índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                        

            

            

 

 

Andel de Agosto


 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                  

 

Escapados nos eidos das foucellas

 

 

 

 

 

 

 

Terrorista

 

 

 

 

 

 

Memorias y sueños. En las riberas del bajo Ulla

 

 

 

 

 

 

Eume

 

 

 

 

 

 

Os peregrinos sen fe

 

 

 

 

 

 

María das batallas

O Porriño 1936

Caderno da revolución cultural

Ars Amandi

A Biblioteca Pública da Real Universidade de Santiago de Compostela

                    

 

 

 

No andel anterior

 

 Ferrín e outras historias

Ferrín e outras historias

 

Ocaso Otero

Ocaso Otero

 

 Em tránsito

Em tránsito

 

Eidos do xornalismo

Eidos do xornalismo

 

Madia Leva!

Madia Leva!

 

Os poetas de Vigo cantan á poesía

Os poetas de Vigo cantan á poesía

 

 Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

 

 Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido

 

Guerra Civil en el "Baixo Miño"

Guerra Civil en el "Baixo Miño"

 

 A Galicia Celta

A Galicia celta

 

 

ANTERIORES

xullo 08

xuño 08

maio 08

abril 08

marzo 08

febreiro 08

xaneiro 08

decembro 07

novembro 07

outubro 07

setembro 07

xullo 07

xuño 07

maio 07

abril 07

marzo 07

xaneiro 07

Escapados nos eidos das foucellas

Escapados nos eidos das Foucellas

Andrés Mariño Sanmartín

Ediciós do Castro

Xénero: Narrativa

216 p. ; 12 €

¡Deus santo!... Anxo e Benigno saíran da vila subidos ao estribo da furgoneta ondeando bandeiras republicanas e invitando aos gardas a xuntarse ao grupo. Imposible ter cabida na vila. Había que fuxir e agardar a ver o que acontecía no resto do país; escapar e tirarse ao monte nunha zona que se coñecía casa a casa, chousa a chousa nos eidos das Foucellas: perderse polos altos picos e fondas bagoadas onde o Mendo escacha en fervenzas; onde o sol do verán queima na sombra e nos invernos e neve pinta de branco prados e camposas; había que ser máis listos cos raposos e máis duros cos lobos para sobrevivir entre toxos, xestas e codesos, había que vagar de noite e entobar durante o día por terras de Cesuras, Mesía, Vilasantar e Curtis: por terras da Cova de Vales.

O autor (Curtis, 1945) constrúe unha narración artellada cos relatos de quen foron testemuñas directas do acontecido na bisbarra de Curtis, nos anos que seguiron ao remate da Guerral Civil, combinados con abondosas pinceladas de ficción

Arriba  

Terrorista

Terrorista

John Updike

Xerais de Galicia

Xénero: Narrativa

364 p. ; 20 €

"Terrorista", a primeira obra en galego de John Updike, é a historia de Ahmad Ashmawy Mulloy, un mozo de dezaoito anos que vive en New Prospect, unha antiga vila industrial do estado de Nova Jersey. Fillo de nai irlandesa-americana e de pai exipcio, que os abandona cando non tiña mais que tres anos, Ahmad non soubo nunca atopar o seu lugar na sociedade na que vive. Furioso coa súa nai, por non ter conseguido manter unida a familia, adopta aos once anos a fe do pai, o islam, refuxiándose na influencia do xeque Rashid, o imán da mesquita da Rúa West Main. A pesar de contar cun grande potencial para os estudos, como lle recorda Jack Levy, o orientador do seu instituto, un xudeo renegado e infeliz que o aconsella ingresar na Universidade, decide obter o carné de condutor de camións para comezar a traballar de transportista, como lle recomenda o imán. É así como lle chega a proposta clave da súa vida: facer estourar un camión cargado con catro toneladas de dinamita nun dos principais tuneis de Nova York. Para Ahmad esta é unha misión elevada que o afastaría da superficialidade e o materialismo da cultura norteamericana que aborrece, un acto suicida que lle permitiría dar a vida por Alá.

