índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Xaneiro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

O neno do pixama a raias

 

 

 

 

 

 

 

A casa das belas adormentadas

 

 

 

 

 

 

Os símbolos de Galicia

 

 

 

 

 

 

Nos dominios da incerteza

 

 

 

 

 

 

ABC diario

 

 

 

 

 

 

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981

Chispas de Quesada

Ouveo e outros poemas

O banqueiro anarquista

Presenzas marcadas

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

O neno do pixama a raias

O neno do pixama a raias

John Boyne [Trad. de Daniel Saavedra]

Faktoria K de Libros

Xénero: Narrativa

190 p. ; 13 €

Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. Nembargantes, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neo de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...

Esta novela do escritor irlandés John Boyne vén de converterse nun fenómeno editorial de alto nivel: traduciuse a máis dunha vintena de idiomas, xa leva vendidos 50.000 exemplares en castelán, foi líder de ventas en Irlanda durante 35 semanas e tense feito unha adaptación cinematográfica.

Unha fábula literaria para todos os públicos, que bebe de fontes como Charles Dickens, John Irving, Philip Roth, Anne Tyler ou Alexandre Dumas... 

Arriba  

A casa das belas adormentadas

A casa das belas adormentadas

Yasunari Kawabata [Trad. de Mona Imai]

Rinoceronte Editora

Xénero: Narrativa

104 p. ; 14 €

Tras as cortinas do veludo carmesí agardábao unha moza adormentada, completamente sumida nun profundo sono. “Non intente espertala. Por moito que faga, ela non espertará. Está profundamente enfrascada no sono, non se dá conta de nada... Nin sequera de quen a acompañou. Non debe vostede preocuparse.”

Eguchi comeza a acudir á casa das belas adormentadas, onde a través das mozas evocará os recordos das súas mulleres e, ao mesmo tempo, toma conciencia da soidade e da fealdade da vellez. O tempo neste lugar transcorre noutra dimension, na que para Eguchi cada detalle recobra un sentido e unha emoción.

 

Arriba  

Os símbolos de Galicia

Os símbolos de Galicia

Ramón Villares Paz e Xosé Ramón Barreiro Fernández [coord.]

Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega

Xénero: Divulgación

199 p. ; 45 €

Desde o ano 1984, por acordo do Parlamento de Galicia, existe unha Lei de símbolos que fixa os tres elementos que mellor representan sensorialmente a identidade de Galicia. Son o himno, a bandeira e o escudo.

Coa excepción da letra do himno, que pode ser cantada con diversa extensión, non tivo lugar desde entón ningunha controversia relevante arredor destes símbolos, que foron pacificamente adoptados pola cidadanía galega. É unha das características máis sobranceiras dos símbolos, que sexan socialmente aceptados como tales e que gocen do respecto da sociedade á que representan. Este respecto foise agrandando a medida que se foi asentando o actual réxime autonómico, de modo que aquela decisión política posúe non só lexitimidade de orixe, senón tamén de exercicio, grazas precisamente a esa aceptación social.

Aproveitando que neste ano 2007 se conmemora o primeiro centenario da estrea, na cidade da Habana, do himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, estimamos oportuno promover a realización dun libro dedicado a indagar os procesos mediante os que cada un destes tres grandes símbolos foi adoptando a súa versión definitiva, o contexto histórico no que aquela tivo lugar e mesmo as diverxencias e polémicas a que puidesen ter dado lugar. Non se trata dunha revisión, senón xustamente do contrario: da máis sólida afirmación do seu sentido e da súa dimensión tanto simbólica como política.

Arriba  

Nos dominios da incerteza

Nos dominios da incerteza. Historias económicas

Manuel Blanco Desar

Sotelo Blanco Edicións

Xénero: Narrativa

128 p. ; 10,50 €

Nos dominios da incerteza debe ser entendido ante todo como un libro transgresor, un libro que denuncia ben alto o crime perpetrado pola economía como novo tótem colectivo. Mediante a coidadosa elaboración de relatos tirados de supostos cotiáns, o prototípico economista David S. Curtis, descrido, eticamente amoral, cínico máis non hipócrita, intenta descubrir a perversa confusión entre os medios e os fins que estimula esta severa e lúgubre disciplina.

Para Curtis, a auténtica Economía é unha ferramenta, nunca a meta da comunidade. Igual que os gregos distinguían entre o nomos –a lei dos homes- e a bía – a lei física-, Nos dominios da incerteza quere recuperar o sentido da Economía como oikos nomos, é dicir, a recta administración da facenda doméstica, fronte a unha economía salvaxe, ou oikos-bía, que é a que na actualidade aspira a reinar de xeito asoballante sobre as restantes disciplinas sociais. Velaí como se denuncian as trabas á libre circulación de persoas cando se fomenta a libre circulación do capital financeiro e as mercadorías, a perversa superación dos límites éticos que a sociedade impón aos mercadores, o sutil mecanismo da especulación inmobiliaria, a abafante mercantilización da arte, o abuso da análise económica nos asuntos máis triviais, a escura rede de contactos que agochan as escolas de xerentes, a intrínseca contradición da ética nos negocios, o circuíto B do diñeiro, as lerias dos grupos de presión ou, mesmo, a disección do sexo como tema económico –Sexnomics.

