Andel de marzo
|
No andel do mes |
|
|
|
Organoloxía
|
|
Covalladas. Prosa vertical
|
|
Onte
|
|
Conservas
|
|
Feijoo, o galego e nós
|
|
O coitelo en novembro
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
|
|
Cos peitos desenchufados
|
|
Eloxio da ociosidade
|
|
Nocturnos
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Cartas no exilio
María Lopo Baía Xénero: Epistolar 168 p. ; 15 € |
Moitas son as persoas que fixeron posible esta edición. A primeira, por suposto, María Casares, por conservar estas cartas, e con elas, parte da nosa memoria; Véronique Charrier, directora da Maison du Comédien Maria Casarès e legataria desta correspondencia, por preservala e transmitila, decidindo a súa conservación e facilitando a súa consulta; María Esther Varela Casares, que nos deu unha autorización eticamente importante para Véronique Charrier e para min mesma; María Teresa Dolley, xefa do servizo de biblioteca do IMEC, a súa profesionalidade e a súa calidade humana favoreceron e facilitaron a realización desta investigación. E por suposto a Concellería de Cultura e Museos Científicos do Concello da Coruña na persoa da súa responsable, María Xosé Bravo San José, e Baía Edicións, por aceptar e levar a bo porto este proxecto. A edición dunha correspondencia contén moi diversos e variados traballos de investigación, que se adaptan mellor ao traballo en equipo que ao individual. Desde os inicios deste proxecto, na primavera de 2003, varias persoas implicáronse nel, desde a paixón investigadora e a xenerosidade do saber; considéroos coautores do mellor que este libro poida conter, asumindo por suposto, como exclusivamente meus, todos os erros, carencias e imperfección do resultado final. Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e Santiago Lopo achegaron a ilusión imprescindible e colaboraron comigo en diferentes momentos do proceso, tanto a nivel do seu deseño teórico como da súa realización práctica: na localización dos documentos, na consulta dos inventarios, na elaboración de listados, na transcrición dos orixinais, nas traducións desta obra chea das linguas todas do exilio. Tamén quero citar aquí a Ana María García Collazo, a Tania Lamas e a Dionisio Pereira, que coa mesma ilusión achegaron datos do saber das súas áreas. Mais o maior dos agradecementos vai, por suposto, para esas voces do exilio que o vento da vida e da historia espallou polo mundo. Por todo o que delas se aprende ao escoitar, ao ler con emoción e admiración os seus vívidos testemuños de loita e de derrota, de dignidade, de confianza no futuro e na humanidade; unhas voces das que apenas conservamos ás veces máis ca unhas iniciais ilexibles, ou un anónimo enderezo nunha provincia francesa que xa non existe na administración territorial. As nosas voces. Abrir unha tras outra as caixas da nosa memoria na nave central dunha renovada abadía normanda, e comprobar que nela segue zoando o vento, mostra que o máis improbable azar é sempre necesario e que todos os lugares fan o noso lugar, o lugar do noso exilio. |
|
|
|
|
|
|
|
O caderno dourado Doris Lessing [Trad. de Eva Almazán] Galaxia Xénero: Narrativa 878 p. ; 24 € |
Publicada por primeira vez en 1962 e considerada unha das grandes novelas do século XX, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha escritora inmersa nunha crise persoal que decide as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente: o caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o azul para todo o cotián. A obra coa que Doris Lessing, Premio Nobel de Literatura 2007, acadou o recoñecemento internacional.
|
|
|
|
|
|
|
|
Historias da pintura. Odas aos pintores galegos Maximino Cacheiro Varela Toxosoutos Xénero: Narrativa/Poesía 152 p. ; 10 € |
Historias da pintura é unha serie de contos inspirados nos cadros dos grandes mestres da pintura universal. Mediante a análise da técnica e temática dun cadro, téntase ficcionalizar a praxe psicolóxica do autor correspondente no trance do acto pictórico. Odas aos poetas galegos son sesenta e cinco poemas adicados aos grandes pintores galegos. A través dunha análise da dialéctica concreta dos cadros reflíctese a silenciosa voz poética que os habita. |
|
|
|
|
|
|
|
A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín V.V.A..A. Sotelo Blanco/Xerais Xénero: Ensaio 546 p. ; 20 € |
A presente obra é unha mostra de agradecemento e de cariño ao Méndez Ferrín do Arrabaldo do Norte que, seguindo o ronsel de Murguía e dos que soñaron unha Galicia ceibe, empeña a súa vida na construción da nación; e tamén ao Méndez Ferrín, renovador constante da creación literaria, que desde moi novo anda á caza da "olorosa pantera", a procura dun galego radical e puro, descolonizado de castelanismos, que á vez sexa popular e útil para a comunicación da cultura moderna, un idioma válido para todos aos galegos e galegas e para todos os usos da lingua. |
|
|
|
|
Ámote vermella Claudio Rodríguez Fer e Sara Lama (Ilustracións) Xerais Xénero: Poesía 168 p. ; 20 €
|