 

Arriba  

Memorias y sueños. En las riberas del bajo Ulla

Memorias y sueños. En las riberas del bajo Ulla

José Barreiro Luaña

TresCtres

Xénero: Narrativa

250 p. ; 14 €

 

Ambientada na paraxe xeográfica que comprende o tramo final do curso do río Ulla, con ramificacións noutros espazos xeográficos, desenvólvese esta novela, na que se mesturan conflitos sociolaborais, intensas manifestacións amorosas —ou de desamor— e complexas relacións sociais e persoais. É o segundo libro editado por este autor autodidacta, gran lector e admirador de Valle-Inclán, que ten inéditas outras obras narrativas e ensaísticas, en galego e en castelán. O libro leva ilustracións da pintora Cristina Durán Arufe. 


Arriba  

Eume

Eume

César Antonio Molina

Galaxia

Xénero: Poesía

142 p. ; 13.40 €

O autor recupera as palabras da tribo a través das augas do Eume, no que se reflicten todosos ríos do mundo. O fluír da vida con Galicia como centro: desde a fraga de Caaveiro ao Ganxes, do Éufrates ao Moldava, do Brahmaputa ao Hudson. O río como patria da palabra, cambiante e sinuosa, extensa e contida nas súas marxes, ruído e rumor ao tempo. Da experiencia viaxeira do poeta mana unha obra de depurada expresión, na que lugares, lembranzas e emocións abrollan como literatura en perpetuo movemento. 

 

 

Arriba  

 

Os peregrinos sen fe

Os peregrinos sen fe

Sergio Luis de Carvalho

Biblos

Xénero: Narrativa

414 p. ; 14 €

Un físico ou médico humanista da Universidade de Coimbra que procura agocho da Inquisición nun grupo de peregrinos que fan o Camiño de Lisboa a Compostela con moi diversas penas e esperanzas no ano de 1537, e un cantante lírico actual que cubre o mesmo traxecto mergullado nunha historia de amor de intensidade clásica son os protagonistas desta novela. Entre unha e outra historia, algúns séculos e os motivos da peregrinación: a un empúrrao o temor á Inquisición; o outro vai na procura dunha paixón moribunda. Compostela está lonxe, poida que nin cheguen. Mais, máis importante do que a chegada será a súa viaxe polo camiño de Santiago. Aínda que sexa unha peregrinación feita sen fé.
Unha intensidade tráxica axeitada ao terror que despertan as persecucións nadas da Contrarreforma e ao amor de Eneas e a raíña Dido enchen esta novela da mellor prosa. 

Arriba  

María das batallas

María das Batallas

Alfredo Conde

Galaxia

Xénero: Narrativa

306 p. ; 18 €

María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.

Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.
O autor de Xa vai o griffón no vento volve compartir con lectores e lectoras unha aventura inesquecible.

 

Arriba  

O Porriño 1936

O Porriño 1936

Xosé Ramón Paz Antón

Promocións Culturais Galegas / A Nosa Terra

Xénero: Historia

360 p. ;21 €

Logo do golpe militar de xullo de 1936, unha represión brutal e sistemática caeu coma un lóstrego sobre o movemento obreiro e as organizacións políticas da Fronte Popular no Porriño.
Esta represión é estudada nesta obra nas súas variadas facianas, tomando como ámbito territorial o concello do Porriño, as súas xentes e aquelas outras da comarca que atoparon a morte neste concello. Deste xeito relaciónase un ronsel de persoas asasinadas, fuxiladas, encarceladas, exiliadas, fuxidas ou que padeceron outro tipo de represalias, sacando á luz pública os seus nomes, as súas biografías, os lugares da morte e todos aqueles datos relevantes que foron atopados ao longo da investigación.
O rigor documental dos datos que se expoñen pretende ser a máis acaída homenaxe a esa extensa nómina de vítimas que sufriron a morte e as penalidades do levantamento. 

