índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Novembro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Mal de escola

 

 

 

 

 

 

 

Migracións

 

 

 

 

 

 

Ciclo de Xúpiter

 

 

 

 

 

 

Reversos

 

 

 

 

 

 

De Profundis

 

 

 

 

 

 

Relatos completos (1961-1995)

Ollada sobre a Galiza de 1807

Mira Casabella e a nova canción galega

O xardín das pedras flotantes

Seducidos pola filosofía

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

 

 

Mal de escola

Mal de escola

 

Daniel Pennac

Xerais

Xénero: Narrativa

312 p. ; 20,50 €

Daniel Pennac, na liña narrativa de Coma unha novela (Xerais 1993), aborda en Mal de escola a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dolor que a acompaña. Mal de escola mestura as testemuñas autobiográficas (como estudante e profesor que exerceu a docencia durante vinte e cinco anos nun instituto de París) con reflexións sobre a pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, o papel dos pais e da familia co papel da televisión e dos medios de comunicación actuais, a sede de aprendizaxe coa dor de ser un mal estudante, o sentimento de exclusión do alumno e o amor á ensinanza do profesor. Mal de escola, Premio Renaudot 2007, obra traducida ao galego por Xavier Senín Fernández e Isabel Soto López, é un fenómeno editorial en Francia capaz de reabrir, tamén en Galicia, un gran debate arredor das razóns do fracaso escolar e do estado e do futuro da educación pública. 

 

Arriba  

 

 

Migracións

Migracións

Rafa Villar

Espiral Maior

Xénero: Poesía

72 p. ; 14 €

Rafa Villar (Cee, 1968) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC e dende o ano 1995 traballa no Departamento de Normalización Lingüística da CIG. Promotor xunto con outros poetas do Batallón Literario da Costa da Morte e da colección de poesía Letras de Cal, nos últimos anos participou activamente no movemento social Nunca Máis, do que foi un dos seus voceiros públicos. Como poeta está en posesión, entre outros, dos premios Fermín Bouza Brey, Cómaros Verdes, Concello de Carral e Eusebio Lorenzo Baleirón. Coa presente obra, Migracións, obtivo o XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense.

 

 

Arriba  

 

 

Ciclo de Xúpiter

Ciclo de Xúpiter

Millám Picouto

Linteo

Xénero: Literatura dramática

584 p. ; 30 €

Nume da cidade e das asambleas populares, patrón do Estado e gran potencia tutelar do Imperio, Xúpiter preside o ciclo central do poeta, ocupado con momentos e figuras principais do poder político da antigüedades clásica, que aquí se desenvolve con exhuberancia transitando por vastos escenarios viventes.

Contén: Péricles e Aspasia (traxedia), Vercinxetórix, príncipe da Galia (traxedia), Xulio César (traxedia), Zenobia, raíña de Palmira (traxedia) e Lánser e Íngrid (comedia).  

 

Arriba  

 

 

Reversos

Reversos

Ramiro Fonte

Xerais

Xénero: Poesía

168 p. ; 16,50 €

Reversos. Días adiados constitúe o derradeiro poemario do poeta Ramiro Fonte, falecido o pasado 11 de outubro. Continuando co ciclo de poemas complementarios de formas clásicas, recompilado en A rocha dos poscritos (Xerais 2005), Fonte ofrece un libro memorable escrito, na súa grande parte durante a súa estancia en Cataluña, durante a primavera pasada cando se reconstruía corporal e espiritualmente. Cento quince poemas, onde o autor xogando cunha prolífica secuencia de formas, nas que se emparella o culto e o popular, volve a demostrar as simetrías entre o clasicismo e a modernidade que caracterizou a toda a súa obra.

 

Arriba  

 

 

 

De Profundis

De profundis

Miguelanxo Prado

El Patito Editorial

Xénero: Banda deseñada

94 p. ; 13 €

 

Érase unha vez unha casa no medio do Mar. A casa tiña unha torre que miraba ao Poñente, unha escalinata que se adentrana nas augas, e unha árbore, polo Levante, que floreaba de marzo a abril.

