índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

O contencioso de Sargadelos

 

 

 

 

 

 

 

Areaquente

 

 

 

 

 

 

A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula

 

 

 

 

 

 

O símbolo perdido

 

 

 

 

 

 

Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro

 

 

 

 

 

 

Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia

A fama. Novela en nove historias

Cogomelos medicinais

As razóns do galego

Auténticas e verdadeiras historias

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

O contencioso de Sargadelos

O contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo

 

Xosé Manuel del Caño

Linteo

Xénero: Conversas

272 p. ; 19 €

O pintor, ceramista e vello galeguista Isaac Díaz Pardo é unha das figuras máis carismáticas e apaixonantes da Galicia actual. Despois de poñer en marcha Cerámicas do Castro, Sargadelos, Ediciós do Castro, o Laboratorio de Formas de Galicia e o Instituto Galego de Información foi apartado da dirección do Grupo Sargadelos por algunhas das persoas que el mesmo colocou ó fronte do proxecto empresarial. Mantén un preito contra a actual dirección da compañía, ó entender que non cumpre a obriga de someter toda a actividade ás directrices do Laboratorio de Formas.

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Areaquente

Areaquente

 

An Alfaya

Sotelo Blanco

Xénero: Narrativa

200 p. ; 12 €

O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area.

Obra gañadora do Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 2009.

 

 

 

 

Arriba  

 

 

A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula

A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula

 

Antonío García Teijeiro

Galaxia

Xénero: Ensaio

124 p. ; 12 €

Este texto nace da paixón dun profesor que é escritor, dun escritor que é profesor, dun poeta que lles aprende aos cativos que a poesía tamén é alimento.

Na primeira parte do libro asistimos a unha reflexión lúcida arredor da importancia da poesía, da palabra, das boas historias, da fantasía nas nosas vidas. Na segunda ofrécense técnicas concretas para traballar na aula a creación poética a partir de propostas lúdicas que permiten que calquera, se ten paixón, sexa quen de sacar de dentro uns cantos versos fermsos.

En definitiva, un libro que nace da experiencia e da paixón de moitos anos aprendendo a crear poesía nas clases e fóra delas.

 

 

 

Arriba  

 

 

O símbolo perdido

O símbolo perdido

 

Dan Brown [Trad. de Carlos Acevedo, Fernando Moreiras e Eva Almazán]

EL Aleph

Xénero: Narrativa

576 p. ; 21,90 €

O símbolo perdido comeza na capital dos Estados Unidos, Washington DC. Robert Langdon, profesor de simboloxía da Universidade de Harvard, chega á capital para impartir unha conferencia no edificio do Capitolio. Pouco despois de chegar, aparece no centro da Rotonda un obxecto desconcertante cifrado con cinco símbolos. Nesta enigmática inscrición Langdon recoñece axiña unha invitación atávica, unha chamada misteriosa que procede dun mundo esotérico e remoto. Este descubrimento coincide co secuestro do principal mentor de Robert Langdon, Peter Solomon, filántropo e membro da masonería. Langdon comprende que ambos os feitos están relacionados e non ten máis remedio que aceptar o reto deste estraño misterio. Langdon atópase de súpeto envolto nunha aventura que o obriga a descubrir o reverso da cidade e seguir os fíos que percorren as cámaras secretas, os túneles e os templos en que se agocha o poder máis arcano. Todo o que ata o momento lle parecera familiar convértese da noite á mañá nun mundo clandestino e escuro en que todo permaneceu coidadosamente oculto nun pasado de segredos masónicos e revelacións nunca vistas que parecen conducir a unha verdade inquietante e terrible.

