índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Xullo


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Tres disparos e dous friames

 

 

 

 

 

 

 

Unha primavera para Aldara

 

 

 

 

 

 

Lolita

 

 

 

 

 

 

Pisando la dudosa luz del día

 

 

 

 

 

 

Renacer

 

 

 

 

 

 

Perigosamente normais

Toponimia de Galicia

Os Grouchos

Celso Emilio Ferreiro. Unha fotobiografía sonora

Distancias

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Tres disparos e dous friames

Tres disparos e dous friames

 

Miguel Anxo Fernández

Galaxia

Xénero: Narrativa

232 p. ; 16 €

Que lector galego non coñece xa a Frank Soutelo?

Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea de xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood.

Unha aspirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández constrúe unha historia chea de reviravoltas.

 

Arriba  

 

 

Unha primavera para Aldara

Unha primavera para Aldara

Teresa Moure

Deputación da Coruña

Xénero: Teatro

166 p. ; 12 €

A trama da obra sitúase nun cenobio no ano 1465, na época das grandes loitas irmandiñas. “Máis alá do documento histórico e do traballo de investigación, destaca a universalidade e transcendencia de certos temas como a igualdade da muller”, segundo o dito por Gustavo Pernas. Éste sostivo tamén na súa comparecencia que no texto de Teresa Moure “abórdanse temas de actualidade utilizando unha trama histórica está falando de nós, de Galicia, de tradición e modernidade. A obra ten uns personaxes moi ben perfilados, é rica en dramaturxia e tamén en narración”.

Premio de Teatro Rafael Dieste 2007

 

 

Arriba  

 

 

Lolita

Lolita

Vladimir Nabokov [trad. de Xesús Fraga]

Faktoría K

Xénero: Narrativa

448 p. ; 20 €

De todas as novelas deste autor, “Lolita” é a máis completa, fascinante e controvertida. Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín, Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á nova vida dun país ao que acabará retratando ironicamente nesta novela. Máis aló da historia na que un home de mediana idade se namora perdidamente dunha rapaza nova ata o punto de perder o tino, mesmo máis aló do relato erótico, está o retrato dunha sociedade autocompracente.

Pero “Lolita” é unha novela que ofrece moitos niveis de lectura, escrita cun estilo narrativo pracenteiro e asequible, na que destaca a súa atractiva galería de personaxes. A obra, publicada por primeira vez en 1955, saíu á luz nunha editorial francesa e axiña foi tachada de pornográfica polos críticos e moralistas da época; tamén estivo prohibida en Gran Bretaña, pero en Estados Unidos converteuse nunha obra clásica trala súa publicación en 1958. Ao seu éxito tamén contribuiu a adaptación cinematográfica de Stanley Kubrick, con guión do propio Nabokov.

A súa riqueza lingüística, con abundancia de xogos verbais, semánticos e fonéticos, constitúe todo un desafío para calquera tradutor. Xesús Fraga aposta por non facer unha reescritura da novela, senón por achegala ao galego respectando a visión lúdica que o autor tiña da linguaxe, xunto coa expresión da personalidade do narrador e da protagonista. As súas innumerables referencias, dende a Grecia antiga aos anuncios das estradas na América dos anos 40, invitan a unha lectura intelectualmente rica e argumentalmente apaixoante..

 

 

Arriba  

 

 

Pisando la dudosa luz del día

Pisando la dudosa luz del día

Camilo José Cela

Linteo

Xénero: Poesía

200 p. ; 17 €

Poemario que reproduce o texto publicado en 1945. Engádese, en diversos anexos, o resto da produción poética de CJC escrita entre 1934 e 1936.

Trátase dun poemario autónomo na selva das creacións líricas dos irascibles vinte años do futuro gran novelista.

 

 

 

Arriba  

 

 

 

Renacer

Renacer

Xabier Paz

Xerais

Xénero: Narrativa

304 p. ; 18 €

 

Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interior na procura de verdade acerca do pai, amante, xuíz e verdugo que marcou a súa existencia dende o afastamento convertido en fantasía permanente. O canon da época, as diferentes concepcións pictóricas e literarias da Venecia do século XVI proxéctanse sobre os personaxes, interactúan con eles até crear unha amálgama onde as obras e autores son protagonistas. As páxinas de Renacer, a primeira novela de Xabier Paz, revelan unha vida marcada por un home contraditorio; distante e rexo na casa, mais promiscuo nas súas relacións sociais, a vida dunha muller obrigada a cumprir a vontade do pai, da que fose con nocturnidade para topar o bálsamo consolador en Carmina: amiga, amante e centro da súa vida clandestina.

