Andel de Agosto
|
No andel do mes |
|
|
|
Organoloxía
|
|
Covalladas. Prosa vertical
|
|
Onte
|
|
Conservas
|
|
Feijoo, o galego e nós
|
|
O coitelo en novembro
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
|
|
Cos peitos desenchufados
|
|
Eloxio da ociosidade
|
|
Nocturnos
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Noia no cambio de século
Xerardo Agrafoxo Toxosoutos Xénero: Crónica 584 p. ; 22 € |
Noia no cambio de século (1995-2007) é o terceiro volume dunha triloxía que comezou coa publicación de CRÓNICAS DUNHA DEMOCRACIA (2006) e A REVOLTA NACIONALISTA (2006). A obra abrangue, entre outros temas, a lexislatura de Mari Carmen Abeixón García (195-1999), o goberno de Rafael García Guerrero (1999-2003) e o mandato de Antonio Pérez Insua (2003-2007). Por estas páxinas desfilan, entre outros episodios, o controvertido "negocio" na Casa da Cultura, os problemas na Confraría de Pescadores, a protesta contra o Mapa Comarcal da Consellería da Presidencia, a aprobación do PEPRICH, a inauguración do Museo das Laudas e o Teatro Coliseo Noela, a polémica pola empacadora de Sampaio, o enfrontamento entre Primitivo Hermo e Mari Carme Abeixón, a dimisión de López Rico como conselleiro do BNG, a suspensión de García-Malvar como fiscal do TSXG, o Día das Letras Galegas dedicado a Avilés de Taramancos, o 75 aniversario do Liceo, as manifestacións contra as variantes da Consellería de Política Territorial, a morte de Xosé Agrelo Hermo e Prudencio Romo e o centenario de María Mariño. A través dunha análise crítica das tres últimas lexislaturas, enriquecida con entrevistas, crónicas, imaxes e documentos, o lector pode coñener as claves dun período histórico ateigado de acontecementos. |
|
|
|
|
|
|
|
Os milagres de Cristamar Chelo Suárez Edicións Positivas Xénero: Narrativa 110 p. ; 12 € |
Os milagres de Cristamar, cunha escrita que te enreda e te secuestra, que non te deixa e te reconcilia coa literatura, é a novela gañadora da IV edición do premio Narrativas Quentes. Nesta novela, ambientada canda o famoso terremoto de Lisboa, e tan intensa como curta, hai prostitutas, monxas, hermafroditas e castratos, mariñeiros... É tamén Os milagres de Cristamar unha homenaxe á Coruña, cidade sempre vencellada ao cristal e ao mar, Cristamar.
|
|
|
|
|
|
|
|
O Cabaleiro da Rosa Wladimir Dragossán Bubela Editorial Xénero: Poesía 81 p. ; 11,44 € |
Rafael Pintos Méndez (de nome artístico, Wladimir Dragossán), actor, pintor, poeta... multiartista rebelde e comprometido coa súa obra, ofrécenos neste libro un delicado ramo de rosas, en forma de poemas, que teñen o perfume da paixón amorosa. Rafael Pintos é, como artista, un adiantado ao seu tempo: foi o pioneiro do movemento neogótico en Galiza, reivindicando un dandismo entroncado co subconsciente e a sombra. O seu romanticismo negro e a súa estética convertérono nun personaxe que, polos seus coñecementos sobre vampirismo e exoterismo, fíxose coñecido nos platós de media Europa e en América, participando ademais en numerosas canles de radio e televisión estatais e autonómicas. Rafael Pintos, que como artista utilizou o arquetipo do vampirismo para provocar unha reacción de choque fronte ao conservadurismo da sociedade, volve utilizalo neste poemario, O Cabaleiro da Rosa, para denunciar as “miradas sen visión, máis mortos que os mortos” dos alienados. En definitiva, a asunción consciente da propia diferenza, a exploración da complexidade humana, a utilización de material onírico, a poesía como lingua sagrada, e a valoración da súa calidade iluminadora… que o sentimental_ISMO reivindica. (Introdución, por Xesús Manuel Valcárcel)
|
|
|
|
|
|
|
|
Antígona. A cartuxeira. Neuras María Xosé Queizán Galaxia Xénero: Teatro 212 p. ; 15 € |
Traxedia, drama e comedia. Velaquí tres pezas teatrais de María Xosé Queizán que exploran os diferentes rexistros do xénero dramático. Acción, palabra, actividade pública, compromiso... En Antígona. A cartuxeira. Neuras a palabra xera o contacto co mundo e inicia un compromiso que atinxe o pensamento, os criterios e as conviccións. Tres situacións que exploran a realidade para lle quitar a máscara, que aproveitan a capacidade do xogo teatral para establecer correspondencias entre escena e realidade.
|
|
|
|
|
A trenza Marcelino Fernández Mallo Ézaro Xénero: Narrativa 316 p. ; 19 €
|
Mario Quintela, funcionario eficiente e esposo amante, está ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. Roberto, un traficante alcumado o Coronel, visita de cando en vez a Eva na cadea ó obxecto de garantir o permanente control da situación. Helena, avogada da ONG Portas Abertas, empéñase, coa axuda do padre Marcos, en salvar a Eva o cal terminará por supoñer a súa propia condena. As traxectorias de persoas que ocupan mundos e espazos diverxentes crúzanse en distintos momentos e cada cruzamento altera o rumbo de cadansúas existencias. O peso das circunstancias sitúase por riba das decisións persoais, mesmo por riba das identidades, das familias e das institucións. A trenza constitúe un relato brillante e intenso dende os primeiros compases e que se vai enriquecendo a medida que os personaxes clave da historia acumulan experiencias vitais, en moitos casos completamente inesperadas. A trenza é, ademais, unha novela cun salientable fondo social.
