|

O
canto do muecín
Lois
Diéguez
Edicións
A Nosa Terra
Xénero:
Narrativa
586
p. ; 24; €
|
Levaba tres días así, sen poder pegar ollo e sentíase tan cansa... Ía polo
deserto aborrecida do sol que nunca se poñía. Transformábase na sombra de
Anthony Perkins cando en "Psicose" avanzaba pola parede cun enorme coitelo de
matar porcos, e cando o ía espetar no corpo estarricado de Sofía acordaba bañada
nunha suor de sufocos.
Botouse da cama.
O muecín, en efecto, berraba o
canto.
|
|

Case
perfecto
RMarina
Mayoral
Xerais
de Galicia
Xénero:
Narrativa
294
p. ; 16 €
|
Un científico famoso morre en circunstancias extrañas,
semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de
quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai
para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os
distintos personaxes tiveron naquela morte. Case perfecto obriga ao lector a
tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen “case perfecto”
ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a
sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano,
Marina Mayoral mostra en Case perfecto a complexa trama de sentimentos que une e
desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán
indentificados.
|
|

Memorias
de José Leopoldo Portela Gondar
José
Leopoldo Portela Gondar
Hércules
de Ediciones
Xénero:
Memorias
272
p. ; 18 €
|
En Memorias de José Leopoldo Portela Gondar plásmanse as lembranzas deste
empresario de ideais socialistas. Galego de nacemento (Portonovo, 1934) pero
asturiano de adopción, revelouse como un grande emprendedor desde mozo. Foi
mariñeiro, mineiro, militante comunista, cofundador de CC.OO. e creador de Grupo
Portela Hermanos, que dá traballo a máis de medio cento de asturianos.
Prologado polo profesor e filósofo Gustavo Bueno Sánchez, a
través de 272 páxinas acompañadas de fotografías antigas, este libro consegue
transportar ao lector ata momentos cruciais da historia de España durante a
segunda metade do século XX, como son a posguerra, o franquismo, as folgas dos
mineiros asturianos, a transición e os primeiros pasos da democracia.
|
|

Canícula
Mariña
Pérez Rey
Sotelo
Blanco Edicións
Xénero:
Narrativa
188
p. ; 12 €
|
O cambio climático condiciona a vida na Galicia do futuro. Os exiliados resisten
as temperaturas extremas nos desertos áridos do interior, mentres os habitantes
libres do andazo sobrevivenen en grandes plataformas flotantes no mar, afastados
do territorio da enfermidadee supostamente amparados por unha sociedade
perfecta. Neste reduto da civilización, os sucesos fantásticos mestúranse cos
acontecementos cotiáns, facendo difícil distinguir a realidade da ficción e
creando unha enganosa impresión da existencia. Os cidadáns viven sometidos ao
rigoroso control da Torre Aloia, o ollo orwelliano que vixía os seus actos, e
porén, fuxindo do determinismo ambiental e do horror dos seres prefabricados, o
Capitán Silva loita contra o uniformismo nunha fuxida cara a adiante, na procura
desesperada da memoria e da identidade. O fío condutor da novela Canícula é a soidade humana, alimentada
polo avance da deshumanización e o silencio nun ambiente sórdido. A obsesión dos
seus protagonistas é fuxir da canícula interior, do pensamento único. O seu
desexo é poder sentir á fin o recendo dunha liberdade real.
|
|

