índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Secesión

 

 

 

 

 

 

 

O país das bestas

 

 

 

 

 

 

Monte Louro

 

 

 

 

 

 

El tabaco y el incienso. Un episodio compostelano del siglo XVII

 

 

 

 

 

 

Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega

 

 

 

 

 

 

A caída

De fala a lingua: un proceso inacabado

A vida do outro

O museo da inocencia

Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Secesión

Secesión

 

Chus Pato

Galaxia

Xénero: Narrativa

134 p. ; 12 €

A escritura como desprazamento. O libro non como obxectivo, como final, senón como espazo que se alonga alén das súas marxes. Secesión é o resulado dun proceso de pensamento sobre a escritura, sobre os lugares, nomes e espectros que axudan a vivir. Textos nos que o sentido se despraza para, ao tempo, desprazar a literatura, rachar as ancoraxes que a fixan aos discursos de dominación.

Chus Pato escribe para ferir, para traspasar a pel de quen le. Coma nun traballo de expulsión imparable, de separación, o texto xa non é de ninguén, é de si mesmo. Cambia, pérdese e permanece.

 

 

Arriba  

 

 

O país das bestas

O país das bestas

Eva Moreda

Biblos

Xénero: Narrativa

176 p. ; 16 €

O primeiro Premio Biblos-Pazos de Galicia tivo unha finalista que espertara un grande interese nos membros do xurado co seu proxecto de novela. Despois non houbera ocasión de valorar o seu texto porque aquela escritora novel, Eva Moreda, estaba a traballar en Alemaña e esa circunstancia e os estudos privárana do tempo necesario para poder presentar o traballo concluído. Pero catro anos despois chega o momento de disfrutar de O país das bestas, unha novela sobre o mundo dos comuneiros e gandeiros marcado ola violencia da postquerra.

 

 

Arriba  

 

 

Monte Louro

Monte Louro

Luís Rei Núñez

Xerais

Xénero: Narrativa

688 p. ; 24 €

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcará daquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor. Monte Louro, o máis poderoso referente xeográfico da infancia, agrándase na memoria como resumo mítico do que no pasado non puido ser e talvez non será xa nunca. Tamén andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada ós infernos na que parece que sairá triunfante o Mal. Terá que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida…

Todo isto e moito máis contánolo Rei Núñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clásico das letras galegas. 

 

Arriba  

 

 

El tabaco y el incienso. Un episodio compostelano del siglo XVII

El tabaco y el incienso. Un episodio compostelano del siglo XVII

Baudilio Barreiro Mallón

Nigra Trea

Xénero: Investigación

200 p. ; 25 €

Nesta obra recupérase e analízase a traxectoria de frei Gregorio Balboa, monxe da segunda metade do século XVII, profeso de San Martiño de Santiago e prior de Vilanova de Arousa. Este beneditino aproveitou o envío das súas rendas cara os mercados do Cantábrico para se introducir no contrabando de tabaco procedente do porto libre de Bilbo, como carga de retorno, ao amparo dos privilexios do estamento eclesiástico. O prior formara un grupo de colaboradores asturianos e galegos, clérigos e laicos, que se movían pola cidade de Santiago, pero sobre todo polas aldeas da ría de Arousa, que desenvolvían un amplo labor de apoio e de distribución da mercancía. No entramado sobresae asá mesmo un antagonista de Balboa: o abade Juan de Landa, quizabes inimigo do prior, que acabou abríndolle un proceso con elementos escénicos propios dunha novela picaresca. Ámbolos dous personaxes descóbrennos a existencia de dous bandos dentro de San Martiño de Santiago -reformadores e continuístas-, abertamente confrontados. As peripecias da viaxe do proceso xudicial, que rematou coa condena e fuga do encausado, poñen remate a este estudo.

 

Arriba  

 

 

 

Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega

Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega

Xesús Alonso Montero

Galaxia

Xénero: Ensaio

454 p. ; 30 €

 

Con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro, Editorial Galaxia publica este libro no que o profesor Xesús Alonso Montero fai un percorrido pola vida e a obra do escritor, realizando un retrato moral e intelectual do autor de Filosofía da saudade.

Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica.

Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane, o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.

