|

O
frío azul
Ramón
Caride Ogando
Sotelo
Blanco Edicións
Xénero:
Narrativa
128
p. ; 10,5 €
|
Ano
1517. Nunha escura invernía, desafiando unha mesta nevarada, un
viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira. Acarrexa unha misteriosa bagaxe,
a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por
saber a calquera prezo a razón da súa insólita desventura. Pouco a
pouco, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos
monacais van minando a súa afouteza, ata que, finalmente, a impensada
confesión do amo do mosteiro o leve sen remisión polos camiños máis
abraiantes. Sen acougo, do val estremeiro do Xálima a Portugal, de
Toledo ao Courel, o autor tece un sorprendente relato que se vai
apoderando do lector.
Un
relato de guerras e de nigromancia, de panteísmo e de represión, de
poder asoballante e de resistencia secular. Un relato sorprendente que
oscila, a cada paso, entre a quentura do amor e a friaxe da morte,
entre as historias reais que sobrecollen e as lendas que perviven,
agochadas, nos curutos das serras máis afastadas.
Ramón
Caride debuxa con mestría paisaxes, feitos e soños en O frío azul
(Premio Manuel Lueiro Rey de novela Curta 2007), para facernos vivir,
na compaña dos seus protagonistas, unha viaxe inesquencíbel polo tempo
e polo espazo que nos permite albiscar os abismos máis fondos, os que
cada un de nós levamos dentro.
|
|
|
|

Acendede
as almenaras
Bernardino
Graña
Xerais
de Galicia
Xénero:
Poesía
72
p. ; 12,5 €
|
Acendede as almenaras é un poemario co que
Bernardino Graña grava un testemuño de emoción e vibración ante a vida
e as persoas, un testemuño a través do que lanza ao aire unha onda a
favor das ataduras do amor e da amizade. Libro recompilatorio pero
inédito, que reúne composicións escritas desde os anos 80 até hoxe,
Acendede as almenaras organiza os textos en poemas amor, amigo e
escarnio, seguindo a nosa tradición literaria medieval, para dar conta
da importancia das relacións vitais e persoais, da forza do cariño, da
tenrura e do apego que son, en definitiva, os fíos invisibles que nos
propulsan ao longo da vida.
|
|
|
|

Quero
ser presidente
Xosé
Rúas Araujo
Alvarellos
Editora
Xénero:
Ensaio
198
p. ; 18,9 €
|
Todo
sobre as campañas electorais, os candidatos e as súas
estratexias.
Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como
xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor
de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno,
enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves
teóricas e técnicas da propaganda e do marketing electoral. Escrito por
un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser
presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un
despois nas estratexias electorais empregadas no noso país.
Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista
ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha
detrás de cada campaña electoral.
|
|
|
|

Xosé
María Álvarez Blázquez na súa canle
secreta
Henrique
Rabuñal
Laiovento
Xénero:
Ensaio
87
p. ; 11 €
|
Henrique Rabuñal ofrécenos unha viaxe intensa pola biografía intelectual do
polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), un amante da
liberdade e da dignidade que fixo da palabra oral e escrita a súa fermosa arma
de intervención. Xosé María foi mestre da República, libreiro, editor, escritor,
profesor, articulista, arqueólogo, bibliófilo, conversador, conferencista,
académico, galeguista, cronista de Vigo, ávido coleccionista, pai, voz da radio
e erudito en moitos saberes.
A presente obra retrata a súa etapa de formación en Tui e Pontevedra, os crueis
desterro e exilio interior, os seus proxectos Monterrey e Castrelos asentado en
Vigo, a súa obra de creación literaria e en definitiva a súa grandiosa presenza
no século XX galego. Nesa medida trátase dunha homenaxe a quen ten un lugar
entre as grandes personalidades das nosas letras e da nosa patria.
|
|
|
|

O
xiro postal
Oumane
Sembène [Trad. Isabel García Fernández]
Rinoceronte
Xénero:
Narrativa
92
p. ; 14 €
|
A chegada dun xiro postal altera a rutina dun barrio pobre do Dakar
dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha
vida miserenta, chea de débedas e privacións.
A través das
peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane
Sembène ofrécenos un retrato cruel pero lúcido do Senegal
inmediatamente posterior á Independencia, no que se manteñen as
estruturas sociais e económicas da época colonial.
Levado ao cine polo propio autor (Mandabi, 1968), O xiro postal
denuncia a hipocrisía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade
que, porén, ten nas súas mans a posibilidade de tentar cambiar.
|
|
|
|

