índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Setembro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Vinte e novo contos

 

 

 

 

 

 

 

Nove

 

 

 

 

 

 

Eu servín ao rei de Inglaterra

 

 

 

 

 

 

A Coruña á luz das letras

 

 

 

 

 

 

As orixes do pobo de Breogán no "Leabhar Gabhála"

 

 

 

 

 

 

Galicia, The Times y la Guerra de la Independencia. Henry Crabb Robinson y la corresponsalía de The Times en A Coruña (1808-1809)

Tras do solpor

Látego de algas

Guía dos camiños do Eume

Os espellos do tempo

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Vinte e novo contos

Vinte e nove contos

 

Quim Monzó [Trad. de María Xesús Lama López]

Sotelo Blanco

Xénero: Narrativa

226 p. ; 18 €

As obsesións, os equívocos, as particulares interpretacións da realidade que cambian unha vida enteira, as casualidades reais que constrúen o destino individual, a terrible incomunicación no ámbito máis íntimo, as rebelións que se revelan absurdas, en fin, a burla constante que nos fai a vida. Esa é a materia destes contos. Unhas historias en que o individuo se converte a miúdo nun ridículo monicreque en mans da casualidade. Pero o peculiar humor con que se narran afasta definitivamente ton da traxedia e incita a un sorriso permanente.

Esta selección da compilación publicada en catalán co título Vuitanta-sis contes, traducida pola profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama, é unha mostra do particular mundo do autor catalán, que algúns críticos se atreveron a cualificar como o mellor escritor de contos de Europa.

 

Arriba  

 

 

Nove

Nove

María Lado

Edicións Fervenza

Xénero: Poesía

56 p. ; 10 €

Gústame novembro. Gústame este mes de novembro que tes agora nas túas mans. Aprétao forte e ignórao e devolverache o golpe, seguro. Apréciao e descubrirache a sensación que rexe nesa rexión mínima que é novembro.

Todos nós vivimos algunha época nesa illa onde o mar desexa a carne e non saímos ben parados. Habitamos algunha vez rodeados deses homes abocados ao seu propio destino... mulleres que saben o que é meter as mans no abismo... onde as mareas entran directamente no peito e te fan tolear... onde os faros non marcan o camiño coa súa luz nocturna. Saír non é doado e ás veces penso que o mellor é ficar nas súas tripas. Nas tripas de novembro.

Que novembro doe é unha cousa que nos fai saber María dende a primeira letras deste golpe. Doe como unha traxedia de todos os días. Do e aínda así gozamos das súas rochas aguantando a forza do mar como un pulso eterno. O pulso que habita novembro. Nove pulsos sobre o que nos queda de aquí ao final da tormenta.

(Do limiar de Nove, Suso Bahamonde)

 

 

Arriba  

 

 

Eu servín ao rei de Inglaterra

Eu servín ao Rei de Inglaterra

Bohumil Hrabal [Trad. de Fernando de Castro García]

Rinoceronte

Xénero: Narrativa

260 p. ; 18,5 €

Co relato en primeira persoa dun aprendiz de camareiro no hotel Praga Dourada como fío condutor, Bohumil Hrabal preséntanos a historia de Checoslovaquia dende os anos anteriores á ocupación nazi ata a ocupación soviética e o comunismo, amosando o impacto que todos estes acontecementos tiveron nunha persoa que os viviu na súa propia pel.

As vivencias do protagonista, as súas primeiras experiencias coas mulleres, as ambicións profesionais, o intento de ascender socialmente simpatizando cos nazis, o matrimonio cunha alemá de raza aria, o pracer de construír unha fortuna e a amargura de perdela, todo isto cóntanolo Hrabal co seu persoal e orixinal estilo, cun humor que presenta a historia coma se fose unha fábula, con personaxes que parecen tirados de debuxos animados e cunha linguaxe coloquial de gran viveza e plasticidade.  

 

Arriba  

 

 

A Coruña á luz das letras

A Coruña á luz das letras

V.V.A.A.

Trifolium

Xénero: Poesía

147 p. ; 14 €

A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Editorial TRIFOLIUM, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, veñen de editar o libro A Coruña á luz das Letras, nunha edición conmemorativa do 800º aniversario da fundación da cidade da Coruña.

Na publicación, A Coruña reflíctese na escrita dos nosos autores e autoras: Cesáreo Sánchez, Felipe-Senén, Francisco X. Fernández Naval, Lois Diéguez, Margarita Ledo Andión, Mª do Carme Kruckenberg, Nacho Taibo, Salvador García-Bodaño, X. H. Rivadulla Corcón, Xavier Alcalá, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Xulio L. Valcárcel e Yolanda Castaño, entre outros. Privilexio de ollarmos A Coruña desde as súas reflexións, impresións, vivencias e recordos. Opinións libres e plurais, caleidoscopio de pensamentos, emocións e sensibilidades que transmite o orgullo de ser unha cidade culturalmente vizosa..