 

 

Arriba  

 

 

A caída

A caída

Luís Valle

P.E.N. Clube

Xénero: Poesía

184 p. ; 17 €

O pálpito esencial da poesía de Luís Valle está na cova. O home -ou muller- ante a noite profunda, ante a memoria, ante o baleiro, ante a conciencia terrible de que hai futuro e morte. Con algún alustro de calor.

VIII Premio de Poesía Caixanova.

 

 

Arriba  

 

 

De fala a lingua: un proceso inacabado

De fala a lingua: Un proceso inacabado

María Pilar García Negro

Laiovento

Xénero: Ensaio

272 p. ; 18 €

Reúne este volume artigos, estudos e traballos varios de case unha década, a inicial deste século, todos eles referidos á lingua de noso. Ben quixera a autora que todo o aquí recollido non tivese nada a ver coa actualidade e formase parte só dunha recordación do pasado. Pasado superado polo cambio lingüístico favorábel á lingua nativa e nacional, á lingua galega. Lamentablemente, non é así. Como todos eles van ordenados simplesmente de forma cronolóxica, quer a casualidade que o primeiro, do ano 2000, se titule cunha pergunta que, hoxe, volve ter, por desgraza, toda a vixencia: ¿a quen ofende o (idioma) galego? Xogabamos daquela coa dupla posibilidade: o nome da lingua e nós mesmos, a Galiza, as galegas e os galegos, metonimia e símbolo que seguen a ser practicábeis no presente: ¿a quen lle sobra -si, sen eufemismos- a existencia da Galiza e do signo principal que a exterioriza? ¿Vai ser máis potente a forza destrutora dos colonizadores de antano e de hoxe, en alianza co autoodio dos nativos, do que a ansia por deixar de liquidármonos?

 

 

Arriba  

 

 

A vida do outro

A vida do outro

Carlos G. Reigosa

Xerais

Xénero: Narrativa

264 p. ; 16,50 €

 

 

A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornable do seu tempo, acaba por dexergar un descoñecido no propio espello. Por iso se revolve contra o que é -e contra o que os demáis queren que sexa-, para ousar converterse en si mesmo e recoñecerse como tal. A vida do outro ten o celme da vida e da Historia. Nas súas páxinas alenta o misterio que nos transubstancia en buscadores da felicidade, ás veces por vieiros de extravío. Carlos G. Reigosa atina ó profundar nas chaves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa. Quizais porque ás veces é a doutro. Inevitablemente.

Premio Torrente Ballester de novela, 2008.

 

Arriba  

 

 

O museo da inocencia

O Museo da Inocencia

Orhan Pamuk [Trad. de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos]

Galaxia

Xénero: Narrativa

706 p. ; 28 €

Kemal, fillo dunha familia rica da cidade de Istambul, reúne os obxectos que lle lembran a Füsun, unha humilde rapaza de dezaoito anos que se converte no seu escuro, e segredo, obxecto de desexo. A obsesión acrecéntase consonte a satisfacción da paixón amorosa se fai imposible e a colección medra. A novela de Orhan Pamuk é o catálogo comentado dese museo absurdo: o Museo da Inocencia. É a historia dos obxectos que pretenden substituír o amor fanado e o tempo perdido. A da posesión como inútil modo de vida.

O Museo da Inocencia é a primeira novela de Orhan Pamuk desde que lle fora outorgado o Premio Nobel de literatura.

 

 

Arriba  

 

 

Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008

Raíz e soño (Canción de Oleiros): 1976-2008

Xavier Seoane

Trifolium

Xénero: Poesía

91 p. ; 11 €

Un dos nosos máis grandes poetas de hoxe, Xavier Seoane, ofrece a súa escrita -neste volume XI da colección Cadernos de Estudos Oleirenses-, a Oleiros, pois es en Oleiros onde o poeta, ademais de vivir longos períodos, gozou de moitos dos momentos e experiencias máis felices da súa vida... En Oleiros escribiu unha gran parte dos seus libros e, en Oleiros, gustaríalle descansar, e así o constata, espido de equipaxe, cando chegue a hora desa viaxe que tan ben soubo formular, efectivamente, aquel gran poeta que foi don Antonio Machado.

Constata o poeta, canto aos textos que conforman o volume que, cando os le, como nunha grande parte do que leva escrito, non pode deixar de sentir o eco constante de moitos anos de vida nos gratos lugares de Oleiros que tanto leva gozado e camiñado.

 

Arriba