Andel
|
No andel do mes |
|
|
|
Organoloxía
|
|
Covalladas. Prosa vertical
|
|
Onte
|
|
Conservas
|
|
Feijoo, o galego e nós
|
|
O coitelo en novembro
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
|
|
Cos peitos desenchufados
|
|
Eloxio da ociosidade
|
|
Nocturnos
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
As leis fundamentais da estupidez humana
Carlo M. Cipolla Rinoceronte Xénero: Ensaio 86 p. ; 10 € |
Neste breve ensaio, o historiador da economía Carlo M. Cipolla desenvolve unha visión das persoas estúpidas, que debuxa como un grupo máis poderoso ca a Mafia, o complexo industrial-militar ou a Internacional Comunista, e que actúa coordinadamente sen precisar de regulamentos, líderes nin manifestos, movido só pola súa propia estupidez. As leis fudamentais da estupidez humana non é o traballo máis serio nin o que lle proporciounou máis prestixio académico ao autor, pero sen dúbida pode servir de utilidade ao lector precavido e contribuír dese xeito ao progreso do conxunto da sociedade. |
|
|
|
|
|
|
|
Diario dun bar Lupe Gómez Laiovento Xénero: Teatro 75 p. ; 9 € |
Interior dun bar. Outono. Pola ventá vense follas caendo das árbores. No bar hai unha foto de Heide e unha máquina de música con moitas cores. O camareiro anda dun lado para outro. Loaira está sentada lendo o xornal. Xoel entre no bar e mira para Loaira. Todos os personaxes son adultos pero levan pantalóns curtos, saias alegres. Parecen nenos pequenos. Hai un reloxo divertido na parede. É un bar luminoso. Aparece unha bailarina. Baila como se o sol estivese saíndo polas montañas. Como se unha nena pequena estivese esperando para ir ao colexio. Laiovento preséntanos a primeira incursión de Lupe Gómez na literatura dramática. Diario dun bar é un descenso a corazón aberto polo álbum da vida, unha viaxe de emocións cotiáns onde o esperpento, o surrealismo e unha sensibilidade que daña a pel refuxíanse baixo o paraguas escénico dun bar.
|
|
|
|
|
|
|
|
Do que estou a falar cando falo de correr Haruki Murakami [Trad. de Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez] Galaxia Xénero: Narrativa 188 p. ; 16 € |
En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr. Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares aos que viaxa, acompáñano nun relato no que escribir e correr se converten nun xeito de vida. |
|
|
|
|
|
|
|
Desequilibras e caer Cristina Ferreiro Real Bubela Xénero: Poesía 115 p. ; ¿? € |
Desequilibras e caer é un longo poema escrito de noite no país da choiva, un libro orgánico, ao modo sentimentalista, como unha película en branco e negro, filmada con movementos rápidos de cámara: primeiros planos, secuencias e flashbacks,a historia dun insomnio (ou de moitas noites de insomnio) cando a choiva de cifra bate nos cristais, ultraísmo onírico que bebe en Altazor, psicodelia beat, escatoloxía sexual, un desequilibrio en toda regra: formal, sentimental, sensorial, un universo no que todo se funde, abate e vense abaixo.... agás a poesía. |
|
|
|
|
Blue Moon Xosé Carlos Caneiro Biblos Xénero: Narrativa 152 p. ; 16 €
|
A procura constante da beleza, velaquí a clave de Blue Moon. Brunto T, trompetista de escaso talento, sofre serios trastornos mentais na súa maior ambición: a busca da esencia da arte. Casado con Rosa, xuíza prestixiosa, namórase perdidamente de Clara Santos, a muller do seu psiquiatra, Luis Portugal, un individuo sen escrúpulos capaz de calquera cousa por acadar éxito na súa profesión. A relación entre os protagonistas chega a ser obsesiva, apaixonada, absolutamente profunda. Bruno T, desequilibrado que pensa que o seu corpo é transparente, posúe unha particular visión do mundo e da realidade. O éxito, o absurdo da existencia, o amor desesperado, a sensación do fracaso e a esperanza mestúranse nesta breve novela que se mergulla no particular mundo do autor. A trama iníciase coa descuberta duns correos, por parte dun fillo de Bruno con ambición de novelista, que se cruzan Clara e Bruno T. A partir de aí o argumento gana en matices e avanza e retrocede para formar unha espiral que pretende facer párticipes aos lectores. No pasado de Bruno T está a clave para coñecer o seu presente: Silvia, unha muller de rubias trenzas. Os enigmas sobre a condición desequilibrada de Bruno T encontran sempre unha explicación, un motivo. O remate da novela, como na maioría das obras de Caneiro, é unha volta ao principio, configurando unha estrutura envolvente e que pretende ser grata dende a súa propia concepción estilística. |
|
|
|
|
|
|
|
Para seguir bailando Francisco X. Fernández Naval Xerais Xénero: Narrativa 152 p. ; 15,80 € |
