índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Setembro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Arredor do mundo

 

 

 

 

 

 

 

Os dominios de Golgur

 

 

 

 

 

 

Made in Galiza

 

 

 

 

 

 

A vinganza da Mantis

 

 

 

 

 

 

A xeografía física de Galicia

 

 

 

 

 

 

O muiñeiro ouveador

De provincia a nación

A odisea

Conversas con Darío Xohan Cabana

Pintor por Italia

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Arredor do mundo

Arredor do mundo

Xosé Neira Vilas

Xerais de Galicia

Xénero: Artigos

240 p. ; 16,50 €

O mundo en que vivimos é “ancho e alleo”, como alguén dixo, mais tamén é estreito e noso, segundo o ollemos. Cada vez máis abarcable e globalizado e ao mesmo tempo máis complexo e dividido. Este planeta que nos leva e nos trae na súa andaina de rotación e translación está poboado de enigmas e sucesos, maiores ou menores, que chaman a nosa atención. Xosé Neira Vilas detense neste cento de artigos noutros tantos temas e acontecementos que ocorren no mundo que tripamos, neste chisco do mundo que se chama Galicia, conseguindo engaiolar ao lector cunha prosa purísima e ben traballada, tan característica dun clásico vivo da nosa literatura.

 

Arriba  

Os dominios de Golgur

Os dominios de Gólgur

John Alonso

Edicións Morgante

Xénero: Narrativa

197 p. ; 17,10 €

Novela inserida no formato da ucronía do xénero fantástico. Está ambientada nunha Galicia medieval na que non existe o cristianismo e inclúe numerosos xiros humorísticos.

Na Idade Media, Galicia chámase Miranda, e é un ducado independiente do reino de Asturias; aquí nunca se chegou a implantar o cristianimo. Os seus habitantes cren non demo chamado Gólgur pero pouco máis. Neste escenario, Dinís, o duque de Miranda decide encargar unha misión a tres aventureiros de fortuna. A cuadrilla aventureira percorre, con identidades falsas, os condados de Muros e o marquesado de Ribeira.

John Alonso Oreiro (A Coruña, 1967) intérnase no seu primeiro título nos camiños da narrativa fantástica botando mán dos recursos que lle son especialmente caros: o humor e a sátira social.

Arriba  

Made in Galiza

Made in Galiza

Séchu Sende

Editorial Galaxia

Xénero: Narrativa

156 p. ; 12 €

 

Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.

 

Arriba  

A vinganza da Mantis

A vinganza da mantis

Paloma Calvo Varela

Espiral Maior

Xénero: Narrativa

116 p. ; 12 €

 

Primeiro libro da autora, composto por once relatos que reflicten a vida da mocidade actual. Un abano de temas que van desde a droga ao paro, desde a familia ao mundo negro, desde o desexo aos abismo existenciais.

 

 

 

Arriba  

 

A xeografía física de Galicia

A xeografía física de Galicia

Ángel Miramontes Carballada

Lóstrego

Xénero: Divulgación

94 p. ; 5,95 €

 

Nesta obra preséntase unha aproximación ao medio físico galego.
A través dos factores ambientais máis relevantes faise un percorrido desde a orixe de Galicia ata o estado de conservación actual, para poder valorar a extraordinaria biodiversidade do país.

 

 

 

Arriba  

O muiñeiro ouveador

O muiñeiro ouveador

Arto Paasilinna

Rinoceronte

Xénero: Narrativa

270 p. ; 18 €

 

Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide mercar e por en funcionamiento o vello muíño á beira do río Kemi, os labregos da veciñanza rinse del, aínda que axiña se rendirán á evidencia do éxito da empresa.

"Unha novela de aventuras cun ritmo incesante... A aparición deslumbrante dun novo tipo de heroe: o rebelde ecoloxista-maníaco-depresivo e o seu curioso ouveo no fondo do bosque."  (Dominique Guión - Le Figaro)

 

Arriba  

De provincia a nación

De provincia a nación. Historia do galeguismo político

Justo Beramendi

Xerais de Galicia

Xénero: Historia

1248 p. ; 50 €

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións –a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral– e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada. 

Arriba  

A odisea

A odisea

Homero

Toxosoutos

Xénero: Literatura clásica

353 p. ; 10 €

Este clásico e claro referente da literatura universal que se orixina moitos séculos antes da nosa era, é unha epopea que, ao igual que todas, ten a finalidade de ser declamada ante un público. A súa autoría é atribuída ao poeta e rapsoda grego Homero. O texto que o lector ten entre as mans, conservado e estandarizado dende tempo inmemorial para o noso goce, relata as innumerables peripecias, desventuras e andanzas que sofre o protagonista deste poema épico, Ulises, para regresar á súa patria, Ítaca, despois de combater na guerra de Troia.

 

 

Arriba  

Conversas con Darío Xohan Cabana

Conversas con Darío Xohan Cabana

José Luis Calvo Vidal e Yago Rodríguez Yáñez

Xerais de Galicia

Xénero: Conversas

296 p. ; 17 €

Pertence Darío Xohán Cabana á “Grande Xeración” de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. “Vida e Literatura”, “Poesía”, “Narrativa” e “Traducion” son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha “Cronoloxía” e “Bibliografía”, ademais dun apartado “Fotobiográfico” completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.

Arriba  

Pintor por Italia

Pintor por Italia

Xavier Correa Corredoira

Baía Edicións

Xénero: Viaxes

144 p. ; 21 €

Pintor por Italia é un diario resultado de dúas viaxes realizadas por Correa Corredoira e que nos transmite visións distintas para achegarnos a mesma identidade, Italia, desde dous estados de ánimo que marcan perfectamente o percorrido realizado dunha forma libre e aberta para deixarse atrapar pola súa arte, polas súas xentes, pola súa gastronomía, en definitiva, por unha cultura mediterránea que non nos é allea nin sequera tan diferente vista a través dos ollos dun singular representante deste finis terrae que nos caracteriza e define como pobo atlántico.
Correa Corredoira achéganos Italia desde dúas perspectivas: a escrita, máis inesperada nun artista plástico, a través duns textos ben traballados e que, en ocasións, se transforman en auténticas visións e presentacións poéticas, e a plástica, na que se recoñece máis o singular viaxeiro, e a través da cal nos dá a coñecer e propón un (re)coñecemento da arte que mana por todas as rúas e cidades desa Italia, que no seu lapis e pincel, se nos transforma nunha máxica visión de cores.
Con todo, Pintor por Italia é máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor.

Arriba