Andel de Xuño
|
No andel anterior |
|
|
|
Para dicir abril
|
|
O lume vital de Claudio Rodríguez Fer
|
|
Educación e Paz (vols. I e II)
|
|
A vida nova de Madame Bovary
|
|
A Guerra de Independiencia en Galicia
|
|
Pan e coitelo
|
|
Xohán Xesús González. Un precursor da soberanía galega
|
|
Obra dramática
|
|
Sombras, rosas, sombras
|
|
Tempo do pai
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Balada de los mares del norte. Poemas, cuentos y ensayos, 1942-1973
Urbano Lugrís Alvarellos Editora Xénero: Miscelánea 322 p. ; 23,50 € |
O esperado libro que recupera, por vez primeira, a obra dispersa, esquecida ou inédita de Urbano Lugrís. Máis de sesenta textos, cincuenta ilustracións e manuscritos, algúns deles nunca antes publicados. Tiveron que pasar 35 anos desde a súa morte e cen desde o seu nacemento para que a extraordinaria obra escrita do pintor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) vexa por fin a luz en libro. Este volume culmina unha vella aspiración do artista, desexo confesado publicamente a comezos dos anos 60, pero que por distintas razóns non se materializara... ata hoxe. Balada de los mares del norte descóbrenos ao poeta barroco, ao narrador de ficción pleno de referencias cultas e tamén a un orixinal ensaísta. Ademais, este libro recolle ilustracións moi pouco coñecidas e manuscritos inéditos. Unha produción que abarca en total máis de tres décadas. Urbano Lugrís escribía como pintaba, e esa fusión tan singular de lenzo e prosa deu como resultado feliz unha voz única, un autor co que as culturas galega e española estaban en débeda. Este libro recolle máis de 300 páxinas de textos dispersos, moi descoñecidos ou inéditos do autor, ata un total de 62 textos. Medio centenar de ilustracións do Lugrís, algunhas delas tamén inéditas, e a reprodución en cor de todas as cubertas orixinais de revísta Vida Gallega (anos 50). A responsable da edición anotada, introdución e apéndice é a profesora da Universidade da Coruña, a doutora en Teoría da Literatura Olivia Rodríguez González, filla de Mariano Tudela, un dos fieis colaboradores de Urbano Lugrís. |
|
|
|
|
|
|
|
Festina lente Marcos S. Calveiro Xerais de Galicia Xénero: Narrativa 288 p. ; 16,50 € |
Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. Festina lente é a primeira novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.
|
|
|
|
|
|
|
|
Historia da chuvia que cae todos días Roberto Salgueiro Xerais Xénero: Teatro 48 ; 12,85 € |
Nun espazo pechado dous personaxes espidos descobren a súa violencia. Un pai e un fillo, sen poesía, sen adornos, coa dureza dunha realidade que non é tan allea ao país para o que se conta. Como a chuvia que cae todos os días, que algúns poetas cantan e que amola a meirande parte da xente. A pequena historia dun pai e dun fillo que forma parte dunha historia colectiva, en que a emigración é asunto central. Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro obrtivo o XVIº Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2007.
|
|
|
|
|
|
|
|
Cantos e fragmentos Safo [Trad. de Raúl Gómez Pato] Edicións Positivas Xénero: Poesía 708 p. ; 31 € |
A obra de Safo constitúe a fonte máis clara do sentimento erótico que unha muller podía inspirar a outra, así como a naturalidade coa que dita experiencia se vivía en época arcaica. O que si resulta inconstestábel é a calidade poética e artística dos poucos fragmentos que hoxe podemos ler da nosa poeta. Considerada a décima Musa xa na antigüidade, (Antoloxía Palatina, VII, 14), o sino da poetisa transita entre o mito e a realidade. |
|
|
|
|
Europa, o continente pensado Camilo Nogueira Galaxia Xénero: Ensaio 370 p. ; 21 €
Galiza na Unión. A porta atlántica Camilo Nogueira Galaxia Xénero: Ensaio 200 p. ; 19 € |
Europa, o continente pensado Neste ensaio trátase da construción da UE como unha institución orixinal que revoluciona o carácter dos Estados que integra. Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potencia civil pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. A súa acción pode constituír un soporte político obxectivo para os movementos altermundialistas. Galiza na Unión. A porta atlántica No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións políticas alleas. En Galiza na Unión. A porta atlántica trátase da admirábel resposta da sociedade galega, dispondo agora dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do Estado español. Unha sociedade preparada para unha vida política aberta e independente. A través do camiño que ía de Europa en dirección a Compostela, Galiza estivo presente nas orixes da identidade do continente. George Steiner fala da relación entre a humanidade europea e a paisaxe moldeada polos pés e as mans, pondo o percorrido dos peregrinos como paradigma das distancias a escala humana, dos horizontes enxergados andando.
