índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Un tipo listo

 

 

 

 

 

 

 

Unicrom

 

 

 

 

 

 

Diario (1887-1910) Antoloxía

 

 

 

 

 

 

No país das vacas

 

 

 

 

 

 

Van Gogh e outras cancións

 

 

 

 

 

 

Facendo historia coa memoria

Invisible

Unha historia que non vou contar

Palimpsesto

Pan con xamón

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Un tipo listo

Un tipo listo

 

Xosé Monteagudo

Galaxia

Xénero: Narrativa

356 p. ; 19 €

Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse.

A novela de Xosé Monteagudo premiada co García Barros 2009 ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que, cun dominio nada frecuente da materia literaria, propón unha reflexión sobre a relación pais-fillos, a herdanza como carga e como débeda que cómpre asumir para integrarse na sociedade ou a ruptura dos vencellos entre irmáns. Trátase dunha novela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa a trama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vai internando progresivamente nunha historia inzada de segredos e medias verdades.

Mediante unha absorbente historia de suspense, esta novela de Xosé Monteagudo retrata unha sociedade na que as traxectorias de éxito son a miúdo o resultado das máis turbias intrigas.

 

 

Arriba  

 

 

Unicrom

Unicrom

 

Rosa Enríquez

Sotelo Blanco

Xénero: Narrativa

240 p. ; 15 €

“A ver, dicide, queredes nacer?”

A quen vai dirixida esa pregunta? Ten Asor a posibilidade de elexir? Nesa cúpula de cristal da Montaña Rosa nada é casual, así que, a partir dese momento, todo se dispara. A vida da asorita comeza dun xeito insólito para continuar en OboloB, onde terá que formarse na procura do coñecemento. Educada na navescola e no tempo de Ans Nitram, Asor medrará entre híbridos, sereas, xigantes, anfibios, repugnantes e, por suposto, o seu Tacx, un gato con ás que compartirá con ela viaxes e aventuras sorprendentes. Porén, de todo este mundo, o que máis intriga á muller-espada son as turbulencias de Unicrom. Que haberá alí? Para descubrilo terá que cumprir primeiro coas súas obrigas como asorita e loitar contra os repugnantes.

Nun divertido xogo narrativo, as dintintas voces que describen este desbordante universo conseguen encadearnos ao fío argumental da novela. Un aparello estraño, unha bóla sucia e unha caixa constituirán o legado informativo que permitirá a Irimadeona e Samoa de Lulia coñecer a vida de Asor. Facendo uso da “técnica do manuscrito encontrado”, nesta historia de futuros alternativos e delirantes, a información chegará ás mans de ambos os dous narradores por medio do pizarrador. Con só premer un botón, o universo de Asor aparecerá ante os seus ollos aventurados…

 

 

Arriba  

 

 

Diario (1887-1910) Antoloxía

Diario (1887-1910)

Antoloxía

 

Jules Renard

Laiovento

Xénero: Diarios

323 p. ; 21 €

Jules Renard é a sinceridade mesma. O seu Diario consigna sen hipocrisía todo o que a conciencia dun home pode coñecer no curso dunha vida que non está feita de heroísmo. A coraxe coa que se confesa, sesármanos. Raros son os que un día colleron a pluma para seren tan implacábeis consigo mesmos. Existe unha lei da vaidade que non se pode descoñecer: todo aquel que escribe sobre si mesmo, sobre a súa vida e os seus pensamentos, inclínase instintivamente a se gabar. O simple feito de escribir é unha suma de hipocrisías sutís, un monte de simulacións case que involuntarias ás que é difícil non ceder. Ninguén se denigra porque ten o corazón alegre -a non ser que satisfaga así outra forma de vaidade.

Jules Renard é un raro caso de sinceridade. Procede sen miramentos ao seu propio exame. Asume coraxudamente as súas vaidades, os seus celos, as súas covardías. Confésaas cruamente, sen procurar escusas, cunha especie de crueldade irónica, como fan os nenos.

[Mihail Sebastian]

 

 

Arriba  

 

 

No país das vacas

No país das vacas

 

Xurxo Lobato

Xerais

Xénero: Fotografía

200 p. ; 42,50 €

Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española. Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión. O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos, os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto (“Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas”), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez (“Moita máis luz que sombras”), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como ven a vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende a complicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia da súa nenez ou dende unha visión urbana. Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores e lectoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importancia na sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha das iconas da nosa identidade do século XXI.

