|

Onde
se irisa a flor. Ecopoemas
Maximino
Cacheiro Varela
Deputación
de Pontevedra
Xénero:
Poesía
54
p. ; 8 €
|
Esta publicación, pertencente á colección “Poesía e narrativa”,
ten na flor o seu contido temático. A flor, en palabras do propio autor, está
asociada no mundo enteiro á mocidade e, pola súa forma de estrela, ó sol
terrestre, ó centro do mundo. Os homes de todos os tempos respectáronas e
veneráronas.
Con todo un precedente do imaxinario histórico, o autor retoma a
metáfora da flor para exaltar o máis fermoso da natureza.
|
|

O
desfalco
Valentín
Katáiev
Rinoceronte
Editora
Xénero:
Narrativa
194
p. ; 16 €
|
Moscova, comezos da década de 1920. En plena epidemia de desfalcos de cartos
públicos, dous funcionarios soviéticos, o contable Filip Stepánovich e o
caixeiro Váñechka, van cobrar ao banco o cheque para pagarlles a nómina aos
empregados. Tras uns grolos de vodka nunha taberna e empurrados polo malicioso
ordenanza Nikita, espertan nun tren que está a piques de chegar a Leningrado.
Nesa cidade comezarán a dilapidar os cartos das nóminas, aínda que sen moito
proveito para eles. As chispas de humor saltan dunha páxina a outra, aínda que cara ao final se
van apagando para ceder o seu lugar ás amarga realidade. A longa esmorga
rematará de xeito inesperado para os protagonistas e, quizais, para o
lector...
|
|

O
señor Lugrís e a negra sombra
Luis
Rei Núñez
Xerais
de Galicia
Xénero:
Narrativa
384
p. ; 18 €
|
Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste
libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces
ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era
arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro
caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta
viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o
fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con
mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos,
mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos
aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia
cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste
en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís
Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas
de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser
rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais
tamén realidade. Como a vida.
|
|

Caeira
dos días
Arcadio
López-Casanova
Biblos
Xénero:
Poesía
99
p. ; 12 €
|
Caeira
dos días son poemas que corresponden aos sucesivos ciclos
líricos –dende temperáns Pliegos dos amigos (por
exemplo, Retratos para tempos de pouca luz, 1967) a Herdo do
canto–, pero que nesta colleita tentan configurar unha obra
«nova» coa súa propia organicidad e e a súa
propia razón unitaria. Unidade de sentido, dunha banda,
motivada polo que hai xa ben de tempo considerei o foco ou eixe
esencial da miña poesía, a vivencia dunha radical
desfeita, tanto persoal coma colectiva, a asunción dos
signos da des-gracia. Así, o Libro primeiro do conxunto
modula intensivamente, nas súas tres partes, o sentimento
de privación na visión da Terra, o desacougo no
simbólico exilio (perda das raíces), a pesadume
da revelación da ultimidade. Logo, o Libro segundo, en
outras tres partes, explicita a dramática loit a do suxeito
coa «Sombra posuidora», e a dor polo anceio ou Soño
de Luz ou Amor salvadores, á vez que toda esa vivencia
acada representación central en determinadas figuracións
mitolóxicas, imaxes, pois, dese eu da privación
e da arela. O «Epílogo» trae a presenza compasiva
e redentora da Dona de luz, a amada que é sempre –dende
os mundos de Palabra de honor ou Mesteres– a luz guieira para
o protagonista poemático.
|
|

Psicopatoloxía
do retorno
Ramón
Area Carracedo e Alexandre García-Caballero
Editorial
Galaxia
Xénero:
Ensaio
134
p. ; 14 €
|
A emigración como rito de paso, como narración sacrificial na que o tempo
está retido e o presente aprazado.
O libro parte da lembranza
idealizada dun lugar e dun tempo pasado, e da volta a un paraíso perdido, para
analizar a patoloxía que agroma cando esa fantasía ou obxecto máxico é negada. O
retorno como fenómeno silandeiro no que a sociedade galega debe esculcar
atentamente para integralo como experiencia ricaz.
|
|

Vidas
post-it
Iolanda
Zúñiga
Xerais
de Galicia
Xénero:
Narrativa
136
p. ; 12.5
€
|
Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son
microrrelatos ou relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un recetario
de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas
por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo,
rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan,
afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da
vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha
prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers
de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo,
afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.)
|
|