Con Ámote vermella, o poeta Claudio Rodríguez Fer conclúe a súa triloxía poética sobre a memoria histórica iniciada con Lugo blues e proseguida con A loita continúa (Xerais 2004). Este poemario elexíaco, ilustrado pola pintora Sara Lamas, está organizado en tres partes: I. “No corazón da besta”; II. “Na besta do corazón” e III. “Memoria contra a morte”. Na primeira parte, a máis extensa do libro o poeta e a pintora homenaxean a todas as mulleres vítimas da barbarie do 36, esquecidas entre os esquecidos. Así recupérase a memoria e o rostro das mulleres libertarias asasinadas en Galicia, como Josefa Barreiro González, nai humilde ou Dolores Blanco Montes, a voz das conserveiras e atadeiras do Morrazo. Outrosí faise con Juana Capdevielle, secuestrada tras ser fusilado o seu marido, Francisco Pérez Carballo, gobernador republicano da Coruña, e asasinada e enterrada en Rábade o 18 de agosto de 1936. Elexía pronunciada na lembranza de Amada García, fusilada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, tras despedirse do seu pai, do seu marido e do seu fillo, acabado de nacer. Homenaxe que se estende ás mestras represaliadas (como María Vázquez Suárez, Mercedes Romero Abella ou a ourensá Erundina Álvarez Pérez), ás matronas republicanas, ás decenas de mulleres descoñecidas que agocharon a fuxidos e pagaron coa súa vida por isto ou a todas as mulleres que tolearon de dor durante aqueles anos da represión. Na segunda e terceira parte, o poeta homenaxea as súas voces filiais máis queridas. Ámote vermella é un berro emocionante contra o exterminio atroz daquelas vidas desfeitas, contra o esquecemento inxusto e o silencio cómplice no que se mantivo a estas vítimas do fascismo, ao tempo que cosntitúe un chamado en solidariedade con todas as comunidades do mundo que padecesen calquera ditadura do terror. |
|
|
|
|
|
|
|
Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración David Otero Laiovento Xénero: Ensaio 235 p. ; 17 € |
Este libro resume, condensa e amplía a bibliografía existente sobre a
personalidade política, intelectual e humana dunha das figuras máis
relevantes da historia do nacionalismo galego. Como consecuencia da súa decidida entrega na defensa dos intereses e da dignidade da nosa Nación, Alexandre Bóveda sería asasinado o 17 de agosto de 1936 no monte da Caeira en Poio. Minutos antes da súa execución, aínda era quen de ditar a derradeira "leción do mestre": "a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega.Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra". |
|
|
|
|
As serpes cegas Bartolomé Segui e Felipe Hernández Cava BD Banda Xénero: Banda deseñada 72 p. ; 16 € |
A Ben Koch búscao un home estraño que viste de vermello, mais el aínda non o sabe porque ten a cabeza noutro lado. O propio Ben anda á súa vez na procura de alguén. Estamos en Nova York en 1939, a Guerra Civil está rematando e antes da tormenta mundial que se aproxima, algunhas contas deben ser saldadas. Esta serie publícase na revista BD Banda, nova época. A asociación cultural BD Banda publica o álbum en galego e castelán ("Las Serpientes Ciegas") e a editorial Dargaud en francés ("Les Serpents Aveugles"). |
|
|
|
|
|
|
|
Viaxes ao corazón. Diario ínfimo Xosé Manuel G. Trigo Galaxia Xénero: Narrativa 108 p. ; 12 €
|
Vida e literatura xuntas nun libro que convoca momentos ínfimos do pasado para celebrar o presente. Un diario escrito con fina ironía mais sentindo de cerca a respiración da xente, dos que nos consolan de vivir. O autor percorre o ano 2007 nun xogo de espellos no que o presente abeira e garda o pasado e o pasado dá sentido ao presente. Aprender o oficio de vivir é aprender a contar a propia historia, e facelo botando man da levidade, insinuándose, axudándose da complicidade do lector para escanciar a esencia da vida. Pois estas Viaxes do corazón son as voltas do tempo, as reviravoltas da experiencia, un diálogo entre o que o escritor é e o que foi, entre o autor e a terra, unha conversa coas árbores, coa xente, co mundo. Quen escribe, fala, e a través da súa escritura chegan as voces dos que a el lle falaron.
|
|
|
|
|
Nin che conto. Para coñecer e gozar a micronarrativa Xosé Manuel Eyré Xerais Xénero: Narrativa 216 p. ; 16 € |
Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelación do sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son un exercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero para conseguir descifrar o seu código, os microtextos precisan dun lector específico, capaz de representar na súa mente todo o que non figura por escrito, de aí a importancia que se lle concede neste estudo á actitude dinámica, activa, creativa e lúdica dos lectores e lectoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canónicos da literatura universal, en Nin che conto ofréceselle un extenso espazo aos autores e textos máis representativos da micronarrativa galega.
|
|
|
|
|
|
|
|
Máis alá do padal Sonia Torre Delgado e Santiago Barreiros Camba (Fotografías) Ir Indo Xénero: Gastronomía 130 p. ; 52 € |
“Máis alá do padal” é unha obra distinta, desigual, dispar, que fai un recorrido pola gastronomía galega, coa adaptación fresca de pratos tradicionais nos que o producto autóctono e o respecto pola usanza constitúen os principios esenciais. Sen pretensións de recetario de cociña o uso, senón máis ben, de transmisión de sentimentos, sentimentos aos que nos leva a ollada das paxases que escoltan cada fotografía e que logran mergullar ao lector na transformación do xénero unha vez cocinado. Na mesturas de cocina, fotografía e literatura, reside toda a beleza desta obra que acada un propósito buscado: non deixar indiferente.
|