índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Glass City (Cidade de cristal)

 

 

 

 

 

 

 

Sete palabras

 

 

 

 

 

 

Bos tempos para a lírica

 

 

 

 

 

 

Neve

 

 

 

 

 

 

Pelo de cenoria

 

 

 

 

 

 

Delimvois

Noite de entroido

A noite do moucho

Poesía galega toda

Episodios galegos. Tempos de esperpento

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Glass City (Cidade de cristal)

Glass City (Cidade de cristal)

 

Eduardo Alonso

Espiral Maior

Xénero: Tetaro

120 p. + 1 CD ; 20 €

Este libro é unha obra musical de grande formato no que participan catorce actores e actrices e conta con músicos en directo que interpretan os temas musicais e as cancións que aparecen no espectáculo.

En Glass City, hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento do espectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é A Coruña, e a época é o setembro de 1.958. Nesa época adoitaba pasar varios días de veraneo, o entón xefe do Estado Español, o ditador Franco, en A Coruña. Con el chegaban á cidade unha morea de ministros e altos cargos daquel goberno que transformaban a cidade na capital de España. Alí celebráronse consellos de ministros e constantes recepcións no Pazo do Concello, no club Náutico, e noutras sociedades civís, tamén se fixeron grandes cantidades de inauguracións, festexos e concursos para darlle brillo e esplendor a aquel réxime usurpador que xa levaba imposto máis de vinte anos.

Pero é tamén neste ano de 1.958, cando chegan aos bares de A Coruña, as “juke box”, máquinas de discos, importadas de Estados Unidos e que viñan cargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker e compañía, o xerme da revolución da música xuvenil estaba servida e callaría anos despois, pero algúns mozos coruñeses atentos, se adiantan. Nace a xuventude como clase social.

Mais non todos están sometidos ao Réxime, ao menos internamente. O traxecto que recorre a escolta do ditador todos os días, do Pazo de Meirás ao do Concello de A Coruña, é u bo lugar para un atentado, as curvas de Bastiagueiro, continuas e pechadas, que obrigan a reducir a velocidade dos coches, préstanse para elo. Aínda que posiblemente aconteceu anos despois, neste espectáculo datamos neste ano un intento de atentado ao ditador. Hai que ter en conta que Franco tivo, que agora se saiba, más de trinta intentos de atentados ao longo da súa dilatada ditadura.

 

 

Arriba  

 

 

Sete palabras

Sete palabras

 

Suso de Toro

Xerais

Xénero: Narrativa

320 p. ; 19 €

Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que Suso de Toro, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece badaladas, traza unha nova fronteira literaria.

 

 

Arriba  

 

 

Bos tempos para a lírica

Bos tempos para a lírica. A xeración de 1980

 

Xavier Rodríguez Baixeiras

Espiral Maior

Xénero: Ensaio

124 p. ; 12 €

Estudo exhaustivo, e ao mesmo tempo moi persoal, da escrita levada a cabo polos autores da coñecida como 'Xeración dos 80'. Xavier Rodríguez Baixeiras analiza a obra de once poetas representativos dunha época particularmente singular da lírica galega contemporánea.

 

 

 

Arriba  

 

 

Neve

Neve

 

Orhan Pamuk [Trad. de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos]

Galaxia

Xénero: Narrativa

606 p. ; 24 €

A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poeta exiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vaga de suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivo do poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea de feitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveita nunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía.

A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars e na atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático..

 

Arriba  

 

 

 

Pelo de cenoria

Pelo de cenoria

 

Jules Renard [Trad. de Xesús González Gómez]

Laiovento

Xénero: Narrativa

166 p. ; 15 €

 

En Pelo de Cenoria, Jules Renard cóntanos a historia dun rapaz -el mesmo?-: constrúe o personaxe mediante bosquexos rápidos, incisivos, ás veces mesturados con poesía ou animados por un sentimento moi real e intenso da natureza, ás veces cruelmente irónicos, amargos, acentuados por un epigrama final. A novela é a dolorosa historia dun rapaz a quen a súa nai non ama e á que el tampouco ama, que é vítima do seu irmán, da súa irmá, de todos. Pelo de Cenoria non é un desgrazado heroe da bondade, nin un mártir, o seu destino converteuno nun rapaz astuto, hipócrita, mesmo mentireiro, disposto a se defender de calquera maneira. É un ser cheo de sentimentos que non sabe esteriorizar e cando se esforza, torpe e parvo, só excita a hilaridade.