Unha
ollada ó laboratorio de formas ós 44 anos da súa
creación
Begoña
Soneira Belosol
Ediciós
do Castro
Xénero:
Ensaio
216
p. ; 12 €
|
A autora, aínda que licenciada en Filoloxía Inglesa, dende que a coñecimos
vímoslle a súa preocupación polas cousas que teñen relación co deseño, polo que
non sorprendeu que lle descobrísemos algúns movementos como querendo saber que
era iso do Laboratorio de Formas. Prácticamente saída dun master organizado pola
USC, incorporouse ao noso grupo e destinada na montaxe dunha Galería en Milán,
púxose en contacto cos mestres daquela cidade, tan importante no campo do
deseño, e rexistrou o que pensaban. Iso merecía un caderno, aínda que ela o que
quería era coñecer as tripas do L.F. do que axiña a fixemos secretaria, mais nós
mesmos perderamos a memoria de tantas cousas que se fixeran dende a súa
fundación hai 44 anos nos que os documentos gráficos en centos de miles, o mesmo
que os escritos, se gardan nunha manchea de caixas e bolsas sen clasificar.
Ademais estabamos nas portas, ou dentro, do Ano da Memoria e, relacionados co
deseño, tiñamos unha débeda co drama dos arquitectos na Guerra Civil e no
exilio, e tamén co arquitecto galego Constantino Candeira, tan vencellado a
Galiza por unha banda e tan perdido para Galiza pola outra. E Begoña,
disciplinada que é, resignouse a lle meter o dente á investigación destes dous
temas. Mais agora os de Ferrol queren facer unha exposición do L.F. e así
Begoña, a quen lle entregamos os materiais desordeados, puido facer esta síntese
nunha ducia de semanas coa vocación que lle veu por claustro materno, que non se
aprende nos libros, para ver a configuración das cousas que é o que nós
andabamos buscando.
|
|

Adiviñanceiro
popular galego
José
Luis Gárfer e Concha Fernández
Xerais
de Galicia
Xénero:
Referencia
24
€
|
A
adiviña é unha “enxeñosa descrición en verso dunha mensaxe que o receptor debe
descubrir”. Neste adiviñanceiro dáse a coñecer boa parte do corpus
adiviñancístico galego, que pacientemente foron recollendo os autores a salto de
aldea, e que queda dividido en distintos mundos coma o dos animais, os vexetais,
as cousas…
E, como no xornalismo, no que a foto é a credencial da noticia, inclúese
tamén unha serie de magníficos gravados de Fino Lorenzo para arroupar este
Adiviñanceiro popular galego que acaba de nacer.
|
|

Shakespeare
mata o porco cunha rosa
Ramón
Reboiras
Espiral
Maior
Xénero:
Poesía
86
p. ;15 €
|
Primeira incursión nas letras galegas do autor. A súa obra literaria en castelán
comprende as novelas Corazonada,El guardián de las ruinas,El día de los
enamorados e Hazlo por mí.É director Cultural de FNAC en España e colabora en El
País-Galicia.
|
|

Contos
de Oscar Wilde
Oscar
Wilde
Tris-Tram
Xénero:
Narrativa
158
p. ; 11.50 €
|
Primeiro cantoulle ao nacemento do amor no corazón dun rapaz e dunha rapaza. E
no botón máis alto da roseira empezou a agromar unha marabillosa flor, pétalo
tras pétalo, conforme se sucedían os cantos. Ao principio era pálida, coma a
néboa que cobre o río, pálida coma os pés da mañá e prateada como as ás do
amencer. Coma a sombra dunha rosa nun espello de prata, coma a sombra dunha rosa
na auga, así era a rosa que agromaba no botón máis alto da roseira.
|
|

Derradeiras
conversas co capitán Kraft
Oriana
Méndez
Editorial
Galaxia
Xénero:
Poesía
66
p. ; 9.50 €
|
Con este título irrompe Oriana Méndez na poesía galega do século
XXI.
De sorprendente madureza, esta obra aborda o texto poético como
ferramenta de demolición da usura, como conflito sen resolver, como sinal de
posta en marcha. Valéndose da ironía contra os fósiles líricos do noso tempo, a
autora disecciona a experiencia da posmodernidade, abre túneles na metrópole
continua que habitamos. E tensa o verso, confronta o seu sentido da beleza,
profundo e inquisitivo, coa esixencia de franquear os pasos para a mobilización.
|
|

Os
ríos pasan cheos de Deus
Victorino
Pérez Prieto
Editorial
Toxosoutos
Xénero:
Poesía
280
p. ; 11 €
|
Esta obra é o
resultado dunha profunda e coidada escolma de poesía relixiosa a través de
diversos e recoñecidos escritores en lingua galega que abranguen desde a época
medieval (Afonso X o Sabio, Airas Nunes, Pai Gómez Chariño, Camões…), até os
nosos días (Manuel María, Helena Villar Janeiro, Arcadio López Casanova, Xosé
Lois García,…); pasando por clásicos de séculos pasados como Eduardo Pondal,
Rosalía de Castro, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Luís Pimentel ou
Álvaro Cunqueiro entre outros moitos máis. O punto en común sobre o que se
artellan todos os poemas é a súa relixiosidade.
|