Con estes relatos volverase a ter conciencia de que a auténtica Economía debe estar ao servizo da vida, por se tratar dun simple medio para acadar unhas finalidades máis elevadas, humanas e dignas.

Arriba  

 

ABC diario

ABCdiario

Pablo Otero

Kalandraka

Xénero: Arte

68 p. ; 17 €

Pablo Otero lánzanos unha invitación inesperada: compartir un día na vida dun 'obrero-artista' moi especial. Cada acción garda un divertido paralelismo coas letras, que ademais están modeladas en bronce. O resultado é un traballo multidisciplinar: escultura en metal, dramatización, escenografía e fotografía. 

Arriba  

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981

A esforzada conquista da utonomía, 1979-1981

Ceferino Díaz

Galaxia

Xénero: Historia

314 p. ; 22 €

Velaquí a crónica dun tempo aparentemente breve, pero extraordinariamente intenso, que marcou o desenvolvemento da sociedade galega nas últimas décadas: a xestación e conseguinte aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia (1979-80) no marco da Constitución Española (1978).

O relator é un cronista excepcional, testemuña directa dos feitos. A súa ollada, documentada e clarificadora, apunta perspectivas novas verbo de capítulos non sempre ben coñecidos daquel proceso, decisivo na configuración da realidade política e social da Galicia de hoxe.  

Arriba  

Chispas de Quesada

Chispas de Quesada

Quesada

Xerais de Galicia

Xénero: Humor gráfico

224 p. ; 16 €

O presente volume, Chispas de Quesada, constitúe unha antoloxía de máis de duascentas viñetas, da colaboración diaria que Quesada mantén de forma ininterrompida en Faro de Vigo durante os últimos corenta anos. Unha antoloxía, impregnada da súa visión irónica e crítica da vida, que constitúe un percorrido pola actualidade política, social e deportiva de Galicia e, especialmente, da cidade de Vigo, desde 1967 á actualidade. A emigración, a transformación da cultura tradicional galega, o desemprego, os avatares da política internacional, a corrupción política, o problema das comunicacións, as promesas dos políticos, as relacións de parella ou diversas homenaxes aos amigos, son algúns dos temas abordados nesta antoloxía polo decano dos humoristas gráficos galegos en exercicio.

Arriba  

Ouveo e outros poemas

Ouveo e outros poemas

Allen Ginsberg [trad. de Daniel Salgado]

Edicións Positivas

Xénero: Poesía

88 p. ; 9 €

 

Irwin Allen Ginsberg (1926-1997) foi un dos máis intensos poetas beat. E sempre no medio do movemento beat dos cincuenta e os hippis dos sesenta. O modernismo, o beat, o romantismo, o jazz, o budismo e a súa orixe xudía deixaron inmensa pegada na súa obra.

Ouveo, a súa obra máis coñecida, comeza co famoso “Vin ás mellores mentes da miña xeración destruídas pola tolemia, famentas histéricas espidas”. Ouveo provocou un notable escándalo na súa época pola crueza da súa linguaxe, chegando mesmo a ser prohibida. As ideas libertarias, e antisistema, de Ginsberg fixeron que o FBI o considerase unha grande ameaza para a seguridade. A segunda parte do Ouveo foi escrita baixo a influencia do peyote. Porque Ginsberg buscaba sempre outras experiencia creadoras.

Ouveo e outros poemas é un dos poemarios máis lidos e imitados dos últimos tempos. E Allen Ginsberg é un dos grandes poetas do último século.  

Arriba  

O banqueiro anarquista

O banqueiro anarquista

Fernando Pessoa [Trad. de Xoán Montero Domínguez]

Edicións Embora

Xénero: Narrativa

61 p. ; 10 €

"O banqueiro anarquista" é o máis extenso texto de prosa literaria que Fernando Pessoa , máximo expoñente do modernismo literario en Portugal, publicara en vida. O seu conto vainos introducindo no ambiente dunha especia de gentlemen´s club. Tras un xantar refinado, un rico empresario envolve un inexperenciado interlocutor no fume do seu puro e nun raciocinio complexo e paradoxal. Será unha lección iconoclasta e irónica sobre o que este banqueiro, confesadamente acaparador, considera ser o anarquismo verdadeiro e do que el se declara inventor. Xa o oximoro do título desconcerta, e tal vez ao lector o condicione na súa próxima ida ao caixeiro do banco.
Esta primeira tradución de Pessoa ao galego foi galardoada co premio Plácido Castro atendendo á calidade da versión de Xoán Montero e aos criterios de interpretación do orixinal.  

Arriba  

Presenzas marcadas

Presenzas marcadas

Antonio García Teijeiro

Follas Novas

Xénero: Poesía

83 p. ; 8 €

Presenzas marcadas debuxa unha xeografía propia na que os continentes da loita pola superación vital, a memoria individual e colectiva, os dominios de Eros, o sentido e necesidade da escrita e mais o inexorable fluir temporal se configuran como os principais ancoradoiros temáticos nos que aportan os poemas deste libro.

Perderse polos versos de Presenzas marcadas é todo un desafío, a escura chamada das palabras nas que recoñecérmonos.

Arriba