Dez magníficos relatos constitúen este novo libro de Francisco X. Fernández Naval, que abre con “Noite de pallabarro”, a descuberta adolescente dunha realidade calada, silenciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica; e que pecha con “Para seguir bailando”, un relato que amosa a condición fantástica do cotián nun xogo de múltiples caras, coma o espello de Rafael Dieste, como o reflectir dos cristais do espello. Entre medias, hai oito relatos que fixan os temas das obsesións persoais do autor: o abandono do medio rural, a inxustiza e a corrupción, o abuso exercido sobre a muller e o seu dereito a decidir sobre a súa vida e o seu corpo, o asombroso territorio da sombra ou a reflexión sobre a violencia. Algúns conectan directamente con obras anteriores de Naval pero, en definitiva, o que amosa este libro é a dimensión do ser humano que protagoniza unha existencia normal na que, ás veces, interfire o fantástico ou o azaroso, e sempre, por riba de calquera outra consideración, a certeza de que debemos seguir bailando neste xogo da vida que é, en definitiva, o máis firme valor que posuímos. |
|
|
|
|
Residente privilexiada María Casares [Trad. de Ana Belén Martínez Delgado] Trifolium Xénero: Biográfico 492 p. ; 22 € |
A obra, traducida directamente do francés por Ana Belén Martínez Delgado, lingua na que foi editada orixinariamente no ano 1980, é un dos testemuños máis completos acerca do exilio –primeiro forzoso, despois voluntario- dunha muller que conseguiu triunfar lonxe do seu país, até convertirse en actriz universal, primeira figura da Comedia Francesa e do Teatro Nacional Popular francés. María Casares non necesita ser presentada: poucas actrices acadaron a súa merecida celebridade. No seu caso, ademáis, dase a circunstancia de que levou a cabo íntegramente a súa carreira no seo dun mundo cultural –o francés- que non era o seu, un mundo no que ela era, segundo as súas propias palabras, unha residente privilexiada. Pero María Casares non foi únicamente unha actriz impresionante: foi tamén unha estraordinaria escritora capaz de comunicarnos até os máis íntimos recunchos da súa complexa personalidade, e de tantas outras, igualmente ricas, que acompañaron a súa apaixoada existencia: actores como Gerard Philippe, Jean Louis Barrault e Jean Vilar; escritores como Claudel e Genet; persoeiros do cine como Clouzot e Jean Servais. E, sobre todo, o inesquencibel Albert Camus, con quen viviu longos anos de íntima relación. María Casares, convertida en espectadora de si mesma e do mundo, pon en escea en Residente privilexiada un axuste de contas, un regreso sincero e inmaculado aos seus orixes, á escena familiar, a súa paixón polo teatro, aos amigos, ao excilio, aos encontros e desencontros coa súa propia identidade… |
|
|
|
|
|
|
|
O corazón do negror Joseph Conrad [Trad. de Eva Almazán] Faktoría K Xénero: Narrativa 142 p. ; 14 €
|
Marlow, un veterano mariñeiro inglés, recibe a encarga de ir á procura de Kurtz, un tratante almafí perdido no corazón da selva africana. O encontro con el será a confirmación da farsante actitude colonialista, poñendo en tea de xuízo o seu carácter de cruzada moral e comercial. Estamos no Congo belga, en plena colonización europea, e Marlow relátanos como remonta o río Congo nun barco vello, rodeado de perigos, internándose nun continente virxe e obxecto de rapina. Marlow obsesiónase con aquel home, desaparecido no remoto. Máis, quen é Kurtz? "O corazón do negror" é unha narración autobiográfica; a crónica dunha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Leopoldo II de Bélxica. O autor móstranos sen maquillaxe a corrupción e o horror. O máis célebre relato curto de Joseph Conrad, convertido en libro de culto, foi escrito en 1899 e publicouse en 1902. Converteuse axiña nunha novela imprescindible, que amosa a hipocrisía colonialista, a escuridade do ser humano, e que cuestiona a civilización occidental.
|
|
|
|
|
Deter o día cunha flor Luz Pozo Garza (Textos) e José Valentín (Ilustracións) Baía Xénero: Poesía 104 p. ; 19,90 € |
"Non existe a arte, só os artistas". Se así o aceptamos, podería explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sostiña que "a poesía é unha pintura falada, e a pintura unha poesía muda". Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Relación constantemente renovada, a da pintura e a poesía, que volvemos atopar nesta obra, síntese fecunda de dúas achegas a un todo harmónico. Deter o día cunha flor, este é o título, enunciado-propósito, do libro de Luz Pozo Garza e José Valentín; Luz Pozo, unha das nosas máis grandes poetas; José Valentín, revelación serodia, pero a tempo, dun artista moito máis importante do que a súa modestia lle permite aceptar. Luz e José, dous creadores cun enfoque común de interacción e apoio.
|
|
|
|
|
|
|
|
Historia social do deporte en Galicia. 1850-1920 Andrés Domínguez Almansa Galaxia Xénero: Ensaio/Investigación 460 p. ; 25 € |
O arraigamento das prácticas deportivas como unha forma de cultura cívica é o obxecto desta indagación histórica, que emprega un amplo abano de fontes documentais e hemerográficas. A análise das actividades deportivas como novas pautas e ámbitos de socialización, ademais da contextualización na historia contemporánea, confiren a esta obra un carácter singular que atende as orixes e o desenvolvemento das prácticas deportivas, dándolles sentido e coherencia como parte dun relato anovado sobre o pasado do país.
|