índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Outubro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Gustavo Freire na Galiza da Época Nós

 

 

 

 

 

 

 

Un home na escuridade

 

 

 

 

 

 

La marquesa de Camba

 

 

 

 

 

 

Mil cretinos

 

 

 

 

 

 

Xanela aberta

 

 

 

 

 

 

A choiva do mundo

Nocturnidade do sal

A fidalguía galega

Música de cinza

A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Gustavo Freire na Galiza da Época Nós

Gustavo Freire na Galiza da época Nós. Literatura e nación na articulación da música galega contemporánea

 

Xulio Pardo de Neyra

Dos Acordes

Xénero: Ensaio

160 p. ; 18 €

Neste traballo ofrécese outra visión sobre o mestre Freire e a música do seu tempo, na que o nome do compositor lucense ocupa un dos lugares máis sobresaíntes. Préstase atención a textos descoñecidos, como 'Non chores,Sabeliña!' e, por suposto, ademais dun detallado estudo das vicisitudes e a forma dos documentos literarios e musicais que se esconden baixo aquela peza, neste ensaio se sitúa a Freire no mundo musical que, ademais de tocarlle vivir, axudou a construír.

 

 

 

 

 

Arriba  

 

 

Un home na escuridade

Un home na escuridade

Paul Auster [Trad. de Eva Almazán]

Galaxia

Xénero: Narrativa

190 p. ; 17 €

A nova novela de Paul Auster enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill, un crítico literario retirado que padece insomnio, coa duns Estados Unidos sumidos nunha nova guerra civil.

August Brill recupérase dun accidente de coche. Deitado na cama, cóntase a si mesmo historias para tentar escorrentar lembranzas desagradables: a recente morte da súa muller, o arrepiante asasinato do mozo da súa neta. Aos seus setenta e dous anos, este crítico literario retirado imaxina un mundo sen guerra no Iraq e coas Torres Xemelgas en pé, mentres, como consecuencia das eleccións do ano 2000, algúns estados dos EUA comezan unha guerra entre si.

 

 

Arriba  

 

 

La marquesa de Camba

La marquesa de Camba

Antonio Neira de Mosquera

Rinoceronte

Xénero: Narrativa

297 p. ; 20 €

Esta novela parte dun feito histórico: o asasinato, en xuño de 1366, ás portas da Catedral de Santiago, do arcebispo don Suero Gómez de Toledo mailo seu deán Pedro Álvarez. Un suceso que conmocionou á sociedade da época.

O xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera publicou a obra en Madrid en 1848. Os exemplares desa primeira edición foron axiña retirados pola censura, co que o libro pasou a ser un obxecto de culto, inexistente ata hoxe na maior parte das bibliotecas e arquivos.

A publicación que agora presenta Alvarellos Editora, ao coidado de Xosé Ramón Fandiño e en co-edición co Consorcio de Santiago, é a primeira dende aquela de 1848 (se exceptuamos a tradución ao portugués aparecida en Porto en 1852).

A novela posúe o atractivo das mellores tramas de acción. Un asasinato que vai xermolando dende as primeiras páxinas entre traizóns, paixóns amorosas, vinganzas… e a clave deste tráxico acontecemento: as loitas polo poder entre dous irmanastros, Pedro I e Henrique de Trastámara.  

 

Arriba  

 

 

Mil cretinos

Mil cretinos

Quim Monzó [Trad. de Helena González]

Xerais

Xénero: Narrativa

144 p. ; 16 €

Mil cretinos, o último libro de narrativa do recoñecido autor catalán Quim Monzó, camiña a través dese difícil equilibrio entre a miseria humana e a vida, abordando a dor, a vellez, a morte e o amor. Desde unha paisaxe cotiá do baleiro, Monzó constrúe un libro rotundo, onde o humor, a miseria e unha certa tristeza tecen un ton de desamparo, de falsa felicidade, que o autor analiza, coma sempre, desde unha ollada sen concesións. Mil cretinos, traducido ao galego por Helena González, é un libro fermoso e contundente dunha das voces máis singulares das literaturas ibéricas de hoxe.

