Andel
|
No andel anterior |
|
|
|
Un longo e tortuoso camiño
|
|
Rubaiyat
|
|
A intervención
|
|
Memorias dunha viaxe improvisada
|
|
Flores de Dunsinane
|
|
Tres cores: Azul
|
|
Abelcebú
|
|
O clamor da rebeldía
|
|
A lei das ánimas
|
|
50 anos de pop, rock e malditismo en Galicia
|
|
|
|
ANTERIORES |
|
|
|
|
Organoloxía
Eva Moreda Positivas Xénero: Narrativa 97 p. ; 10 € |
Organoloxía, de Eva Moreda, é a fusión de dúas das paixóns da autora, a música e a literatura, a través dun abrazo erótico. A música e o eros como algo eterno. En Organoloxía, e durante unha noite, Caro, Alicia, Sandra, Vic, Enma, Carmela e Lu intercambian as súas experiencias eróticas, que sempre están relacionadas co instrumento que ensinan no Conservatorio. Gañadora do V Premio Narrativas Quentes.
|
|
|
|
|
|
|
|
Covalladas. Prosa vertical
Xurxo Borrazás Galaxia Xénero: Narrativa 168 p. ; 15 € |
Neste libro de estrutura rizomática e aparencia alegórica hai máis parodia que alegoría, parodia do literario, da vida e das convencións. No ronsel de Sterne e Swift, de Lewis Carroll, Kafka ou Beckett, ou das lendas tradicionais galegas e europeas das covas e dos mouros, en Covalladas, Xurxo Borrazás achega unha historia que salta por riba das palabras, un humor que xoga a dotarse de sentido sen caer na trampa de reducilo todo ao sentido.
|
|
|
|
|
|
|
|
Onte
Agota Kristof [Trad. de Isabel García Fernández] Rinoceronte Xénero: Narrativa 104 p. ; 14 € |
Agota Kristof naceu en 1935 en Csikvánd, Hungría. En 1956 exiliou-se a
Suíza, onde traballou como obreira nunha fábrica antes de comezar a
escribir en francés, a súa lingua de adopción. Autora de pezas de
teatro que se estreaban en cafés ou se retransmitían pola radio, coñeceu
o éxito coa súa primeira novela, O gran caderno, publicada en
1987, e que con A proba e A terceira mentira forma
parte dunha triloxía traducida a máis de trinta linguas.
Na súa cuarta novela, Onte, publicada en 1995, recrea, coma no resto da súa obra, cun estilo seco e sen circunloquios, un mundo marcado pola migración forzosa e a ausencia de esperanza. O exilio, o desarraigo e a vida de autómata dun obreiro industrial aparecen esbozados nesta narración concisa, fría e transparente, a través do relato do protagonista, ora Sandor ora Tobias. O amor incestuoso pola súa medio irmá e a escritura nunha lingua que non é a propia son a súa única salvación nunha realidade gris, nunha vida de mentiras e de renuncia. Cun estilo austero e sen verniz, entrecortado por pasaxes simbólicas e delirantes froito da mente do seu personaxe principal, a autora preséntanos un mundo no que o mañá é incerto, no que só persiste o vivido onte, o peso do pasado.
|
|
|
|
|
|
|
|
Conservas
Xosé Daniel Costas Currás Sotelo Blanco Xénero: Poesía 78 p. ; 6 € |
Conservas suscita a memoria do que se nos vai perdendo, revisitado polo poeta que traza os primeiros rascuños da súa patria-paraíso, nunha infancia aínda non lonxe no tempo, pero distante no ser e na experiencia. Xosé Daniel Costas converte en materia poética o ollar do neno sobre aquel cosmos de rebulicio, organizado polas sereas da fábrica da Guía e o estaleiro de ASCON. XXII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
|
|
|
|
|
Feijoo, o galego e nós
Xosé María Álvarez Cáccamo (coord.) Laiovento Xénero: Ensaio 232 p. ; 15 €
|
Recóllese neste libro un total de sesenta e oito artigos publicados na prensa galega -máis algúns procedentes de blogues e xornais dixitais- entre xaneiro de 2009 e mediados de marzo de 2010, até hoxe mesmo e desde que o candidato Nuñez Feijoo decidiu asumir e amplificar o alcance das demandas galegófobas dun colectivo de falsaria denominación, Galicia Bilingüe. Malia o carácter anecdótico da incidencia social dese grupo, cuxa concentración compostelá de febreiro de 2009 atinxiu hiperbólico eco nos xornais galegos de maior difusión, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, Feijóo apostou a esa carta marcada en procura de votos. Con todo, xa estaban previamente asentadas no seu xenoma ideolóxico e no do sector político que representa as claves do autoodio e as consignas de demolición recentralizadora procedente da facción ultradereitista do Partido Popular.
