índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Xuño


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009)

 

 

 

 

 

 

 

Rubaiyat

 

 

 

 

 

 

A intervención

 

 

 

 

 

 

Memorias dunha viaxe improvisada. De Betanzos a Nápoles en 1899

 

 

 

 

 

 

Flores de Dunsinane

 

 

 

 

 

 

Tres cores: Azul

Abelcebú

O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: Ensaio e feminismo

A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña

50 anos de pop, rock e malditismo en Galicia

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 O concello de Celanova durante a Segunda República 

O concello de Celanova durante a Segunda República

 

Dez 

Dez

 

 O burato do inferno

O burato do inferno

 

A vila das ánimas

A vila das ánimas

 

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

Xoguetes póstumos / E alentar na túa rosa

 

Os libros prestados

Os libros prestados

 

 -Historia de Ourense. A cidade das pontes e os camiños 

Historia de Ourense

 

 Costa Necrópole

Costa Necrópole

 

Pan pros crocodilos 

Pan pros crocodilos

 

 Motín na Bounty

Motín na Bounty

 

 

ANTERIORES

agosto 10

xullo 10

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009)

Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009)

 

Xosé Ramón Quintana Garrido

Galaxia

Xénero: Ensaio

412 p. ; 29 €

O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política "que importa".

Segundo a análise de Quintana Garrido, desde finais dos anos oitenta o BNG tivo que emprender un longo e tortuoso camiño de adaptación e de cambio estratéxico e organizacional. Non sen contradicións e crises internas, o resultado foi pasar dunha inicial posición radical e antisistema a abrazar posturas máis moderadas e centradas coas que maximizar votos, cargos e políticas. Con todo, tales cambios están suxeitos hoxe en día a unha incerta revisión por mor da derrota electoral de marzo de 2009. O BNG encóntrase na actualidade nunha encrucillada crítica na que ten por resolver tres problemas complexos e ensarillados: de liderato, de discurso e proxecto, e de organización. De como se solventen vai depender o seu futuro: retroceder, recuperar posicións ou mesmo avanzar.

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008.

 

 

Arriba  

 

 

Rubaiyat

Rubaiyat

 

POmar Khayyam [Trad. de Correa Corredoira]

Baía

Xénero: Poesía

104 p. ; 12 €

As Rubaiyat trataban dun pracer destemido, dun dionisismo que falaba coa morte con naturalidade e concisión, economía da sintaxe: poemas de mocidade, transgresores, de gozo do viño, tabernarios, do paso do tempo, da natureza (no xardín), de amor erótico, de desamor, do ciclo pracer e dor, relación de opostos, da vaidade, teolóxicos, das aparencias, crítica das institucións (en especial da relixiosa), do pasar dos camiñantes pola paisaxe, dos perigos do camiño, da soidade, dos libros, do rodar de vida e morte (no torno do oleiro), da identidade co mundo e de todo con todo, do pasaxeiro, da confusión, da necidade, o destino, a amizade, a humildade e a compaixón, da natureza da morte, da vellez, da derrota, das estrelas, do desexo... Todo un repertorio.

 

 

Arriba  

 

 

A intervención

A intervención

 

Teresa Moure

Xerais

Xénero: Narrativa

288 p. ; 16,50 €

Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e natureza. Mentres levan a cabo o seu escrupuloso plano, a chegada inesperada dunha nova personaxe, unha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Desde a múltipla perspectiva que emana dos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas respectivas versións, que conforman unha historia colectiva, e que conectan a paixón creativa co pasado remoto de cadaquén, coa súa infancia e cos seus medos máis agochados. Porque a arte é unha das formas da loucura.

 

 

Arriba  

 

 

Memorias dunha viaxe improvisada. De Betanzos a Nápoles en 1899

Memorias dunha viaxe improvisada. De Betanzos a Napoles en 1899

 

Rogelio Borondo

Morgante

Xénero: Biografía

149 p. ; 12 €

O ano 1900 a imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada Memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez A volta ó mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro. Emulando a Phileas Fogg, Rogelio Borondo partira canda dous amigos cara a Francia, Suíza e Italia nunha viaxe que se fixara na mesma véspera da súa saída, tal como se declara no prólogo.

Aínda que o autor reclama a benevolencia dos lectores e lles pide que non busquen no texto un elevado estilo literario, o relato resulta fascinante ó presentar ante os nosos ollos a experiencia dun viaxeiro galego de hai máis de cen anos.

Rogelio Borondo (1864-1935) foi un betanceiro emprendedor que emigrou á Arxentina a finais do século XIX. Alí, ademais de facer unha fortuna que lle permitiu vivir de rendas ó seu regreso, coñeceu os irmáns García Naveira, betanceiros de prol ós que se debe o Parque do Pasatempo. Con eles compartiría o narrador e protagonista deste libro a súa Viaxe improvisada. Grazas a esta amizade entre os Naveira e Borondo, este vonverteríase no primeiro tesoureiro do Padroado que agrupaba os bens dos benefactores betanceiros na emigración.

