índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

O recendo das mimosas

 

 

 

 

 

 

 

Diario dunha noiteboa

 

 

 

 

 

 

As novelas da memoria. Trauma e representación da historia na Galiza contemporánea

 

 

 

 

 

 

Sobre o racismo lingüístico

 

 

 

 

 

 

De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)

 

 

 

 

 

 

O paraíso das sombras

O pó dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño

Palabras xordas para oídos necios

Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades

Onde máis 15. Poemas musicados

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

O recendo das mimosas

O recendo das mimosas

 

Agustín Agra

Xerais

Xénero: Narrativa

208 p. ; 16,50 €

Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de “A tarasca”, de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con “Teseo no labirinto”, onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica. Entremedias, en relatos como “Os límites do inimaxinábel”, “Wünderbar” ou “O anel de Coleridge”, a irrupción dun elemento fantástico inesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade; noutros, como “Na caeira” ou “o Souto dos Gatos”, homenaxéase de forma explícita á memoria republicana; mentres que, finalmente, no relato “Xogando aos faraóns” ou, na case noveliña, “O chintófano”, a sátira política e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunha engaiolante lectura.

 

 

Arriba  

 

 

Diario dunha noiteboa

Diario dunha noiteboa

Manuel Jacobo González Outes

Baía

Xénero: Narrativa

180 p. ; 13 €

Partindo dunha sentenza xudicial pola que coñecemos a morte de Susana Figueiras, o protagonista, xornalista de profesión e historiador de vocación, escribe un diario a través do cal se nos desvela a vida dun grupo de estudantes de Universidade da Compostela, á súa propia, en que o pasado parece ter unha enorme pegada, o latexar da cidade compostelá... até levarnos a un final sorprendente e, ao tempo, revelador da trama que se pretende resolver.

 

 

Arriba  

 

 

As novelas da memoria. Trauma e representación da historia na Galiza contemporánea

As novelas da memoria. Trauma e representación da historia na Galiza contemporánea

John Thompson

Galaxia

Xénero: Ensaio

230 p. ; 19,50 €

A través das novelas pódese experimentar a forza da memoria como elemento transformador da sociedade actual.

Co obxectivo de propor novos vieiros de pensamento para achegarse á historia e á memoria da Segunda República, da Guerra Civil e da ditadura, en As novelas da memoria analízase a representación literaria deses acontecementos en relación coas falacias franquista que aínda perduran.

Memoria e trauma emerxen na sociedade e na ficción narrativa como pegadas espectrais xunto á problemática verbo da representación e a transmisión da Historia, o imaxinario da nación galega ou a presenza das mulleres no relato novelesco.

 

Arriba  

 

 

Sobre o racismo lingüístico

Sobre o racismo lingüístico

María Pilar García Negro (Ed.)

Laiovento

Xénero: Ensaio

191 p. ; 14 €

Queremos demostrar, en primeiro lugar, que as galegas e os galegos estamos vivas e vivos; que aspiramos a seguilo estando, na nosa Terra e coa lexítima propiedade da lingua galega. En segundo lugar, non aceptamos resignadamente que se nos inoculen doses mortais de amnesia, que derrame ou vaporice tantos anos -décadas- de loita pacífica, democrática e pedagóxica a prol do idioma, coas únicas armas que el nos dá: as palabras, os significados recuperados e a forza da razón e da devolución do que nos foi extirpado. En terceiro lugar, en fin, porque é xa anacronismo sobexo e insolencia demasiada termos que aturar, transcorrida case unha década do século XXI, o revival de vellos e resesos prexuízos, de exclusións antigas disfrazadas, en camuflaxe oportunista, de proscricións modernas.

Con ensaios de: Celia María Armas García, María Pilar García Negro, Manuel Ferreiro Fernández, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín Rei, Francisco Rodríguez Sánchez, Luís Villares Naveira.

 

Arriba  

 

 

 

De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)

De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)

Modesto Fraga e Miro Villar (coord.)

Sotelo Blanco

Xénero: Poesía

304 p. ; 15 €

 

Coordinada por Modesto Fraga e Miro Villar, e coa colaboración da Asociación Neria da Costa da Morte, esta antoloxía panorámica nace co obxectivo de xuntar nas súas páxinas a todos os poetas da Costa da Morte, unha compilación que nos leva desde Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835) ata María Lado (Cee, 1979). É un percorrido lírico que se inicia no libro Queixumes dos pinos (1886), aínda que Pondal xa era poeta en galego moito antes, e que remata no ano 2006, conformando un traxecto de cento vinte anos de poesía galega neste territorio mítico.

