índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Novembro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Cardume

 

 

 

 

 

 

 

Álvaro Siza. Conversas no obradoiro

 

 

 

 

 

 

Occitania

 

 

 

 

 

 

Días do final

 

 

 

 

 

 

¿Para que serve a historia de Galicia?

 

 

 

 

 

 

La lámpara maravillosa de Valle Inclán

Teatriños ou aturuxos calados

Mundo gallego

A lúa dos everglades

A pobreza en Galicia

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 Onde se irisa a flor

Onde se irisa a flor

 

O desfalco

O Desfalco

 

 O señor Lugrís e a negra sombra

O señor Lugrís e a negra sombra

 

Caeira dos días

Caeira dos días

 

Psicopatoloxía do retorno

Psicopatoloxía do retorno

 

Vidas post-it

Vidas post-it

 

 Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro

 

 Querer crer entrever

Querer crer entrever

 

Cultura popular e imaxinario social

Cultura popular e imaxinario social en Galicia

 

 120 anos de ciclismo galego

120 anos de cicliosmo galego

 

 

ANTERIORES

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Cardume

Cardume

Rexina Vega

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

200 p. ; 16 €

En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron. Ambientda nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evolucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacidade expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilística, Rexina Vega reivindica nesta novela a memoria como conformación da identidade do presente. Cardume obtivo o Premio Xerais de novela 2007. 

Arriba  

Álvaro Siza. Conversas no obradoiro

Álvaro Siza. Conversas no obradoiro

Manel Somoza

Verlibros

Xénero: Conversas

176 p. ; 22 €

“No seu estudio do Porto, no seu obradoiro, nun cuarto que abre a xanela grande para o río, onde comeza a Foz do Douro, traballa sincopadamente Álvaro Siza. E nese cuarto, despois de sesións  de fin  de semana de traballo en proxectos en que eu colaboro,  tivemos estas conversas, case sempre o domingo pola mañá, como un día solto calquera. Foron domingos de xaneiro a novembro (do ano 2005), en que as variacións das estacións puxeron a súa luz e clima particulares. Na mesa longa, ateigada das cousas máis diversas que van deitando as visitas e as xornadas de traballo, un fronte ao outro, fomos falando, axudados do bic que ilustra ideas ou permite deseños de acompañamento.”

Arriba  

Occitania

Occitania

Ricardo Martínez-Conde

Follas Novas

Xénero: Poesía

73 p. ; 8 €

 

"Aprende dos piñeiros. Aprende dos bambús". Aprender quere dicir unirse ás cousas e sentir a íntima natureza desas cousas.

Iso é haiku.

 

Ricardo Martínez-Conde salienta como un motivo esencial a interiorización, a evocación da paisaxe. O autor observa reflexivamente a natureza, o que lle serve para expresar de xeito sinxelo valores de significación ética -e estética- como a fugacidade do tempo, a memoria...

 

Occitania representa a súa terceira achega ao cultivo do haiku en galego, despois de Orballo nas camelias (Sotelo Blanco, 1993) e A núa lentitude (Follas Novas, 2001)

 

A lúa

no río, ¿nada

ou baila? 

Arriba  

Días do final

Días do final

Manuel Pereira Valcárcel

Galaxia

Xénero: Narrativa

60 p. ; 9.80 €

 

Esta é a historia dunha relación marcada polo pulso vencido do tempo. Tempo definitivamente acabado. De inescusable conclusión. Os derradeiros días da relación entre pai e fillo.

Horas e horas de hospital e corredores brancos. Vivir, nesas circunstancias, é unha paréntese de reclusión, unha referencia perpetua de dor e esgotamento.

A morte en primeiro plano, ao fondo os camiños do ano 1994. Un libro de retorno e reflexión. Percorrido pola voz sutil da memoria até o silencio que tronza ese traxecto de testemuños e lembranzas..  

Arriba  

 

¿Para que serve a historia de Galicia?

¿Para que serve a Historia de Galicia?

José Carlos Ber,ejo Barrera

Lóstrego Edicións

Xénero: Ensaio

190 p. ; 14.95 €

 

¿É Galicia unha nación? ¿Que sentido ten a Cidade da Cultura? ¿Hai unha Historia ao servizo do poder? ¿Podemos vivir do Patrimonio? ¿De que serve estudar historia? O catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago, J.C. Bermejo Barrera, cuestiona por vez primeira, desde un posicionamento plenamente crítico e independente, os grandes temas da nosa historia actual.

