índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Decembro


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

No pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior

 

 

 

 

 

 

 

O adeus do vello mariñeiro

 

 

 

 

 

 

Así nacen as baleas

 

 

 

 

 

 

Fomos ficando sós o mar o barco e mais nós

 

 

 

 

 

 

Cuspirei sobre as vosas tumbas

 

 

 

 

 

 

Cancionero gallego

As palabras da néboa

Poemas canónicos

Guía das embarcacións tradicionais galegas

Profundidade de campo

                    

 

 

 

No andel do mes

 

 Organoloxía 

Organoloxía

 

Covalladas. Prosa vertical 

Covalladas. Prosa vertical

 

 Onte

Onte

 

Conservas

Conservas

 

Feijoo, o galego e nós

Feijoo, o galego e nós

 

O coitelo en novembro

O coitelo en novembro

 

 -Autonomía e modernidade en Galicia 

Autonomía e modernidade en Galicia

 

 Cos peitos desenchufados

Cos peitos desenchufados

 

Eloxio da ociosidade 

Eloxio da ociosidade

 

 Nocturnos

Nocturnos

 

 

ANTERIORES

xuño 10

maio 10

abril 10

marzo 10

febreiro 10

xaneiro 10

decembro 09

novembro 09

outubro 09

setembro 09

agosto 09

xullo 09

xuño 09

maio 09

abril 09

marzo 09

febreiro 09

xaneiro 09

decembro 08

novembro 08

outubro 08

setembro 08

agosto 08

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

agosto 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

No pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior

No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior

Xosé Luna Sanmartín

Espiral Maior

Xénero: Conversas

340 p. ; 19 €

Xosé Luna conversa cun home fundamental na historia do teatro e da cultura galega contemporánea. Unha perspectiva vital e intelectual que traza un completo perfil do Francisco Pillado profesor, creador de espazos culturais e teatrais, escritor e editor.

Libro de lectura áxil e amena. Unha obra, en moitos sentidos, esclarecedora. 

 

 

Arriba

O adeus do vello mariñeiro

O adeus do vello mariñeiro

X. H. Rivadulla Corcón

Xerais de Galicia

Xénero: Poesía

80 p. ; 12.5 €

Os mares destes versos son para navegalos en gamela. A gamela do vello mariñeiro, aquel que teceu a súa vida sobre o salgado. A poética de O adeus do vello mariñeiro está surcada polas mulleres e os homes do mar, por esas persoas que foron construíndo unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores. Xa que logo, X.H. Rivadulla Corcón olla cara ese mar que foi escrito e reescrito, reiterada e teimudamente, polos mariñeiros desde antigo, pola forza do seu traballo. Onda eles, foi faenar estes versos.

Arriba  

Así nacen as baleas

Así nacen as baleas

Anxos Sumai

Galaxia

Xénero: Narrativa

164 p. ; 12 €

 

Así nacen as baleas conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.

 

Así nacen as baleas foi Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007

 

Arriba  

Fomos ficando sós o mar o barco e mais nós

Fomos ficando sós o mar o barco e máis nós

V.V.A.A.

Difusora

Xénero: Fotografía

176 p. ; 20 €

Hai cinco anos, unha negra historia escrita con chapapote negro, de negras omisións e enredos negros, agrediu Galiza cinguíndoa de loito rigoroso.

Até que a cidadanía dixo «nunca máis», e tomou o control.

A solidariedade cidadá truncou a negrura e a transmutou na historia máis fermosa imaxinabel: dende a retagarda da cociña e o bocadillo, a da loxística, a dos útiles e inventos urxentes de limpeza ou os coidados sanitarios até a primeira liña de acción, loitando a brazo partido a pé de chapapote, dende os barcos ou en terra, decenas de milleiros de voluntarias e voluntarios sistemática e teimudamente fan retroceder a catástrofe: lenta pero inexorabelmente vencen. Sen institucións, a Nación funcionou.

Este libro é unha homenaxe a todas elas, a todos eles, a todos Nós. Construído coa «ollada» de dez fotógrafos e fotógrafas que tamén dixeron «nunca máis» e quixeron deixar testemuña desta acción colectiva heroica en que participaron activamente.

Arriba  

 

Cuspirei sobre as vosas tumbas

Cuspirei sobre as vosas tumbas

Boris Vian [trad. de David Gippini]

Faktoria K de Libros

Xénero: Narrativa

144 p. ; 13 €

Da miña maleta, mellor nin falar. Total, para o que había dentro. Esquecíao: tiña tamén no cofre do coche o pequeno revólver do rapaz, un triste 6,35 de ocasión; aínda o levaba no peto cando o shériff veu dicirnos que levaramos o corpo á casa para enterralo.

O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.

A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a súa lectura, non recomendada para menores de 18 anos. 