Arriba  

Caderno da revolución cultural

Caderno da Revolución Cultural

Xavier Queipo

Laiovento

Xénero: Ensaio

132 p. ; 15 €

Este Caderno da Revolución Cultural reúne as colaboracións de Xavier Queipo no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano. Son o resultado dese comprometerse a ser e neles descubrimos as preocupacións, os intereses, os afectos intelectuais, a cosmovisión, en fin, dun dos autores máis persoais da literatura galega contemporánea.
  No
Caderno da Revolución Cultural atopará o lector, a lectora, a curiosidade do viaxeiro e se demorar na profundidade do detalle, a mirada analítica do científico a se expandir nos territorios da imaxinación, a aventura dos sabores que adxectivan e singularizan cada xesto, cada palabra, as paixóns mariñas, as querenzas asiáticas, as deflagracións íntimas, as contradiccións da materia da vida -"que me paso a vida revisando dogmas e asolagando lastres"- e esoutras rutas que só abre o texto poético. Xabier Queipo pon no aire e agora propón en libro temas para o debate, dende o medio ambiente, o cambio climático ou os incendios até os tópicos identitarios, a Cidade da Cultura, o Día das Letras, ou as condicións do escritor, itinerarios abertos con percorridos que nos poden levar dos nomes das rúas aos entramados simbólicos que sustentamos.

Arriba  

Ars Amandi

Ars Amandi

Eduardo Banco Amor

Pen Clube Galicia

Xénero: Poesía

234 p. ; 28,03 €

Baixo o título xenérico de Ars Amandi, reúnense poemas e libros inéditos, escritos en distintas épocas, que van dende as producións adolescentes de 1914-1922, ata os últimos textos dos Poemas del Ángel (1968).

Ars Amandi inclúe, ademais dos títulos mencionados, poemarios inéditos como "El camino (sonetos autobiográficos)" de 1967, "Baladas del joven y la muerte" (sen data), "Primer domingo sin ti" de 1962, "Segundo noche sin ti" datado en decembro de 1960, "Canciones del Trópico" do ano 1953, ""Primer soneto andino", quizais de 1949, "Sonetos actuales" de 1943. "Los símbolos ("sonetos subjetivos)" de 1920, "Poemas adolescentes" (con prólogo e entrega a Agustín Caballero Moy), varios "Poemas soltos" e un conxunto breve de prosas íntimas, case que a xeito de diario persoal, titulado "Bajo el pórtico", acaso de 1914.
Cada texto vai acompañado da reprodución da páxina correspondente do manuscrito ou mecanuscrito. Completa a edición, realizada con sobrecuberta e gran formato, unha escolma representativa de fotografías e documentos de distintas épocas, personaxes, relacións e lugares, dende o Ourense da infancia ata o Vigo do regreso, moi especialmente o continente americano e a cidade de Buenos Aires.

Arriba  

A Biblioteca Pública da Real Universidade de Santiago de Compostela

A Biblioteca Pública da Real Universidade de Santiago de Compostela

Concha Varela Orol

Universidade de Santiago

Xénero: Referencia

184 p. ; 28.5 €

Fóra significativas excepcións, o estudo das bibliotecas universitarias españolas limítase ben a algún capítulo dentro das historias das universidades ou catálogos de actos conmemorativos, ben a artigos específicos en revistas especializadas. Este libro pretende dar cumprida e erudita resposta a un conxunto de incógnitas que a autora, con máis de vinte anos de exercicio profesional na Biblioteca Universitaria compostelá —da que foi ademais directora entre 1993 e 1999—, ía atopando nos libros que a biblioteca atesoura. 

Alén da seguranza sobre a orixe das coleccións patrimoniais e a incorporación das de procedencia allea (nomeadamente os fondos da biblioteca da Compañía de Xesús e do mosteiro bieito de San Martiño Pinario), xorden preguntas moi significativas como onde están os fondos que a Universidade tiña xuntado dende o seu nacemento no século XVI, de existencia testemuñada nos Libros de Claustros e Visitas. Cunha mirada sobre este e outros moitos aspectos, a autora considerou de interese un achegamento á Biblioteca Universitaria de Santiago —a primeira laica da historia de Galicia— no período en que se constitúe, tras a expulsión dos xesuítas (1767), e nos primeiros anos da súa consolidación, antes da chegada dos fondos procedentes da desamortización de Mendizábal (1836), que, ademais dun notable incremento das coleccións, sinala o nacemento dun sistema de bibliotecas baixo un modelo centralizado.

Arriba