 

 

Arriba  

 

 

 

Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro

Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro

 

María Xesús Nogueira

3c3 editores

Xénero: Ensaio/Investigación

288 p. ; 21 €

 

O achegamento a calquera das pezas narrativas de Cunqueiro revela o lugar central que nelas ocupan os seus personaxes literarios. Así o testemuñan tanto o elevado número destes como a articulación das novelas e relatos ó redor de personaxes centrais. Neste volume estúdase ese universo de personaxes no conxunto da narrativa, longa e breve, do autor mindoniense, tanto da escrita en galego como en castelán, o que permite determinar se existen diferenzas á hora de deseñar personaxes para obras pertencentes a un ou outro sistema literario.

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia

Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia

 

Xosé R. Barreiro Fernández

Xerais

Xénero: Ensaio

336 p. ; 20 €

Os estudos sobre a Guerra da Independencia en Galicia están guiados por dúas liñas de investigación: a ideolóxica e a militar. Nesta perspectiva dominante sempre cobra especial protagonismo o mundo militar e os personaxes marcados polo conservadorismo da época. Fronte desta visión ideoloxizada, Xosé Ramón Barreiro Fernández descóbrenos o protagonismo do pobo e doutras claves sociais organizados en alarmas e mandadas por caudillos populares que ensombrecen o papel do exército. En definitiva, a intrahistoria como complemento e matizacións da macrohistoria dominante na nosa historiografía.

 

 

Arriba  

 

 

A fama. Novela en nove historias

A fama. Novela en nove historias

 

Daniel Kehlmann [Trad. de Patricia Buján Otero]

Toxosoutos

Xénero: Narrativa

178 p. ; 15 €

 

Co ritmo vivo e a habelencia narradora que xa amosara en A medición do mundo, Daniel Kehlmann compón desta volta un mosaico ledo e irónico sobre a sociedade actual.

Un actor de cinema que dubida da súa propia existencia, un riquísimo escritor de libros de aparente sabedoría que arrenega do que ensina neles, unha muller que decide morrer e decátase de que a súa vida é unha ficción inventada por outro.

Estas nove historias amosan o poder dos medios de comunicación para duplicar o mundo real e a atracción titánica que exerce a celebridade.

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Cogomelos medicinais

Cogomelos medicinais

 

Alejandro Mínguez

Cumio

Xénero: Investigación

134 p. ; 11,90 €

 

 

Unha guía sinxela, na que tanto afeccionados ao mundos dos cogomelos coma non iniciados, poden atopar datos interesantes. O libro componse de doce fichas con descricións dos fungos e dos seus hábitats, das súas propiedades e indicacións e mesmo unha receita de cociña de cada un deles. A modo de curiosidade inclúense tamén seis cogomelos non comestibles mais con beneficiosas propiedades das que tamén se aproveita a industria farmacéutica.

 

 

 

 

 

 

 

Arriba  

 

 

As razóns do galego

As razóns do galego. Apelo á cidadanía

 

Henrique Monteagudo

Galaxia

Xénero: Ensaio

230 p. ; 18 €

A sociedade galega atópase perante un dilema crítico para o porvir: o abandono ou a promoción do seu idioma propio.

Neste volume recóllense escritos e artigos arredor da situación actual do idioma galego e dos debates sociais sobre a lingua e as súas expectativas de futuro. Ao carácter divulgativo e reflexivo dos ensaios, engádese o ton deliberativo e polémico dos artigos, publicados na edición de Galicia do xornal El País. En definitiva, formúlase un apelo á conciencia civil, nun intre crítico para o futuro da lingua galega.

 

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Auténticas e verdadeiras historias

Auténticas e verdadeiras historias

 

José Carlos Bermejo Barrera

Lóstrego

Xénero: Historia

190 p. ; 16,95 €

 

Seguindo o modelo de historias satíricas escritas dende o século XVIII, o autor, un dos máis reputados intelectuais galegos na actualidade, pasa revista nun ton satírico e ameno a elementos fundamentais da historia da humanidade e da historia de Galicia, parodiando e cuestionando as grandes institucións sociais, a cultura, a filosofía ou a relixión.

 

 

 

Arriba