 

 

Arriba  

 

 

Perigosamente normais

Perigosamente normais

Anxos Sumai

Universidade de Santiago

Xénero: Xornalismo

115 p. ; 12 €

A escrita de Anxos arranca na súa mirada. Ten uns ollos negros e un mirar húmido, cristalino, cunha profundidade que convida a mergullarse neles. Son ollos que falan. Mesmo nas fotos ten unha mirada con trans-fondo, que amosa inquietude, que di ás claras que a máquina está a pro¬cesar, que está a observar e arquivar datos, que le os movementos, os sons, as cores, as paisaxes, os xestos; que ispe e abriga. A súa escrita principia nesa mirada húmida porque arranca dun proceso de descrición desde os detalles que o resto dos ollos miramos pero non atinamos a ver. É outra forma de vivir as cousas que vai mais aló dos sentidos e os signi¬ficados literais de cada acto. Será, quizais, porque mentres todos lembra¬mos como empezamos a ler na escola, Anxos relata a súa aprendizaxe das palabras como un xogo de aprendizaxe directa da natureza, como se a vida estivese escrita e ela puidese lela para devolvela de novo en forma de relato, de artigo, de novela, de guión... "Como me dicía meu avó, apréndese a ler nas árbores, nos paxaros e en todo o que che ofrece a vida ".

Miguel Túñez

 

Arriba  

 

 

Toponimia de Galicia

Toponimia de Galicia

Fernando Cabeza Quiles

Galaxia

Xénero: Investigación

704 p. ; 40 €

os nomes de lugar vive oculta a memoria do que somos. Velaquí, do A ao Z, a Toponimia de Galicia reunida nun libro que profunda na súa etimoloxía e no seu significado con amenidade e sinxeleza.

Este libro descobre nos topónimos galegos a mensaxe que nos deixaron os devanceiros desde o cerne da historia. De lectura doada, mais tamén resultado dun rigoroso traballo de investigación, esta obra achega aos lectores os milleiros e milleiros de nomes que definen unha terra e unha cultura.

 

 

Arriba  

 

 

Os Grouchos

Os Grouchos

Manuel O'Rivas

Xerais

Xénero: Xornalismo

296 p. ; 17 €

 

Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das “faíscas da esperanza” das que falou Walter Benjamín. Manuel O´Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do “home rebelde” de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos “meniñeiros”, os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: “Quen lle teña medo ao mar que non embarque!”.

 

Arriba  

 

 

Celso Emilio Ferreiro. Unha fotobiografía sonora

Celso Emilio Ferreiro. Unha fotobiografía sonora

Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolás, Xurxo Souto, Mónica Rodríguez Vázquez

Ouvirmos

Xénero: Celso Emilio Ferreiro total

libro + 2 CD. ; 39,68 €

A Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro é un novidoso volume que nos aproxima a unha das voces líricas máis importantes da nosa literatura, que alimentou coa súa palabra varias xeracións de músicos e poetas.

Fotobiografía: a literatura para ollar.

Isabel Ferreiro Loredo introduce, en representación da Fundación Celso Emilio Ferreiro, a selección fotográfica de Carlos Díaz comentada por Ramón Nicolás. Máis dun cento de fotografías, coas que se achega un poema e un breve estudo por década, introdúcennos no universo literario e persoal de Celso Emilio Ferreiro.

Rexistros Sonoros: a literatura para escoitar.

Acompañan esta selección fotográfica dous CD’s. Un deles, analizado tamén por Ramón Nicolás, recolle a voz do autor recitando os seus textos. O outro ofrece unha selección das cancións compostas cos seus poemas por artistas de renome como Suso Vaamonde, María Manuela, Los Tamara ou Fuxan os Ventos. Xurxo Souto Eiroa, músico e director de programación da Radio Galega, é quen documenta e guía a escoita deste último CD.

 

 

Arriba  

 

 

... Distancias ...

... Distancias ...

Paco Yáñez

Baía Edicións

Xénero: Narrativa

224 p. ; 15 €

Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausencia irá provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lle obrigan a buscar refuxio noutras realidades que, quizais, poidan resultar insuficientes ante o baleiro que depara a soidade. Redactada a camiño entre o diario, a novela e mais o ensaio, ...distancias... propón unha reflexión profunda sobre o valor e o sentido da arte e da cultura na conformación da nosa persoa; un valor que entra en crise cando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico e psicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espello no que nos poder observar a través da longa experiencia de séculos da humanidade no recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión do que fomos, somos ou criamos ser.

 

Arriba