 

Arriba  

 

 

 

Xanela aberta

Xanela aberta

Adela Figueroa Panisse

Ediciós do Castro

Xénero: Poesía

94 p. ; 13 €

 

"Para aqueles que gostan de lér: Gostaria facer destes versos o tarabelo que abra todas as xanelas. Adicados, esencialmente, ás mulheres, que levan anos espelindo as perguizas da-i-alma e as grades das incertezas, pretende ultrapasar o simples ámbito do cho¬que natural dos xéneros, para facer un canto á esperanza. Cando a incomprensión se prende nas asas da humanidade e tudo semelha perdido, sempre fica a capacida¬de, aló no fundo, de abrir unha xanela e respirar o ar fresco da manhá. Tomar folgos para facer deste mundo un lugar en que a alegria se vote a caminhar no ar e tome o lugar da opresión en que uns seres humans queren submeter a outros seres humans: honres, mulheres, buscadores dun prato de comida e dun teito onde atopar acocho. E, que melhor acocho que o berce que nos arrolou? Para aquelas/es que xa non poidan lá retornar, no País de Mariquinha —ou Maria— "a terra mai" sempre haberá un curruncho de auga e verde para descansar e recuperar as forzas."

 

 

Arriba  

 

 

A choiva do mundo

A choiva do mundo

Xosé M. Pacho Blanco

Galaxia

Xénero: Narrativa

244 p. ; 15 €

Co Premio Torrente Ballester 2007 Xosé M. Pacho Blanco revélase como un narrador que retorce os estereotipos literarios.

Novela coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, A choiva do mundo é un mosaico feito con anacos da vida no que o amor e o desamor, a loucura, a soidade e a terra se encarnan en máis dun cento de personaxes de lugares e tempos dispares. Metáfora da construción perpetua do mundo a partir das historias das persoas e resultado do pulo creativo dun escritor que penetra na realidade a través das súas múltiples linguaxes.

Arriba  

 

 

Nocturnidade do sal

Nocturnidade do sal

Alexandre Nerium

Sotelo Blanco

Xénero: Poesía

158 p. ; 17 €

É este Nocturnidade de sal, o segundo libro de Alexandre Nerium, un poemario en que novamente o mar e o seu mundo por veces infranqueábel, xa desde o mesmo léxico, teñen un peso fundamental. Comezara a súa andaina no Batallón Literario da Costa da Morte e publicara no 2003 Vogar de couse, Premio Johán Carballeira.

 

 

Arriba  

 

 

A fidalguía galega

A Fidalguía Galega

Antonio Presedo Garazo

Lóstrego

Xénero: Investigación

175 p. ; 14,95 €

 

Neste libro entramos nas casas da fidalguía galega para ver como esta foi capaz de perpetuar a súa preeminencia estamental, xeración tras xeración, durante a Idade Moderna (séculos XVI-XVIII). Para acadar este obxectivo os fidalgos seguiron tres estratexias fundamentais: a posta en funcionamento dun modelo sucesorio concreto, o control do poder local e o uso de elementos simbólicos de preeminencia social.

 

Arriba  

 

 

Música de cinza

Música de cinza

Manuel Forcadela

Galaxia

Xénero: Poesía

110 p. ; 12 €

Lonxe dos criterios que separan a prosa da poesía, en Música de cinza tamén se contan historias, evócase o vivido, o perdido, o que xa non é, para que, dese xeito, regrese.

Poesía de raíz dionisíaca, discurso rítmico e escuro, a palabra de Manuel Forcadela arrinca do tempo, da caducidade, do devir imparable que nos dá sentido e que nos forma, esa cinza que nos fala de antigos fulgores, de lumes que xa arderon. Mais o poemario tamén se elabora a partir do aforismo de intención filosófica e a partir da función do azar na construción da beleza.

 

 

Arriba  

 

 

A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil

A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil

Red Temática de Investigación "LIJMI"

Xerais

Xénero: Investigación

400 p. ; 24 €

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente aos mediado-res, que pretenden afondar no tema da Guerra Civil española e a súa presenza na narrativa infantil e xuvenil.

Tras dunha introdución teórica na que se analiza o impacto e a presenza da Guerra Civil nas manifestacións culturais e artísticas das últimas décadas e a abundante bibliografía crítica xerada arredor do tema, inclúense enfoques panorámicos que abordan o tratamento do tema nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa, vasca, co engadido de dúas achegas que estudan a presenza da contenda española na produción en lingua alemá e inglesa.

O volume inclúe ademais unha selección de obras narrativas nas que se trata a Guerra Civil española, dazasete das cales son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores e mediadoras algunha claves de aproximación para o seu uso na educación literaria.

 

Arriba