 

Arriba  

Cancionero gallego

Cancionero Gallego

Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay [ed. crítica de Carlos Villanueva]

Fundación Pedro Barrié de la Maza

Xénero: Música

607 p. ; 33 €

 

Con motivo de su 40 aniversario, la Fundación Pedro Barrié de la Maza ha reeditado el Cancionero gallego, de Eduardo Martínez Torner y Jesús Bal y Gay, una de las obras clave y de máximo interés para el conocimiento y la comprensión del regeneracionismo gallego del primer tercio del siglo XX, y a cuyo conocimiento y divulgación quiere contribuir la Fundación. El catedrático de Música Carlos Villanueva es el autor del estudio científico que precede la reedición del cancionero. El Cancionero Gallego supuso un importante trabajo de investigación y recopilación, por parte del musicólogo Jesús Bal y Gay en colaboración con el investigador asturiano Eduardo Martínez Torner.

 

Arriba  

As palabras da néboa

As palabras da néboa

Francisco Castro

Galaxia

Xénero:Narrativa

306 p. ; 19 €

Esta é unha novela sobre a liberdade. E sobre os soños. Dos homes e dos pobos. As palabras da néboa é unha historia sobre tres destinos. Un aventureiro que volve do Novo Mundo; un señor feudal derrotado; unha muller libre que cambia a realidade só coa palabra. Maxia, libros prohibidos e unha revolta campesiña na Galicia do século XVI forman o pano de fondo no que Francisco Castro sitúa un relato de guerras, meigallos, violencia e épica colectiva. Unha historia sobre o dereito á utopía.

As palabras da néboa foi Premio Manuel García Barros 2007

Arriba  

Poemas canónicos

Poemas Canónicos

Konstantinos Kavafis

Rinoceronte Editora

Xénero: Poesía

184 p. ; 18.50 €

 

Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto), cidade da que só se ausentou durante dúas estancias en Inglaterra e en  Constantinopla. Visitou Grecia só en dúas ocasións, mais Grecia foi, de certo, a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética.

A súa poesía fala de sentimentos, de amor prohibido, de amor non correspondido, de amor á beleza, da beleza mesma, da vida e da morte e do medo a ambas. Todo isto nun contexto social e urbano que reflicte a decadencia de Asia en Europa en cada poema coma se fose unha postal: un presente subxugado fronte a un pasado glorioso. Ademais, en cada postal está presente a súa preocupación polo mundano: o diñeiro, o desexo de fuxir da rutina gris e o paso do tempo e a perda da xuventude... Todo isto, omnipresente na súa vida.

Os poemas que compoñen esta edición son os chamados “poemas canónicos”: os que pertencen á escolma que fixo en vida o poeta, seguindo o seu gusto e baseándose nos seus propios canons de perfección e calidade. 

Arriba  

Guía das embarcacións tradicionais galegas

Guía das embarcacións tradicionais galegas

Jesús Blanco

Nigra Trea

Xénero: Divulgación

144 p. ; 25 €

O propósito da Guía de embarcacións tradicionais galegas é contribuír a achegar a cultura marítima galega tradicional ao público non especializado. O seu contido céntrase nas embarcacións, expoñendo cunha linguaxe sinxela e comprensible os rasgos característicos de cada unha delas. Tratamos de resaltar os elementos identificadores que permitan ao lector recoñecelas e apreciar os seus detalles construtivos, así como as particularidades do seu aparello e da súa manobra. Para cada embarcación amósase a súa relación con outros tipos de embarcacións e as principais funcións que realizaba. Do mesmo xeito, exponse a súa orixe e desenvolvemento históricos, na medida en que sexan coñecidos. Así mesmo, describimos tamén as diferentes variantes que moitas embarcacións presentan, según as diferentes actividades ás que eran destinadas ou a zona na que eran empregadas.
Dado que vai dirixida a un público non especializado, introducese información sobre temas xerais da náutica que resultan básicos á hora de falar de navegación e, especialmente, de navegación a vela. Todo isto orientase a facilitarlle ao lector a comprensión dunha serie de embarcacións cuxo aspecto e manexo moi son distintos dos que presentan as actuais.

Arriba  

Profundidade de campo

Profundidade de campo

Yolanda Castaño

Espiral Maior

Xénero: Poesía

64 p. ; 13 €

Poemario que profunda no conflito da imaxe persoal. Esa que se vai construíndo sobre nós, a que o espello e os demáis nos devolven. O que as apariencias revelan, o que agachan, o que menten sobre nós. A muller vivida xa non como obxecto de contido senón coma suxeito, en primeira persoa, acugulante de clarescuros e campo aboado para os prexuízos. Unha problemática do mundo real analizada con modernidade e audacia neste libro que non compracerá aos políticamente correctos.

Profundidade de campo foi Premio Espiral Maior 2007.

 

Arriba