Publicada en 1894, Pelo de Cenoria, da que o seu autor tirou unha obra teatral e que foi levada ao cinema en diversas ocasións, é a obra máis coñecida de Jules Renard e a que o converteu nun escritor coñecido. Nesta novela, o seu autor narra a propia experiencia, a propia tristeza, e a pobre figura deste neno convértese en algo así como o símbolo da alma humana, esencialmente boa, ávida de afecto mais incapaz de abrirse aos outros, afogándose na propia amargura e na propia soidade. 

 

 

Arriba  

 

 

Delimvois

Delimvois

 

Rubén Ruibal

Xerais

Xénero: Teatro

96 p. ; 13,30 €

Delimvois (ou dlmvs) é a muralla científica que protexe e rodea unha das cidades do Estado Único. A partir dun texto de Jacobo Paz, «Estado Único», baseado no «Nós» de Yevgueni Zamiatin, Delimvois de Rubén Ruibal quere explorar os límites mentais, os marcos ideolóxicos, as fronteiras de palabras e pensamento nas que dous homes coa memoria borrada e unha aparente muller, científica eminente que experimenta con eles, descobren a súa carne, a súa identidade e mesmo a súa ledicia. Ela, á quen chamarán Castro, é a responsable dun urxente estudo para a optimización do Subministrador Único de Coñecemento, o sistema que mantén a orde, a felcidade e a unanimidade da cidade e que ameaza con colapsar. Pero durante o proceso o pasado agromará descubríndolle aspectos que non sospeitaba da organización do seu mundo e verase abocada a tomar decisións antes impensables.

 

Arriba  

 

 

Noite de entroido

Noite de entroido

 

Alejandro Llovo Otero

Toxosoutos

Xénero: Narrativa

92 p. ; 8 €

 

En Noite de entroido Alejandro Llovo Otero relata un episocio na vida de Farruco un serán de inverno, no que se mesturan creanzas populares e medos atrávicos galegos.

A forma de narrar proporciónalle á novela un pulo de fantasía e irrealidade máxica que a achega, pola súa forma, a Ánxel Fole e polo seu contido a Dos Arquivos do Trasno, de Rafael Dieste 

 

 

Arriba  

 

 

A noite do moucho

A noite do moucho

 

Anxo A. Rei Ballesteros

Galaxia

Xénero: Narrativa

120 p. ; 12 €

 

 

Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.

Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle.

Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade.

Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito.

 

Arriba  

 

 

Poesía galega toda

Poesía galega toda (I e II)

 

Xosé Carlos Gómez Alfaro

P.E.N. Clube

Xénero: Poesía

276 p. (v. I) e 320 p. (V. II) ; 24 € (Os dous volumes)

 

Un memento mori transita polas dúas beiras do desexo, polo sentimento de perda e pola posesión da memoria da vida. Sorte e infortunio, ledicia e mágoa convivindo teimosamente no ánimo de Xosé Carlos Gómez Alfaro. A súa obra poética configura unha das elexías máis conmovedoras da nosa recente historia literaria.

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Episodios galegos. Tempos de esperpento

Episodios galegos. Tempos de esperpento

 

Manuel O'Rivas

Xerais

Xénero: Ensaio

264 p. ; 17,60 €

 

En Episodios galegos, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas, irrompe Gustave Flaubert con poderosa metáfora: «Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo.» Na ollada tópica sobre Galicia, esa torre de marfil sería unha escaleira na que os protagonistas permanecerían suspensos na dúbida ontolóxica de ser ou non ser. Até que todo se abanea pola súbita marea dun novo esperpento. Chanzo a chanzo, cun punzante humorismo, Manuel Rivas constrúe o relato da Neogalicia neoconservadora, dominada por un neocaciquismo posh, e onde a idea motriz de «facer país» foi substituída por un «proceso de deconstrución nacional». Rivas critica unha «política de motoserra» que demouca os propios recursos, comezando pola lingua e a diversidade cultural. En Episodios galegos, a boca do xornalismo e da literatura fúndense nunha colleita que intenta, ao xeito requirido por Walter Benjamin, abastecerse da memoria «cando esta refulxe nun momento de perigo».

 

Arriba