Valle-Inclán
inédito
Ramón
del Valle-Inclán
Espasa-Calpe
Xénero:
Epistolario
348
p. ; 24,9
€
|
Este
libro reúne 4 manuscritos y 144 cartas inéditas de Ramón del
Valle-Inclán, que forman parte del ArchivoValle-Inclán Alsina. La
edición corre a cargo de su nieto Joaquín del Valle-Inclán, autor
también de uno de los prólogos. Las cartas abarcan desde 1895 hasta los
años cuarenta del siglo XX. Cartas a y de miembros de su familia,
políticos, amigos, escritores comentando los más diversos asuntos.
|
|
|
|

Saudade.
Verba Galega nas Américas
V.V.A.A.
Centro
Ramón Piñeiro
Xénero:
Recuperación da memória histórica
p. ; 12 €
|
A primeira
empresa sociocultural creada polos galeguistas de México
foi Saudade. Verba galega das Américas, que sae á
rúa en 1942 coincidindo co "Día de Galiza".
Tivo como editor responsible nos dous primeiros números
o arquitecto Xosé Caridad Mateo, responsabilidade que
traspasa a Ramiro Illa Couto no terceiro número, e correrá
a cargo de Ramón Cabanillas Álvarez a edición
dos números catro e cinco (...). A redacción integrábana
Florencio Delgado Gurriarán, Carlos Velo, Ramiro Illa
Couto e Ramón Cabanillas Álvarez, colaborando
estreitamente con eles Marcial Fernández, Manuel Porteiro
Viñas e Bieito Búa Rivas (...)
Un dos
propósitos que perseguía a publicación
era a incorporación da colonia galega, a dos vellos residentes,
á loita pola defensa da `personalidade cultural e política
de Galicia. Coincidindo co último número de Saudade
publícase, tamén con motivo do "Día
de Galiza", o Cancioneiro da Loita Galega. Edición
da que se sabe foi Saudade o poeta Valdeorrés Florencio
Delgado Gurriarán.
Saudade
non volve aparecer ata 1952, manténdose na nova xeira
ata agosto de 1953. Nesta súa segunda etapa incorpora
colaboracións de galeguistas do interior, e na dirección
está agora o socialista Marcial Fernández, incorporándose
Luis Soto á redacción. Segundo R. Gurriarán
"esta empresa unitaria foi o xermolo de imporrtantes accións
culturais que logo virían, como o Padroado de Vieiros.
Unha vez máis, o último número de Saudade
coincide con outra sonada actividade galeguista. Nesta volta,
coa constitución do Padroado da Cultura Galega en México,
que se leva a cabo no hotel Majestic de México D.F.,
o 29 de xuño de 1953. A primeira direciva estivo presidida
polo violinista Xesús Dopico Barreiro, con Roxelio Rodríguez
de Bretaña como secretario xeral. (María Xosé
Rodríguez Galdo)
|
|
|
|

A
pega rabilonga. Os ruíns
Xosé
María Álvarez Blázquez
Galaxia
Xénero:
Narrativa
168
p. ; 12 €
|
Publícase neste volume toda a narrativa breve escrita en galego por Xosé María Álvarez Blázquez.
Dous libros de contos: Os ruíns, narracións que datan do ano 1935, case no punto do estoupido da Guerra Civil, e A pega rabilonga e outras historias de tesouros,
que viu a luz en 1971 en Edicións Castrelos. Estas narracións
comparten, malia os anos que as separan, riqueza descritiva, viveza nos
diálogos, humor sutil e unha querenza do autor polos personaxes
humildes e perdedores fronte á crítica aberta aos insensibles e aos
poderosos.
|
|
|
|

Matádeo
mañá
Elixio
Rodríguez
Xerais
de Galicia
Xénero:
Ensaio
368
p. ; 19,1 €
|
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico
excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador
galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o
terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos
sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade
Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do
exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da
emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e
colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos
Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en
palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas
memorias apaixonantes. Este é un relato trepidante de feitos
históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha
grande achega á nosa memoria colectiva. Esta segunda edición destas
memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en
lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu
pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de Aser
Álvarez. |
|
|
|

O
de Millarengo
Beatriz
Martínez de Millarengo
Ediciós
do Castro
Xénero:
Narrativa
506
p. ; 18 €
|
No mes de xaneiro de 1809, un artilleiro de Napoleón queda ferido nunha
emboscada tendida ao exército francés por un grupo de guerrilleiros
galegos preto de Pontedeume. Os seus compañeiros, créndoo morto, van
deixalo abandonado na súa fuga, logo de sacarlle o capote, as botas e
as armas...
Unha muller atópao inconsciente, sente pena por el e levao á súa casa,
onde o agocha para non dar lugar a que crean que é unha traidora
afrancesada. O seu home é guerrilleiro e o seu fillo soldado do
exército galego, o que vai permitir á autora relatar o acontecido en
Galiza na Guerra da Independencia, hai dous séculos.
|
|
|