|
|
|
|
|
|
|
|
Planilandia Edwin A. Abbott [Trad. de Cristina Felpeto] Urco Editora Xénero: Narrativa 186 p. ; 12,95 € |
«Vós, que gozades da sombra ademais de gozar da luz, que estades dotados de dous ollos, tedes un coñecemento da perspectiva e o privilexio de gozar de diversas cores... vós podedes ver realmente un ángulo e contemplar a circunferencia completa dun círculo na feliz rexión das tres dimensións». Planilandia, unha novela de moitas dimensións é o libro ideal para se iniciar nos rudimentos da xeometría dimensional, mais tamén é unha sátira dos valores sociais, morais e relixiosos da Inglaterra vitoriana. Cun estilo lóxico e moi áxil, Abbot conta as aventuras e desventuras dun Cadrado que vive en Planilandia (un mundo de dúas dimensións) e ten a fortuna (ou a desgraza) de chegar a coñecer o mundo das tres dimensións.
|
|
|
|
|
As douradas sílabas de X. M. López Ardeiro Noemí Álvarez, María Rey e Suso Sambade Toxosoutos Xénero: Homenaxe 189 p. ; 10 € |
A lectura deste libro esperamos que lle permita ao lector ao que a nós nos permitiu: o coñecemento dunha persoa extraordinaria, que repasa as súas vivencias persoais e literarias a través de varias e distendidas conversas. Tivemos a sorte de coñecer a Ardeiro a partir dun acto de homenaxe que se lle rendeu no noso centro de ensino e quedamos prendados del. Ese día comezamos un novo proxecto e unha nova amizade. A segunda parte deste libro pretende difundir, a través dunha escolma, parte dunha obra aínda pouco coñecida pero merecente de recoñecemento. Esta é a nosa homenaxe a Ardeiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha puta percorre Europa Alberto Lema Galaxia Xénero: Narrativa 124 p. ; 10 €
|
De Jonathan Swift a Pasolini, da novela policial á novela política, da narrativa compostelá á literatura feminista, velaquí un texto escrito coas armas da literatura de masas. Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extingue, transfórmase. Cómpre, entón, buscarlle as costas á relación oficial dos feitos, relatar as zonas escuras no mapa do presunto alustre das democracias occidentais. Unha puta percorre Europa asexa nese extenso territorio, entre o ilegal e o obsceno, que é a nosa casa. Quere facer, por fin, visible o visible.
|
|
|
|
|
Deshonra J.M. Coetzee [Trad. de Moisés Barcia] Rinoceronte Xénero: Narrativa 272 p. ; 18,50 € |
Tras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do Cabo, David Lurie, de mediana ida-de e divorciado dúas veces, ten unha impulsiva aventura cunha alumna. A aventura agréase, denúnciano e é con-vocado ante unha comisión de investigación. Desexando admitir a súa culpa pero negándose a ceder ás presións para que mostre publicamente o seu arrepentimento, renuncia e vai visitar a súa filla na remota granxa en que vive. A influencia de Lucy e os ritmos naturais da granxa pro-meten achegar harmonía á súa discordante vida. Pero o equilibrio de poder no país está cambiando, e el e a súa filla serán vítimas dun violento e perturbador ataque que fará cambalearse as súas conviccións.
|
|
|
|
|
|
|
|
Montero Ríos e Compostela. Un feudo clientelar Margarita Barral Martínez Sotelo Blanco Xénero: Ensaio 416 p. ; 25 € |
Dende 1886, cando Montero Ríos sae elixido deputado polo distrito de Santiago, a urbe pasa a ser unha cidade de condición monterista dende o punto de vista político, e a corporación municipal así se definía. O monterismo iníciase como rede clientelar de carácter expansivo onde ideoloxía progresista e intereses locais se mesturaban para darlle un posicionamento á cidade de Compostela a escala estatal, en contraposición co pasado máis inmediato. A política municipal en Santiago durante a maior parte da etapa da Restauración seguiu unha dinámica de ruptura coa quenda pacífica, debido á existencia dun liderado adscrito ao partido liberal que formou unha “plataforma política” que dominou a cidade como un “feudo clientelar”. As concesións conseguidas da Administración central para a cidade de Santiago grazas á “protección” de Montero e da súa rede clientelar levaron a un desenvolvemento económico e obreiro da cidade, ademais de permitir unha “monumentalización” da mesma a partir das actuacións urbanísticas. Porén, o caciquismo veu ser a variante española do clientelismo político que se estaba a desenvolver en Europa durante a transición do século XIX ao XX; un factor retardador no proceso de racionalización cara á democratización da sociedade occidental pero que permitiu a “estabilidade” precisa para iniciar reformas nun ambiente sociopolítico aínda en formación, se ben é certo que por medio de vías ambiguas e opacas que provocaron disfunción no sistema. O caso do monterismo en Compostela é un exemplo disto.
|