Alí vivían, namorados, unha muller que tocaba o violonchelo e un pintor engaiolado polo Mar e as súas criaturas, polos segredos que gardan as súas profundidades, os seres marabillosos que el imaxinaba que as poboaban e polas costas de terras afastadas no cabo do mundo, ás que as súas augas podían conducir se se sabía encontrar o rumbo.  

 

Arriba  

 

 

Relatos completos (1961-1995)

Relatos completos. 1961-1995

Camilo Gonsar

Galaxia

Xénero: Narrativa

264 p. ; 16,50 €

Este libro reúne os relatos completos de Camilo Gonsar, autor dunha das obras narrativas máis singulares das escritas en Galicia desde a década de 1960.

Entre Lonxe de nós e dentro, publicado en 1961, e Arredor do non, de 1995, o seu mundo ficcional afírmase e expándese. O tradicional pode ser moderno e o autóctono semellar alleo, vida urbana e vida rural non se opoñen, narración e pensamento fúndense para penetraren no lector con esa humilde capacidade de suxestión que só os grandes escritores posúen.

Arriba  

 

 

Ollada sobre a Galiza de 1807

Ollada sobre a Galiza de 1807

Charles-Louis de Fourcroy [Trad. de Paulo Nogueira]

Toxosoutos

Xénero: Histórico

148 p. ; 9 €

Ollada sobre a Galiza de 1807 de Charles-Louis de Fourcroy, cónsul de Napoleón I en A Coruña, vén sendo como unha fotografía instantánea da Galiza de comezos do século XIX. Nesta obra autógrafa e inédita incluso en Francia, conservada en París, dende hai máis de 200 anos, no Arquivo do Ministerio dos Asuntos Exteriores, o autor realizou unha descrición das sete antigas provincias galegas (Mondoñedo, Santiago, Ourense, Lugo, Betanzos, A Coruña e Tui), nas que detalla para cada unha delas: a poboación, portos, industria e comercio, fábricas e feiras, bancos e casas de seguros, cultivos e producións, ríos e mananciais... En apéndice, o autor reagrupa varias notas sobre os lugares de interese da Galiza dezanoveava e distintos mapas de Galiza para ilustrar o seu propósito.

 

 

Arriba  

 

 

Mira Casabella e a nova canción galega

Miro Casabella e a nova canción galega

Xan Fraga

Galaxia

Xénero: Investigación

144 p. + 1 CD ; 28 €

 

A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vencellada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia.

Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década de 1960, ata a súa participación no grupo Doa e logo o regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos.

Comprometido co país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das cancións de Miro Casabella son xa himnos, símbolos dun tempo.

 

Arriba  

 

 

O xardín das pedras flotantes

O xardín das pedras flotantes

Manuel Lourenzo González

Xerais

Xénero: Narrativa

528 p. ; 22,5 €

O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándose moito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.

 

 

Arriba  

 

 

Seducidos pola filosofía

Seducidos pola filosofía

Ramón Area Carracedo

Difusora

Xénero: Filosófico-Gastronómico

196 p. ; 15 €

Despois de anos dedicado á docencia e nos que a filosofía tiña que permanecer nas aulas, nos programas de estudos, e na historia, Ramón Area Míguez, anarcoxubilado, decide filosofar a través do presente e a súa problematicidade, a cociña e do diálogo. E así, nos propón diferentes viaxes nas que nos toparemos con Platón, Nietzsche, Indalecio Armesto ou Francisco Sánchez entre outros, pero tamén coa cidade da cultura, coa relixión, as guerras ou a memoria histórica. Polo medio, comeremos mussaka, capón ao viño tinto, guiso de carne en salsa negra, albóndegas... Deste xeito a historia da filosofía comeza a asomar no presente, o pensamento volve a unirse coas cousas do corpo e, nas aulas, persoas e personaxes parecen falar tan a gustiño que pena dá que toque o timbre.

 

Arriba