Andel
|
No andel do mes |
|
|
|
Organoloxía
|
|
Covalladas. Prosa vertical
|
|
Onte
|
|
Conservas
|
|
Feijoo, o galego e nós
|
|
O coitelo en novembro
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
|
|
Cos peitos desenchufados
|
|
Eloxio da ociosidade
|
|
Nocturnos
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
A praia dos afogados
Domingo Villar Galaxia Xénero: Narrativa 504 p. ; 19,90 € |
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas. |
|
|
|
|
|
|
|
Retorno a natura LXosé Manuel Lobato (Textos) e Alfonso Martínez (Ilustracións) Alvarellos Xénero: Narrativa/Ensaio 140 p. ; 13,90 € |
Unha chamada última -que non derradeira- a salvar a paisaxe galega. Unha crítica fonda ás desfeitas. Un berro contra a destrución do noso contorno. E un clamor, tamén, con raiolas de esperanza, para soñar nun futuro de apego coa terra. 36 crónicas de prosa poética e denuncia, acompañadas -e acougadas, a un tempo- polo trazo lene e onírico do ilustrador Alfonso Martínez.
|
|
|
|
|
|
|
|
Conversas con Alfredo Conde X. M. del Caño Ir Indo Xénero: Entrevistas 308 p. ; 16 € |
Alfredo Conde foi un político discutido e discutible, contra o que lanzaron dardos envelenados por concorrer e gañar o premio Nadal con Los otros días, en versión castelá, despois de ser titular da Consellería de Cultura e de lograr o primeiro e único Premio Nacional de Literatura que permanece no haber das letras galegas, con O griffón. Masacrárono pola debilidade que mostrou ó entrevistar a Fidel Castro, cando era membro do goberno tripartito que presidía Fernando González Laxe. E conducírono á fogueira do desprestixio máis demoledor que pode sufrir un personaxe público, cando o diario El País publicou a catro columnas a frase: "¿Qué hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?", atribuída a Alfonso Guerra. Por todos estes acontecementos, Alfredo Conde considera que foi xulgado, sentenciado e condenado, no eido da función pública, sobre o que ofrece sorprendentes revelacións. Pero do que xa non cabe dúbida, é de que durante toda a xeira de paixón non deixou de traballar, coma un dos colosos das letras galegas. Alfredo Conde é un dos principais autores da literatura galega, que continúa facendo achegas fundamentais. |
|
|
|
|
|
|
|
A desaparición da neve Manuel Rivas Alfaguara Xénero: Poesía 280 p. ; 19,50 € |
A linguaxe, o corpo e a natureza tecen unha «enigmática organización» que se manifesta pola boca da literatura: as palabras en vilo. Poemas que contan historias, que se moven «como un vento infinito» polos espazos da narrativa, a canción, os graffiti, o cine mudo ou o xerminar onomatopeico. Unha literatura «pel vermella», que reivindica a arte da «mirada fértil», a «man sincera». Unha literatura que quere se identificar co andar do vagabundo de Chaplin e o voo do corvo de Noé, o da simultaneidade entre o imprevisible e o destino, entre a vangarda e a saudade. Este libro é tamén, en si mesmo, unha illa de biodiversidade. A boca da literatura fala aquí en galego, castelán, catalán e éuscaro. |
|
|
|
|
A perspectiva desde a porta Patricia A. Janeiro Positivas Xénero: Narrativa 223 p. ; 15 €
|
A perspectiva desde a porta é un dos libros máis agardados nos últimos tempos, é a novela que confirma unha narradora valente, viva, innovadora… A avogada Nadia foxe de Santiago cara a Venecia para tentar superar a súa crise matrimonial ou esquecer a dureza da defensa dun preso independentista. Pero Venecia non consegue o que pretende, nin sequera o romance cun camareiro veneciano logra que se ausente das súas realidades. Nadia lembrará, durante toda a novela, parte da súa vida, así como a doutras vidas protagonistas da historia recente galega. A perspectiva desde a porta é unha narración que se alimenta das arriscadas materias que debe acompañar sempre a literatura. E seguro que é unha das novelas protagonistas dos novos tempos na literatura galega. Un libro tan polémico como ousado. |
|
|
|
|
|
|
|
Pequeno panteón portátil Alain Badiou Laiovento Xénero: Ensaio 127 p. ; 12 € |