 

 

Arriba  

La lámpara maravillosa de Valle Inclán

La lámpara maravillosa de Valle-Inclán. Algunas claves esotéricas

Fernando Barros

Editorial Cardeñoso

Xénero: Ensaio

190 p. ; 15 €

 

Al abordar el tema del ocultismo en Valle-Inclán, sobre todo en La lámpara maravillosa, hay que recordar que durante mucho tiempo estuvo considerado por parte de la crítica como un asunto menor, que interesaba al autor más por motivos estéticos que por convicciones profundas, y que había que referirlo tan sólo como una especie de pecado de juventud o como una deuda contraída con el espíritu de la época, en la que los medios literarios (y no sólo ellos) se alimentaban de conocimientos mágicos, esotéricos, teosofistas, espiritisitas, etc., entonces a la moda dentro de todos los "ismos" que combatían la estrechez ideológica del realismo, del naturalismo o del materialismo que se quería científico, a pesar de su manifiesto utopismo

 

Arriba  

Teatriños ou aturuxos calados

Teatriños ou aturuxos calados

Erín Moure

Galaxia

Xénero:Poesía

147 p. ; 19 €

Este libro é unha encrucillada de linguas e voces no que inglés e galego flúen coma correntes dun mesmo río.
Os seus poemas abren recunchos agochados na linguaxe e na percepción, descobren no miúdo, no común, un brillo ignorado ou un matiz perdido.

A literatura recupera o pulo inocente da fala primixenia, o pracer do rexeitado que volve rexurdir.

Libro co que Erín Moure quedou finalista do Griffin Poetry Prize 2006, un dos premios máis importantes da literatura anglosaxona..

Arriba  

Mundo gallego

Mundo Gallego

Edición de Luis Alonso Girgado, Marisa Moreda Leirado e María Vilariño Sánchez

Centro Ramón Piñeiro

Xénero: Recuperación da memoria histórica

248 p. ; 12 €

 

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación das Humanidades, da mán de Luis Alonso Girgado, recupera os catro números de Mundo Gallego (Revista de Galicia en América), publicados en Bos Aires nos anos 1951 e 1952.

Mundo Gallego (Bos Aires, 1951-52), "Revista de Galicia en América", foi unha inicitaiva publicísta galega e cultural emprendida conxuntamente por Eliseo Alonso, Xosé Conde e Teodoro Campos. Callou unicamente en catro números que dedicou, respectivamente, á lembranza de Rosalía, Curros, Castelao e Valle-Inclán. O bo nivel das colaboracións, a ampla e sobresaínte listaxe de sinaturas literararias (Otero Pedrayo, E. Blanco Amorm Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, José Mª Castroviejo, E. Correa Calderón, Victoriano Taibo, F. Fernández del Riego, V. Paz Andrade, A. Iglesia Alvariño, Fermín Bouza Brey e outros) e plásticas (Urbano Lugrís, Laxeiro, Julia Minguillón, Mercedes Ruibal, A. Faílde Gago, Carlos Maside, I. Díaz Pardo, etc.), o coidado estético das páxinas, o escrupuloso mantemento da temática cultural con exclusiva atención a Galicia.  

 

Arriba  

A lúa dos everglades

A lúa dos Everglades

Xesús Manuel Marcos

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

192 p. ; 16.5 €

Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadaría A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, no barrio bonaerense Belgrano. O xove funcionario e escritor Andrés Leiro amiga con Manuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende hai varias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami …

A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos Tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. Tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora do Premio Terra de Melide 2007.

Arriba  

A pobreza en Galicia

A pobreza en Galicia

Patricio Sánchez, Antonio Vaamondo e Xenaro García

Sotelo Blanco Edicións

Xénero: Ensaio

208 p. ; 13 €

A pobreza, nas súas diferentes dimensións, configúrase como un dos lastres máis preocupantes da humanidade. A pesar do innegable crecemento e progreso asociado ao desenvolvemento económico e social, é un problema sempre presente en calquera perspectiva dende a que se analice. A gravidade deste fenómeno conduce a moitos autores a concibilo como un problema irresoluble que, ademais, se agrava co paso do tempo. Outros son máis optimistas, pero todos consideran que as sociedades modernas deben facerlle fronte de maneira determinante. Esta obra nace co obxectivo de ser útil no difícil camiño de resolver esta problemática dende a convicción de que o coñecemento da pobreza é un labor necesario e imprescindible na súa diminución e erradicación. Con esta finalidade, o presente estudo céntrase en Galicia, facendo unha análise desagregada que permite ter unha visión do conxunto do territorio e tamén por provincias, comarcas e concellos. Asemade, a concepción multivariante da pobreza, en liña coas últimas tendencias académicas, supón un esforzo salientable por aplicarlle á análise económica procedementos  xa contrastados noutros eidos e disciplinas científicas.

Patricio Sánchez, Antonio Vaamonde e Xenaro García son profesores da Universidade de Vigo. Desenvolven dende hai tempo tarefas de investigación vinculadas á aplicación de métodos e técnicas estatísticas das ciencias sociais. As cuestións relativas á desigualdade e á exclusión social en Galicia forman parte preferente das investigacións que realizan.

Arriba