|

O
alento da musa
Alberte
Momán
Difusora
de Letras, Artes e Ideas
Xénero:
Narrativa
96
p. + libreto 12 p. ; 14,50 €
|
A premisa
de que as grandes historias da literatura poden comezar detrás
dunha caixa rexistradora serve de escusa para presentar esta
breve pero intensa amálgama de vidas frustradas, vítimas
da necesidade.
Unha visión
optimista que mostra a non conformidade dos personaxes con todo
canto lles acontece, para deixar de seren vítimas, pasando
a controlaren o propio destino. O libro inclúe, con cada
exemplar, o caderno de poesía Déixanse levar,
do mesmo autor.
|
|

Ancho
mar de argazo
Jean
Rhys
Xerais
de Galicia
Xénero:
Narrativa
16,50
€
|
En 1966 a escritora dominicana Jean Rhys publica en Gran Bretaña “Ancho mar de
argazo” considerada a súa mellor novela. A partir de entón, a súa obra literaria
comeza a ser moi considerada pola crítica. As personaxes de Rhys abanean na
confrontación entre unha intimidade desconcertada e o asoballamento do mundo,
que mesmo pode conducir á tolemia. En “Ancho mar de argazo”, unha novela de
amplísimas resonancias, a autora rescata a súa protagonista da obra de Charlotte
Brönte. Jean Rhys crea un deslumbrante mundo ficcional e logra presentarnos unha
das máis abraiantes e desgarradas personaxes femininas de todo o século,
caracterizada desde a oposición de identidades (homes contra mulleres, negros
contra brancos, Europa contra América, novos contra vellos, ricos contra pobres,
etc.). Sen dúbida, unha novela excepcional. “Ancho mar de argazo” conta a
historia de Antoinette, desde que era unha nena na Xamaica de principios do
século XIX ata os días derradeiros da Inglaterra vitoriana onde vive internada,
aqueixada dunha incurable enfermidade mental.
|
|

New
York, New York
Inma
López Silva
Editorial
Galaxia
Xénero:
Narrativa
196
p. ; 13,50 €
|
New York, New York é un diario escrito co ritmo dos filmes
norteamericanos e con banda sonora de Frank Sinatra.
Por moitas
películas que vexamos e por moitas novelas que leamos, nunca se coñece de
verdade Nova York ata que se vive dentro dela, no corazón, nas tripas dunha
cidade que ás veces nos cospe e outras nos acubilla agarimosamente.
Inma
López Silva combina realidade e ficción, toques de comedia e tons de
desarraigamento. Sensacións, vivencias e ideas que transmite co senso do humor e
o absurdo, coa linguaxe directa que flúe polas rúas de Manhattan.
|
|

Dicionario
de mulleres galegas
Aurora
Marco
Promocións
Culturais Galegas/A Nosa Terra
Xénero:
Referencia
566
p. ; 30 €
|
Un traballo que resgata do esquecimento unha chea de protagonistas, nomes e
rostros ás que historia lles negou recoñecemento.
Nesta obra compilatoria
están todas as mulleres que fixeron contribucións á sociedade, en diferentes
ámbitos, exercendo o seu traballo, tan importante como o de moitos homes que si
figuran en enciclopedias e historias da literatura ou das artes. Elas estaban
ausentes por esa tradición secular que excluíu as mulleres da historia. O
dicionario nace co afán globalizador de recuperar todas as traxectorias
femininas que deben ficar en letra impresa.
Escritoras, pintoras,
músicas, médicas, arquitectas, redeiras, percebeiras, mulleres que xa na Idade
Media se adicaban ao comercio marítimo, deportistas... E non digamos xa as que
tiveron relevancia na guerra do 36 e na posguerra: sindicalistas, militantes de
partidos, guerrilleiras, enlaces da guerrilla... O abano procurou a totalidade.
|
|

Saudar
a vida : unha defensa das humanidades na sociedade do coñecemento
Xavier
Seoane
Xerais
de Galicia
Xénero:
Ensaio
18,50
€
|
Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun
mundo de gran desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo, mais no que a
persoa carece moitas veces dunha verdadeira soberanía e dunha plenitude de
horizontes e expectativas culturais e vitais. Unha cultura e unha educación
ricas en valores e enraizadas no social, atentas ás descubertas das ciencias
naturais e sociais e ás creacións técnicas e tecnolóxicas, poden constituír
unhas ferramentas imprescindibles para a emancipación humana e a realización
vital. O mundo da cultura é fascimante. Protagoniza a mellor partitura do ser
humano. A cultura é esixente, pero outorga xenerosas doses de felicidade, pracer
e, sobre todo, o logro dunha fecundante vixilia. Dun escoitar os sons do
silencios. Dun ver máis alá. Este libro quixo abordar algúns aspectos desa
viaxe.
|
|