 

Arriba  

 

 

 

As orixes do pobo de Breogán no "Leabhar Gabhála"

As orixes do pobo de Breogán no "Leabhar Gabhála"

Ramón Sainero [Trad. de Henrique Torreiro]

Biblos

Xénero: Ensaio

89 p. ; 12 €

 

Os contidos do Libro das invasións así como tamén doutros manuscritos primitivos escritos en gaélico, galés e latín nas Illas Británicas foron considerados, e aínda o son por parte da maioría dos especialistas, como puramente mitolóxicos. Por esa razón falar da orixe celta do reino hispano de Brigantia considerouse como pura mitoloxía. «Neste libro –sinala o autor– iamos tentar escapar de ideoloxías máis ou menos interesadas e ofrecer un estudo polo miúdo sobre a realidade e ficción que pode conter o manuscrito ».

Sabemos que os primitivos poetas supremos da corte no mundo celta, coñecidos como ollamh en Irlanda, estableceron unha cultura baseada na recompilación de todos os coñecementos que tiñan ao seu arredor. Podemos dicir que o sincretismo é a nota predominante que aparece nos primitivos manuscritos elaborados polos monxes irlandeses e britanos que seguen a tradición cultual dos seus antergos, nos seus primeiros séculos oral. O sincretismo dos ollamh, coa súa tradición oral, que herdarán máis tarde os monxes cristiáns nos seus escritos, forma un todo dos coñecementos da época: históricos, mitolóxicos, astronómicos, arqueolóxicos, etnolóxicos, lingüísticos e literarios principalmente. Con todo iso elaborarán as crónicas e anais.

 

 

Arriba  

 

 

Galicia, The Times y la Guerra de la Independencia. Henry Crabb Robinson y la corresponsalía de The Times en A Coruña (1808-1809)

Galicia, The Times y la Guerra de la Independencia

Elías Durán de Porras

Fundación Pedro Barrié de la Maza

Xénero: Historia

506 p. ; 20 €

El 31 de julio de 1808 un periodista de The Times llamado Henry Crabb Robinson llegó a A Coruña para cubrir el comienzo de la Guerra de Independencia. Este hecho, desconocido para una gran mayoría, viene reflejado de una manera muy concisa en las principales obras sobre la historia de los corresponsales de prensa. The Times había decidido enviar a su mejor hombre porque la ciudad herculina era entonces el nexo de comunicación entre los dos países. Por tanto, A Coruña se convirtió durante el primer año de la contienda española en un punto de referencia para políticos, prensa y opinión pública inglesa. Todo lo que ocurrió en la urbe gallega tuvo, más que nunca, un gran eco en los periódicos londinenses, y los ingleses intentaron comprender lo que sucedía en España a través de lo que pasaba o se sabía en su esquina más occidental.

Arriba  

 

 

Tras do solpor

Tras do solpor

Haruki Murakami

Galaxia

Xénero: Narrativa

216 p. ; 16 €

A nova novela dun dos grandes escritores xaponeses contemporáneos, por primeira vez traducido para o galego.

En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, incíciansae e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore.

 

 

Arriba  

 

 

Látego de algas

Látego de algas

Antón Reixa

Espiral Maior

Xénero: Poesía

88 p. ; 16 €

 

Nin pose nin performance: poemas de amor baseados en feitos reais. Na flora mariña baixo esta singradura agardade de anos non hai nin posesión nin máscaras manipuladoras, aboia o escenario dunha relación amorosa equidistante. Alaga a algarada dunha sentimentalidade nova tinguida de valores: respecto, humildade, esforzo para manter a chama e o seu merecemento, posesión inofensiva, unha intelixencia emocional que se regala en cada abrazo. Substrato oceánico do amor.

(Do limiar de Látego de algas, Yolanda Castaño)

 

Arriba  

 

 

Guía dos camiños do Eume

Guía dos camiños do Eume

Chano Eiroa

Xerais

Xénero: Divulgación

200 p. ; 23 €

O río Eume percorre algúns dos ecosistemas máis valiosos e á vez máis ameazados de Galicia. As turbeiras da Serra do Xistral e as fragas do Eume. Parque Natural, son o nacemento e desembocadura deste curso de 80 km de axitada natureza, principio e fin dun percorrido polos antigos camiños das Terras do Eume.

A medio camiño entre guía e libro de viaxes, atravesando os ríos, bosques e aldeas do Eume, este primeiro libro de Chano Eiroa aprópiase dunha engaiolante paisaxe que se descobre a través de rutas (camiñadas dun día); travesías (de dous días) e aproximacións polos corredores naturais.

Guía dos camiños do Eume busca e enmalla 200 km de camiños, corredoiras, pistas, rozas e pasos de gando onde dorme a pureza do bosque atlántico. Só con esta cadencia do camiñante, se abre a natureza para que a súa esencia penetre e quede en nós, co seu clima, a súa vida salvaxe, a súa arquitectura tradicional e os seus habitantes.

 

 

Arriba  

 

 

Os espellos do tempo

Os espellos do tempo

Vítor Vaqueiro

Galaxia

Xénero: Narrativa

298 p. ; 19 €

Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores perante unha narrativa que transcribe os fragmentos do real.

Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop.

A novela aliméntase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Álbum fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade..

 

Arriba