Aqueles que arredor de 1965 tiñan entre vinte e trinta anos, atopáronse cun número excepcional de mestres no campo da filosofía. Os vellos como Sartre, Lacan ou Canguilhem estaban aínda en plena actividade; os que eran algo máis novos, como Althusser, estaban a despregar a súa obra, e toda unha xeración, os Deleuze, Foucault, Derrida, entraban en escena. Hoxe todos eses mestres están mortos. O panorama filosófico, sobradamente poboado de impostores, está composto doutro xeito, non tirando a súa consistencia máis que daqueles, novos ou menos novos, que, formulándoas novamente na súa propia linguaxe, saben ser fieis a cuestións que nos animaron hai corenta anos. Creo que é de xustiza reunir as análises e homenaxes que ao longo de anos, cando ían desaparecendo, consagrei a aqueles aos que debo o significado, sempre inhumano en tanto que nobre e combatente, da palabra filosofía. Debo dicir que non sempre tiven con estes contemporáneos relacións sinxelas e tranquilas: como di Kant, a filosofía é un campo de batalla. Pero, ao considerar hoxe os innumerábeis “filósofos” mediáticos, podo dicir que quero a todos aqueles dos que falo neste libro. Si. Quéroos a todos. Alain Badiou. |
|
|
|
|
Zoommm. Textos biónicos Estíbaliz Espinosa Xerais Xénero: Poesía 96 p. ; 12,95 € |
No século XXI, finxir dar vida foi un dos cometidos principais daqueles que traballaban nesa trampa oblicua chamada arte: a creación de personaxes semellaba un eixe fundamental na novela, esa simulación tamén se atopaba no deber dun bo actor, dun guionista, dun realizador de cine, un fotógrafo, un debuxante de cómics... No século XXI, procurar vida foi un dos cometidos principais daqueles que se dedicaban a esa fe experimental chamada ciencia: a medicina, a investigación no xenoma, a astrofísica, a matemática agochada nos patróns de crecemento vexetal e animal, a arquitectura orgánica... No século XXI, aplicar un zoom nos textos das criaturas humanas revelaría unha ambición de alquimista: transmutarse en vida. En memoria.Vingadora da mortalidade. Zoommm, o poemario de Estíbaliz Espinosa, achégase con torpeza humana ás relacións incestuosas entre texto e vida, linguaxe da máquina e linguaxe lírica, e a ese antigo desexo infantil de que o que leamos se transfigure en nós, electrice a nosa medula, siga o noso ritmo vascular, volva parte de nós ou nós dela. Somos o que foron outros. Se somos o que comemos, somos o que lemos. |
|
|
|
|
|
|
|
A Galicia castrexa Javier Rodríguez Corral Lóstrego Xénero: Investigación 240 p. ; 19,95 €
|
A cultura castrexa é un dos temas máis populares de toda a Historia de Galicia. Neste libro, que parte dun rigoroso estudo dos seus distintos ámbitos, trátase de acadar unha síntese que aborde no seu conxunto tanto o estudo dos castros como dos aspectos máis salientables da sociedade que habituou neles: a relixión, a economía, a guerra ou a vida cotiá.
|
|
|
|
|
Sete casas en Francia Bernardo Atxaga [Trad. de Ramón Nicolás] Faktoría K Xénero: Narrativa 276 p. ; 19,50 € |
En 1885 a Conferencia de Berlín recoñeceu a propiedade do rei Leopoldo II de Bélxica sobre o Estado Libre do Congo. Nos seguintes 30 anos, coa anuencia das potencias coloniais europeas e o consentemento das autoridades relixiosas, as forzas militares belgas cometeron un dos maiores xenocidios na historia da humanidade. Atxaga regresa dunha beca dun ano na Universidade de Reno (Nevada) cunha novela de prosa trepidante que marca un importante xiro no seu estilo narrativo, adoptando por primeira vez un ton cómico e grotesco para abordar a época colonial do Congo belga. Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón. Todo isto encadrado nun territorio que, por desgraza, aínda padece as consecuencias dese escuro episodio histórico. Moitos escritores abordaron aqueles sucesos, dende Marc Twain ata Connan Doyle ou Joseph Conrad. Pero as referencias de Atxaga a eses textos son marxinais; non hai crónica xornalística nen denuncia directa nesta novela, que incorpora elementos propios do xénero de aventuras. No posto militar de Tangabi, situado no curso alto do río Congo, está instalado un destacamento da Force Publique, a cabalo do tedio e da cobiza. Alí goberna o capitán Lalande Biran, excelente militar e recoñecido poeta. A vida tanscorre monótona e aborrecida, mais a chegada de Chrysostome Liège, un militar moi peculiar, provoca un cambio substancial no estado das cousas... |
|
|
|
|
|
|
|
O vicio nefando Xosé Manuel Martínez Oca Baía Xénero: Narrativa 320 p. ; 18 € |
Cosme Damián Ferro Barreiro, estudante opositor e narrador novel, preséntasenos como prototipo de escritor que non só ten que combater a indecisión ante a súa obra e a insatisfacción ante unha experiencia vital non moi asumida, senón tamén o poder case divino que se atribúen as editoras sobre a obra literaria, con argumentos en que pesan sempre máis os criterios mercantilistas que os propios literarios. É unha excelente novela cargada de ironía e denuncia, en que a literatura e os escritores son os auténticos protagonistas dunha historia que non se nos revela indiferente.
|