Álvaro
Cunqueiro
Francisco
Fernández del Riego
Ir
Indo
Xénero:
Biografía
64
p. ; 19 €
|
Definir a Álvaro Cunqueiro como un dos grandes narradores da literatura galega
de todos os tempos e algo que non resulta en absoluto esaxerado. Orixinario da
vila de Mondoñedo, as súas vivencias infantís e os seus soños están presentes en
case todos os textos que escribiu. Escritor dotado dunha imaxinación sen límites
nin fronteiras, marcou un fito nas nosas letras coa creación de personaxes tan
extraordinarios como Merlín ou
o vello
Sinbad, claros referentes da literatura galega do século XX. Pero non só
destacou no campo da narrativa en galego e castelán, senón tamén fixo o propio
coa lírica, coa que comezou a publicar os seus primeiros textos, coas súas
achegas xornal´siticas, que o levaron mesmo a dirixir un xornal como o Faro de
Vigo, ou mesmo coas súas contribucións a un mundo do que se sentía profundamente
namorado, a
cociña galega. Pero foi sen dúbida no campo da fantasía e na incorporación
de elementos do noso patrimonio etnográfico e lendario onde Cunqueiro quixo
deixar pegada, e abofé que así foi.
|
|

Querer
crer entrever
Carlos
Paulo Martínez Pereiro
Laiovento
Xénero:
Ensaio
219 p. ; 20 €
|
Presididos polo querer crer entrever beckettiano, Edicións
Laiovento publica neste volume un conxunto de exercicios críticos -dous
en modo admirativo, vinte de ton ponderativo e catro de teor disertativo- que,
como expresións positivas da lectura e de reflexión, o profesor Carlos Paulo
Martínez Pereiro redixiu en diferentes momentos desta última década
intersecular. Tendo sido enxendrados, ao pé da letra e/ou con todas as
letras, como textos solitarios, deveñen solidarios entre si, ao se resituaren no
continuum discursivo presidido pola elipse en que, aos poucos, tamén se
foran xerando. Como telón de palabras redundantes, ademais de se constituíren á
maneira dun persoal periplo no tempo, conforman o espazo da representación dunha
particular xeografía literaria, cultural e ideolóxica.
Coa perspectiva á vez do intruso e do observador do literario, son textos
concentrados e, máis ou menos, dilatados -que se queren glosas non estériles e
en que se escribe non só sobre literatura, mais tamén de literatura-, con
diáfanas estratexias persuasivas para mover á lectura e á reflexión. É así
que, nestes parámetros, se abordan, case en exclusiva e cunha aproximación non
dogmática, diferentes obras de diversos autores dos ámbitos da literatura galega
e das varias escritas literarias de expresión portuguesa (africanas, brasileira
e portuguesa), así como se diserta sobre o tema da (anti)tradición nas
literaturas visadas e mais sobre a relevancia da retoricidade na poesía medieval
galego-portuguesa.
|
|

Cultura
popular e imaxinario social en Galicia
Isidro
Dubert
Universidade
de Santiago
Xénero:
Ensaio
205
p. ; 19 €
|
Ata hoxe, o interese da maioría dos historiadores da cultura en Galicia
centrouse no estudo dos elementos que deron vida á particular imaxe do mundo das
minorías que se expresaban por escrito. Por iso, en moitas ocasións, esta adoita
ser presentada como a única realidade cultural do noso pasado. Poucos prestaron,
pois, atención ao coñecemento das claves culturais das clases populares, en boa
medida, porque moitas delas foron de natureza oral e non deixaron tras si unha
pegada documental apreciable. Isto non significa, porén, que a imaxe do mundo
desas clases populares non existise ou non tivese unha presenza e forza real no
devir histórico de Galicia. Este líbro trata de recuperar o protagonismo que
correspondería á acción cultural do campesiñado e as clases populares urbanas na
sociedade galega entre 1480 e 1900.
|
|

120
anos de ciclismo galego
erardo
González Martín
Editorial
Galaxia
Xénero:
Divulgación
364
p. ; 40 €
|
Unha densa crónica da longa marcha do ciclismo galego na que Xerardo González
Martín recrea fitos e persoas coa mestría do xornalista experto.
Hai
máis de cen anos o ciclismo galego xa era de primeira categoría. A finais do
século XIX algún corredor da nosa terra, caso de José Curbera Fernández,
conseguía a maior velocidade de España tanto en estrada como en pista. A
principios do XX, un sprinter galego, o compostelán Manuel Neira, foi
campión de España de 1904 a 1908.
Xerardo González Martín, con
experiencia na historia local e no desenvolvemento dos primeiros automóbiles
galegos, moitas veces con cicleiros ao volante, fai unha aproximación ao
ciclismo que cumpre agora 120 anos.
|