 

Arriba  

 

 

 

Van Gogh e outras cancións

Van Gogh e outras cancións

 

Manuel Sieiro

Follas Novas

Xénero: Poesía

71 p. ; 12 €

 

Van Gogh e outras cancións é un título suxerente porque é unha intensa imaxe literaria como cóctel de plástica, música e outras sensorialidades, que ten a súa coherente correspondencia na sucesividade do poemario. Cando se concibe a Van Gogh como canción, cualidade que non se adxectiva, senón que se evidencia na segunda parte do sintagma, "outras cancións", xa se está insinuando unha maneira de practicar a expresión poética. Sen se situar plenamente nesa tradición teórica que negou a posibilidade de que a poesía comunique (Poe, Baudelaire, Mallarmé), si que se postula e se cumpre cunha poética na que, sen fuxir do poema comunicativo, a linguaxe é imaxinaria.

[Extracto do limiar de Modesto Hermida]

 

 

Arriba  

 

 

Facendo historia coa memoria

Facendo historia coa memoria

 

Lourenzo Fernández Prieto

trecCtres

Xénero: Ensaio

176 p. ; 12 €

Este libro trata do noso pasado máis incómodo: o golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. Cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre triúnfan as dos vencedores. Só a construción histórica do pasado pode evitar este desequilibrio. Este volume recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos que comentan como se vén recuperando ese pasado incómodo e as reaccións sociais diante deste proceso. O limiar é de Manuel M. Barreiro.

 

Arriba  

 

 

Invisible

Invisible

 

Paul Auster [Trad. de Eva Almazán]

Galaxia

Xénero: Narrativa

304 p. ; 18 €

 

Escrita seguindo o fío dunha narración en espiral, Invisible conta a historia de Adam Walker, un estudante da novaiorquina Universidade de Columbia que, nunha festa, coñece unha parella de franceses, o enigmático Rudolf Born e a sedutora e silandeira Margot. As relacións deste triángulo perverso van involucrar a Walker nun inesperado acto de violencia que alterará o curso da súa vida.

Nesta novela, Paul Auster apreixa o lector nunha trama que se espalla desde os anos de oposición á guerra do Vietnam, na década de 1960, ata os inicios do século XXI. 

 

 

Arriba  

 

 

Unha historia que non vou contar

Unha historia que non vou contar

 

Cid Cabido

Xerais

Xénero: Narrativa

272 p. ; 16,50 €

 

 

Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habita un apartamento en plena Porta do Sol viguesa, fronte ao Sereo de Leiro. A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, de humor, de orixinalidade e de constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido. Unha historia que non vou contar enfronta ao lector ás miserias e contradicións da sociedade viguesa dos últimos estertores do franquismo e, ao tempo, convídao a repensar a propia construción literaria do que é unha novela, botando man dos recursos narrativos propios da non ficción. Sen dúbida ningunha, estamos diante dun gran libro, que suscitará interese e debate dos lectores e da propia crítica literaria.

 

Arriba  

 

 

Palimpsesto

Palimpsesto

 

Baldo Ramos

Sotelo Blanco

Xénero: Poesía

104 p. ; 12,50 €

 

En Palimpsesto Baldo Ramos inicia un diálogo poético cos autores que nalgún ou noutro momento marcaron o seu periplo vital como individuo e como poeta. Este poemario, o máis crítico escrito nunca por Baldo Ramos sobre as realidades que vivimos, transpira un sentimento de ruptura, un desacougo que fala en versos crípticos e reflexivos, en palabras, por veces, dunha plasticidade dorida.

 

 

 

Arriba  

 

 

Pan con xamón

Pan con xamón

 

Charles Bukowski [Trad. de Eva Almazán]

Faktoría K

Xénero: Narrativa

348 p. ; 20 €

 

Non tiña amigos na escola, nin falta que me facían. A min reinábame máis andar só. Sentaba nun banco e miraba como xogaban os outros e pensaba que parecían parvos. Á hora do xantar achegóuseme un día un rapaz novo. Levaba bombachos, era birollo e tiña os pés para dentro. Non me gustou, non tiña boa pinta. Sentou no banco a son de min...

“Pan con xamón” é un relato autobiográfico no que Charles Bukowski narra, da man do seu propio alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a mocidade. A obra transcorre na cidade norteamericana de Los Angeles durante os anos da Gran Depresión. O mozo Henry amosa a sordidez na que malviven as clases máis baixas, desocupadas e abafadas pola crise económica. Un mundo atroz, personificado na brutalidade do pai, na submisión da nai, no sadismo dos nenos… Un mundo no que hai moi poucas posibilidades de fuga.

Bukowski, xa na súa madurez, botaría man da memoria para crear “Pan con xamón”, unha das súas mellores novelas. Escrita cun estilo directo e descarnado, é quen de provocar o sorriso e a emoción, ao tempo que denuncia o soño americano anterior á Segunda Guerra Mundial. A novela publicouse por primeira vez en 1982 nos EEUU e foi traducida a máis de cen idiomas.

 

Arriba