Aínda
Xavier
Franco Alonso
Sotelo
Blanco
Xénero:
Narrativa
180
p. ; 12 €
|
Os sons da braña é un canto íntimo aos tempos idos
evocado nunha paisaxe moi concreta e especial para o autor, a campiña luguesa.
Na súa doble condición de pintor e escritor, Antonio Yebra de Ares constrúe un
retrato apaixoado das xentes do lugar como personaxes dun mundo –o da vida no
campo– que hoxe padeceu unha radical transformación.
Son tipos humanos
desubicados nesta sociedade tan distinta á que eles coñeceron e ollan con
estrañeza o seu redor. Poemas como "O cego do violín", "A morte na Campiña" ou o
que dá título ao libro,"Os sons da braña", representan un claro exemplo dese
desaxuste entre o home de mediados do século XX e o mundo actual presidido pola
globalización.
En Os sons da braña hai tamén espazo á homenaxe a
poetas admirados ("Lembranza a Manuel María") ou á louvanza de territorios
vitais irrenunciables ("A vila de Monterroso", "Lembranzas do río Ulla"). Todas
estas composicións –como sinala o psicopedagogo Díaz Escolante no Prólogo á
obra– presentan así mesmo unha mirada profunda ao interior de Antonio Yebra.
En total, medio cento de poemas escritos dende o cerne mesmo da terra
amada.
|
|

Don
Hamlet e outras pezas. Teatro completo galego. 1932-1968
Álvaro
Cunqueiro
Editoriral
Galaxia
Xénero:
Teatro
238
p. ; 14,50 €
|
Reúnense neste libro as obras de teatro escritas en galego por Álvaro
Cunqueiro, desde a peza Rúa 26, publicada en 1932, ao Don Hamlet,
cume da escritura cunqueirá.
A expresión dramática sobarda o teatro
tradicional, desafía a convención, e fai da imaxinación, do soño e do mito, unha
proposta lúdica que atravesa toda a obra literaria do escritor mindoniense.
|
|

Clío
nas ondas. De libros, persoas e razóns
Ramón
Villares
Xerais
de Galicia
Xénero:
Opinión
296
p. ; 20 €
|
Recóllense neste volume as colaboracións radiofónicas que nas
ondas da Radio Galega, cada luns, foron realizadas polo seu autor, recoñecido
historiador e polígrafo, entre abril de 2003 e xullo de 2005. Os contidos son
variados, aínda que fundamentalmente tratan, como se adianta no subtítulo, de
«libros, persoas e sazóns», pero tamén de moitas outras cousas: exposicións,
congresos, festas políticas e relixiosas e ata vodas rexias ou conclaves
pontificios... Estamos, por tanto, ante unha obra que non só trata diversas
pasaxes da Historia, senón que tamén fai, en si mesma, Historia, polas súas
apreciacións e, en moitos casos, matizacións e precisións, incluso por veces
talvez non tanto polo que se di como polo momento e o contexto no que se dixo.
Inclúe un epílogo de Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio
Galega. Contén un CD coas gravacións.
|
|

Más
allá del tiempo
María
Mariño
Alvarello
Editora
Xénero:
Poesía
180
p. ; 17 €
|
Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e
que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando
as Letras Galegas homenaxean a esta enigmática escritora, en
2007.
Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por
María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e
recompoñer a fondo a súa obra.
Ademais de poeta, descubrimos que era unha
narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de
vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un
relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía
infantil.
Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa
obra galega.
Esta edición conta cun amplo e documentado estudo
introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González,
responsable tamén da edición do texto.
|
|

O
home inédito
Carlos
G. Meixide
Ediciós
da Rotonda
Xénero:
Narrativa
172
p. ; 10 €
|
Unha mestura entre Sexo En Nova York e No ventre do Silencio. Un galego da
Coruña, resultón, deportivista e sentimental, dúas coreanas que falan portugués
e un profesor universitario brasileiro no Nova York post 11-S, nunha historia de
amor, humor e sexo.
Alén diso, e a xeito de flash-back, un galego da Coruña
que se emperra en publicar os seus poemas en Positivas e en namorar dunha rapaza
que bebe os ventos polo Anxo Quintela de finais dos 90.
|