|
|
|
|
|
|
|
|
Outra Galiza Suso de Toro Xerais Xénero: Crónica 304 p. ; 17 € |
As páxinas d’ Outra Galiza, escritas dende 2003 á primavera de 2008, naceron do diálogo do escritor Suso de Toro co seu país, nuns anos de tránsito, de cambio social e político nos que houbo momentos de grande conflitividade e dureza, nun tempo aberto no que apareceu a expectativa de que a sociedade galega abrollase máis anovada. Textos críticos e autocríticos, escritos coa convicción de que as palabras contribúen a cambiar o estado das cousas e ganduxados coa intención explícita de ir ofrecendo un programa para un novo galeguismo e tecer unha Galiza da cidadanía. Un libro de intervención onde latexa no fondo un optimismo razoable e a confianza na nosa sociedade e nas posibilidades deste tempo novo. |
|
|
|
|
Estúrdiga materia Luís González Tosar Galaxia Xénero: Poesía 118 p. ; 22 € |
Un novo poemario de Luís González Tosar, con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín e ilustracións de Manuel Quintana Martelo. [...] escribo a eito, en remuíño, sobre Luís González Tosar, que é un poeta que traspasa, con esta súa Estúrdiga materia, a plenitude e a madurez. Fágoo desde o punto de vista daquel que o viu nacer como escritor, que o viu medrar e se converter no home grande que é. Isto quere decer que, mais ca nunca na miña vida, estou a producir un texto discursivo no que experimento o certo da velleza. De por parte, escríboo na Underwood que mercara meu pai en 1919 e na que el lle facía as crónicas de Vilanova dos Infantes á Zarpa de Blanco Torres e don Basilio. E todo canxa ben porque o Tempo nos leva coma o río de Díaz Castro, todo en lapas... Diciamos plenitude, sabedoría, cume: este libro de Luís González Tosar arrastra por popa toda a literatura galega e parte da feita noutras linguas que o autor frecuenta. Nesta tradición e diálogo de culturas Estúrdiga materia é unha lección maxistral que ha perdurar alén da nosa morte. (Do limiar de Estúrdiga materia, Xosé Luís Méndez Ferrín)
|
|
|
|
|
|
|
|
Obabakoak Bernardo Atxaga [Trad. de Ramón Nicolás] Faktoría K Xénero: Narrativa 416 p. ; 20 €
|
Para escribir un conto en só cinco minutos cómpre que consiga -ademais da tradicional pluma e do papel branco, naturalmente- un diminuto reloxo de area, o cal lle dará cumprida información tanto do paso do tempo como da vaidade e inutilidade das cousas desta vida; do concreto esforzo, xa que logo, que nese intre está vostede realizando. Non se lle ocorra poñerse diante dunha desas monótonas e monocores paredes modernas, de ningunha maneira; que súa ollada se perda nesa paisaxe aberta que se espalla alén da súa ventá... "Obabakoak" transporta o lector ao territorio atemporal e infantil dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario irrompe no cotiá. Obaba non existe, non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero o lector axiña atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra que se estructura en tres apartados: “Infancias”, “Nove palabras en honra da vila de Villamediana” e “Á busca da derradeira palabra”.
|
|
|
|
|
Os nomes do traidor Xurxo Sierra Veloso Xerais Xénero: Narrativa 208 p. ; 16,50 € |
Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d’ Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela. A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza…) vanse abrindo ao lector esta novela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela de extraordinaria expresión cinematográfica.
|
|
|
|
|
|
|
|
O mito da alma. Ciencia e relixión Gonzalo Puente Ojea Laiovento Xénero: Ensaio 702 p. ; 30 € |
Este libro desexa amosar que o eixo entorno ao que se debe dilucidar a cuestión do fenómeno relixioso non é o concepto e a existencia de deuses -que non son máis que imaxinarios referentes secundarios e derivados de reelaboracións do animismo prehistórico e a superstición dualista, amplamente explicados no meu libro Ateísmo y Religiosidad. Esta cuestión ventílase no ámbito das actuais relacións da ciencia coa relixión; é dicir, a necesidade de saber se, ademais da materia e os seus produtos, existen espíritos ou factores inmateriais constitutivos dun plano animista superior ao da realidade natural (mundo físico), situado por encima da natureza e das súas leis-descubertas e sistematizadas polo progresivo avance da ciencia, que se subordina a unha suposta sobrenatureza (mundo espiritual). A relixión garante ilusoriamente a crenza na eternidade da vida, e na cancelación da morte. Fronte a esta superstición xeradora dun mundo de carácter esquizoide, o materialismo unitario representa a concepción científica da realidade. A actividade da ciencia camiña con paso acelerado e seguro cara á radical supresión do sobrenaturalismo, tanto na expresión evolutiva das súas formas sacras como na proliferación actual das súas formas secularistas. O ateísmo hai que definilo hoxe, na súa xeneralidade, como a irrelixiosidade.
|