 

Arriba  

 

 

 

Flores de Dunsinane

Flores de Dunsinane

 

Manuel Lourenzo

Xerais

Xénero: Teatro

48 p. ; 12,50 €

 

Flores de Dunsinane é unha fermosa peza sobre a conciencia humana inspirada nun clásico: o Macbeth de Shakespeare. O protagonista é o fillo dun dos compañeiros de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar. Grazas á súa astucia, chega a rei de Escocia para, finalmente, vello e moribundo, recibir a visita dos seus antecesores, os Macbeth, cos que revive o seu sanguento reinado. En Flores de Dunsinane destaca o emprego dunha linguaxe rica, poética e expresiva dramaticamente, segundo salientou o xurado, e ofrece novas luces dos personaxes na súa reinterpretación do Macbeth.

Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009

 

 

Arriba  

 

 

Tres cores: Azul

Tres cores: Azul

 

Moncho Iglesias Míguez

Estaleiro

Xénero: Narrativa

208 p. ; 8 €

Tres cores: azul é a primeira novela do vigués Moncho Iglesias. Escrita en segunda persoa, Tres cores: azul leva ao lector a dúas viaxes diferentes. A primeira, na procura dun algo, dun espazo, dun tempo. A segunda, a busca dese alguén que trataba de acadar iso aínda por achar. Rematando a novela cunha conclusión alquimística sobre o visto e o que queda por ver.

 

Arriba  

 

 

Abelcebú

Abelcebú

 

Carlos Negro

Positivas

Xénero: Diferente

304 p. ; 18 €

É este Abelcebú un tratado científico de escarnio e maldicir, un escalpelo humorístico que disecciona as trampas dos poderes oficiais, unha intervención cirúrxica a corazon aberto onde operan a un tempo o bisturí da ironía e a dinamita do sarcasmo. É o Abelcebú unha enciclopedia dos saberes do Demo, unha lupa grotesca que nos desvela as vergoñas do mundo, e lle dá volta ás nosas crenzas e prexuízos como calcetíns que se botan ao cesto da roupa suxa. É o Abelcebú un cuspe de pallaso, un carrusel conceptual onde o escritor fai burla do universo, e de si mesmo, sempre na procura dun sorriso oblicuo, facturado entre o lirismo e a amargura. Abelcebú: un peido diabólico na parte traseira do sistema literario.  

 

 

Arriba  

 

 

O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: Ensaio e feminismo

O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo

 

María Pilar García Negro

Sotelo Blanco

Xénero: Ensaio

122 p. ; 12 €

 

Rosalía de Castro (1837-1885) é a escritora que inaugura o ensaio, como xénero literario, na literatura galega contemporánea. Así o certifican as súas introducións a Cantares gallegos (1863) e a Follas novas (1880), que son moito máis do que prólogos ao uso. Tal innovación reforza o carácter profundamente intelectual e premeditado dunha obra literaria que se pensa e se explica a si mesma e que a autora coloca a pé feito ao servizo da patria galega e da lingua galega. Igualmente brilla o seu papel pioneiro no espertar dunha conciencia de xénero que se revela, lúcida e recorrente, na reflexión profunda e avanzada sobre o ser muller, a apoloxía das súas conxéneres e a solidariedade coas duplas vítimas do sistema, por mulleres e por galegas. É, sen dúbida, a primeira feminista da nación galega.Son elocuentes, personalidade e obra, dunha sintonía non casual: a que eleva a lingua abaixada do seu pobo, en alianza coa defensa das mulleres e da nación mesma. Expresará como ningún outro autor do seu tempo a apoteose da subordinación e, asemade, o clamor da rebeldía.

Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2010.  

 

Arriba  

 

 

A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña

A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña

 

Carlos G. Reigosa

Galaxia

Xénero: Narrativa

224 p. ; 16 €

O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa.

Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.

En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro. 

 

 

Arriba  

 

 

50 anos de pop, rock e malditismo en Galicia

50 anos de pop, rock e malditismo na música galega

 

Fernando Fernández Rego

Toxosoutos

Xénero: Ensaio

p. + 2 CD ; 25 €

 

Primeiro libro que recompila o mellor do pop-rock galego desde a súa alborada. Percorrido pola historia dos grupos musicais galegos desde Os Tamara ata os máis recentes. O traballo reúne a discografía completa con enriquecedores comentarios e anécdotas. Un doble CD acompaña o texto dando a posibilidade ao lector de escoitar algúns dos temas fundamentais do xénero.

 

 

 

Arriba