|
|
|
|
|
|
|
|
O coitelo en novembro
Marilar Aleixandre Xerais Xénero: Narrativa 272 p. ; 17,60 € |
¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua á muller que convoca ás avésporas como último recurso fronte a cemento e cobiza. Este libro é un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes.
|
|
|
|
|
Autonomía e modernidade en Galicia
Ceferino Díaz (coord.) Galaxia Xénero: Ensaio 500 p. ; 29 € |
Transcorreu xa tempo abondo para valorar as bondades e fraquezas da autonomía. Máis de vinte e cinco anos despois, é o momento de analizar os resultados. Este libro responde a esa demanda ao estudar os cambios e transformacións que se produciron en Galicia como consecuencia do goberno autonómico. Os anos da Autonomía coinciden cos de maior desenvolvemento da sociedade galega. Os traballos que se recollen neste libro parten desa constatación amais de teren en conta a incidencia doutros factores -contexto internacional e o papel da Unión Europea- á hora de estudar o acontecido durante un período no que Galicia goza de autogoberno para organizar e construír o seu presente. O cambio social, a análise económica, o territorio e a súa ordenación, o sistema sanitario galego, os medios de comunicación, o longo proceso de normalización lingüística e o devir da cultura son os eixes temáticos desta pormenorizada análise, que reflicte unha etapa de máis de vinte anos de período autonómico.
|
|
|
|
|
|
|
|
Cos peitos desenchufados
Elias Portela Barbantesa Xénero: Poesía 122 p. ; 12 €
|
Cos peitos desenchufados é unha nova viaxe literaria baseada na imaxe poética, na súa forza e nas posibilidades da palabra. A reciclaxe, a cirurxía e a logotecnia compoñen un eu poético permeable e complexo que só atopa a súa razón de existencia na creación dunha linguaxe propia. O autor traza un tango na distancia, poemas para ácratas e hedonistas da palabra que funden ámbolos extremos do Atlántico Norte, creando novos horizontes no galego...
|
|
|
|
|
Eloxio da ociosidade
Bertrand Russell [Trad. de Mari Fe González] Trofolium Xénero: Ensaio 49 p. ; 9 € |
Escrito nos anos trinta do século pasado e publicado orixinalmente en The Political Quarterly, en Inglaterra, e en The Atlantic Monthly, en Norteamérica, no ensaio Eloxio da ociosidade Bertrand Russell, un dos pensadores máis lucidos do século XX, considera esencial aproveitar os avances tecnolóxicos para a mellora da calidade de vida, á vez que denuncia a irresponsabilidade da sociedade moderna. O tempo libre é vital para a civilización, apunta o eximio pensador británico, lembrando que en épocas pasadas só o traballo dos máis facía posible o tempo libre dos menos. Pero o traballo era valioso –remarca-, non porque o traballo en si fora bo, senón porque o ocio é bo. E coa técnica moderna –escribiu hai xa case oitenta anos- sería posible distribuír xustamente o ocio, sen menoscabo para a civilización.
|
|
|
|
|
|
|
|
Nocturnos
Kazuo Ishiguro [Trad. de María Alonso Seisdedos] Galaxia Xénero: Narrativa 216 p. ; 17 €
|
Kazuo Ishiguro propón a lectores e lectoras un libro de relatos escritos seguindo o leit motiv da música. Un quinteto narrativo que desenvolve, en diferentes rexistros e sonoridades, un tema obsesivo: como manter acesa certa concepción romántica da vida mesmo cando, cos anos, as ilusións da mocidade desaparecen. Nocturnos, publicado en inglés en 2009, foi saudado moi favorablemente por críticos anglosaxóns do prestixio de Frank Kermode. Ishiguro explora neste libro as atomosferas creadas ao son de pezas musicais, nestes cinco relatos debuxa as relacións entre o amor, o paso do tempo e a música. Os seus personaxes son mozos soñadores, músicos de café e estrelas do espectáculo en decadencia, homes e mulleres en busca das ilusións perdidas e todos eles mergullados no ambiente creado pola música e a luz do serán.
|