 

 

Arriba  

 

 

O paraíso das sombras

O paraíso das sombras

Cesáreo Sánchez Iglesias

Biblos

Xénero: Poesía

220 p. ; 16 €

Sen dúbida estamos ante a obra máis ambiciosa de Cesáreo Sánchez Iglesias, un dos grandes da poesía galega actual que ao longo de logo vinte anos foi tecendo e destecendo a súa propia memoria e a do seu territorio de referencia cos fíos máis diversos do presente e da historia do país. As terras de Maside e os protagonistas do seu acontecer mestúranse coas lembranzas da infancia, coa historia mítica e cos grandes acontecementos sociais que marcan o noso ser.

O paraíso das sombras é unha obra extraordinaria que, presentada co rigor dos versos ordenados en máis de douscentos poemas non esquece trazar un fío narrativo da estrutura base no que aparece a mítica da Terra Verde e a loita do ben contra o mal que encarnan respectivamente os fillos da chuvia e os homes sen rostro. Pero é, sobre todo, a obra madura dun gran poeta que filtra e cataliza a través da súa mirada o diálogo de moitas voces colectivas.

 

Arriba  

 

 

O pó dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño

O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesias Alvariño

Luciano Rodríguez Gómez

Xerais

Xénero: Ensaio

160 p. ; 16,50 €

Hai cen anos, o 12 de xuño de 1909, nunha aldea luguesa (Seivane-Graña de Vilarente) do Concello de Abadín, nacía Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961).A súa formación comezou no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, para licenciarse logo en Filosofía e Letras pola Universidade compostelana, e converterse, finalmente en catedrático de Latín de Ensino Medio (1949). Aquilino Iglesia Alvariño foi responsable desta materia no Instituto de Lugo, Pontevedra e finalmente no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Unha sólida formación nos autores clásicos gregos e latinos e nos autores da modernidade deron como resultado unha obra poética das máis compactas e calladas que floriron na poesía galega do século XX.

Con motivo do centenario do seu nacemento, o profesor Luciano Rodríguez da á luz esta magnífica aproximación á súa obra poética. O pó dos días estrutúrase en dúas sesións: na primeira, «Os días», dáse conta da súa peripecia biográfica; e na segunda, «As palabras», proponse unha lectura dos seis poemarios galegos que organizou e publicou Aquilino Iglesia Alvariño, un autor que fixo da lingua a súa patria.

 

 

Arriba  

 

 

Palabras xordas para oídos necios

Palabras xordas para oídos necios

David Durán Arufe

tresCtres

Xénero: Poesía

264 p. ; 16,50 €

 

 

Estamos ante un conxunto de 5 estudos de poesía que deberán ser lidos na orde correspondente por dous recitadores. As dúas persoas estarán sempre unha ó carón da outra, situándose o Recitador 2 á dereita do n.º 1. Trátase de combinar a creación literario-poética coa musical, observando de forma directa a estreita relación que hai entre ambas e o importante que é a «musicalidade» na creación poética. Inclúe un DVD e ilustracións a color de Cristina Durán.

 

Arriba  

 

 

Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades

Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades

Luís Rei

Galaxia

Xénero: Investigación

592 p. ; 29 €

Velaquí unha biografía que combina testemuños, documentos e literatura para achegar o lector a unha das figuras que viviu de preto períodos e acontecementos fundamentais de Historia galega do século XX. Das Irmandades da Fala á Ditadura de Franco, da emigración cubana e o movemento agrarista ao galeguismo de posguerra e o mito do poeta da patria. Un relato contado co pulso do narrador e a obxectividade do auténtico cronista.

A partir dun rigoroso traballo de investigación, Luís Rei reconstrúe o camiño longo existencial do poeta Ramón Cabanillas.

 

 

Arriba  

 

 

Once máis 15. Poemas musicados

Once máis 15. Poemas musicados

V.V.A.A.

Cumio

Xénero: Poesía

64 p. ; 15 €

Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables.

O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan.

 

Arriba