxe, a da contradición e dos sentimentos mesturados, é o territorio onde de sitúa Ratas en Manhattan.

Nun fondo de rañaceos, como nas profundidades do abismo, esta obra enfía curtos relatos de ficción que ben poderían ser verdade, historias nas que a vida é un xogo de ruleta rusa, nas que a loita desapiadada, nun espazo desesperanzado no cal azoroñan as ratas, supón unha fuxida constante da morte.

Arriba  

Retorno a Iria Flavia

Retorno a Iria Flavia

Camilo José Cela

Alvarellos Editora

Xénero:

nº pax. ; €

Camilo José Cela, Premio Nobel e xenio universal das Letras, sentíase fondamente galego, consciente de pertencer a unha cultura singular. Retorno a Iria Flavia é unha viaxe definitiva de regreso á súa terra. Medio cento de traballos nos que Galicia é o cerne da súa creación e reflexión –artigos, ensaios, epistolarios– constitúen esta primeira antoloxía “galega” da súa obra.

Aparecen agora reunidos por vez primeira nun libro dende o seu su primeiro artigo, escrito en 1940 e dedicado a Emilia Pardo Bazán, até as derradeiras columnas publicadas no diario
ABC pouco antes do seu pasamento.

Engádense a estes traballos catro documentos –un deles inédito– da correspondencia mantida con senlleiros representantes da actividade política e cultural nacionalista galega de preguerra, algúns dos que traballaban na súa reactivación nos anos 50: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego e Celso Emilio Ferreiro.

Como colofón, reprodúcense varios manuscritos e unha galería gráfica con fotos pouco divulgadas e algunhas inéditas.

Retorno a Iria Flavia é, en definitiva, unha mostra patente de sesenta anos continuados de relación fondamente afectiva e mutuamente enriquecedora entre o escritor e o seu país natal.

Arriba